|
|
|
|
CINEFÓRUM CON DOCES |
|
 O día 26 de novembro, alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC asistiron á 1ª sesión de cinefórum organizada polo ENDL do IES Lagoa de Antela. Para ?endozar? os 90 minutos que durou a película, o alumnado de PCPI de Cociña elaborou uns deliciosos boliños de chocolate, pastas e galletas que foron desaparecendo no transcurso da proxección. Cando rematou a película uruguaia O baño do papa producíronse uns aplausos espontáneos e, a continuación, un minicoloquio. No intercambio de impresións recoñeceuse que sorprendera o tipo de película, que o habitual era ver películas americanas. Con respecto ao contido do filme, aludiuse á dignidade dentro da pobreza, á solidariedade, ás expectativas, á agresividade provocada pola carencia?
Unha experiencia gratificante que esperamos (outra vez as expectativas) continúe. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Flipo coa de cousas que facedes por#blgtk08# aí, pola chaira limiá. Noraboa!!! |
|
|
Comentario por Rita (01-12-2008 18:44) |
|
|
2 |
a pelicula estivo moi interesante. Felicito a Carmen pola sua elección. Dixonos que nos sorprendería e sí o fixo. A alguén #blgtk08#ata lle caiu una bágoa... foi un peli destas que non ves ti na casa, pero que algún día che terá que chegar a hora de vela. |
|
|
Comentario por Lorena (02-12-2008 21:23) |
|
|
3 |
Esta pelikula e rekomendable e é propia contradición dalgunhas pelikulas de gran exito, kos seus presupostos descomunais e seus pésimos argumentos ke as veces fanme durmir no cine (Casino Royale, Las cronicas de Narni#blgtk08#a, Ironman e demais xoradas..). En cambio esta peli kon pouko presuposto, kon actores kase deskoñecidos.... un pelotazo de peli, non digo mais vedea todos, e unha peli... e as pelis, pelis son e esta e unha gran peli |
|
|
Comentario por critstian de 4Bº (10-01-2009 20:37) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|