|
|
|
|
GAÑADOR DO CONCURSO DE MICROPOEMAS: DAVID GONÇALVES |
|
 O DE MONTEALEGRE: DAVID GONÇALVES DA CRUZ 2º C ESO
TODO O TEMPO É DE POESÍA
Dende a néboa da mañá
á néboa do outro día.
Dende a quentura do ventre,
á frixidez da agonía.
todo o tempo é de poesía.
OS MEUS VERSOS
Os meus versos o que son?
deben ser,
e serán no futuro,
anacos de corazón
que deixo acá, neste mundo.
PENSANDO
Pensando coa cabeza entre as mans,
camiñando lonxe, lonxe co pensamento
nas cousas infinitas. O poeta dorme
o sono solto.
Soña coas cousas máis bonitas.
A MIÑA TERRA
A miña terra queda no norte de Portugal. É bonita e sosegada. No inverno é moi fría e neva tódolos anos á altura do Nadal e a fins de xaneiro. Eu vou alá de vez en cando cos meus pais visitar a meu avó e a meus tíos.
Ten tres escolas: unha para os nenos pequenos e outras dúas para nenos grandes. ten un Centro de Saúde e un castelo moi bonito, cunha capela e un gran cemiterio ao lado.
Gústame moito a miña terra e só é pena gañar pouco diñeiro nela.
Venme visitar a Montealegre algún día.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Parabéns David, por escribires tan ben.
De#blgtk08# seguro que eu compraría os teus libros!
|
|
|
Comentario por Bea (05-04-2010 23:01) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|