O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LECTURAS ABERTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Pasaba as horas diante do espello
Contando cada segundo

Morrín tantas noites
Coñecín tan poucas lúas
E soñei tantas estrelas…

Baten na porta e xa se adiviña o cheiro a whisky barato ó outro lado do muro de Berlín

O cronómetro biolóxico acelérase
Coñecedor do holocausto

Cantas veces fuxín
E ningunha fun quen de facelo

Baten na porta e cada vez é máis intenso o perfume dos puños sanguentos

O reflexo volveuse negro
E murcharon as rosas dun perdón tantas veces errado

Abrín a fiestra
E cobarde de min
Vivín para sempre.


Ana Parada

Esta vella alumna do IES Lagoa de Antela mándanos os seus versos contra a violencia sexista.


Comentarios (1) - Categoría: DATAS PARA NON ESQUECER - Publicado o 24-11-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Puiden estar aí. Sorprendéronme moitas cousas, como que ao tocar o timbre ninguén se movese, todos queriamos seguir escoitando o que contaban os nosos compañeiros. Sorprendéronme as bágoas que asomaban aos ollos de moita xente, porque os actores eran mo#blgtk08#i bos, estaban representando moi ben o seu papel. Pero sobre todo sorprendeume ver como algúns rapaces de 14 e 15 anos se poñían na pel dun maltratador. Só espero que este tipo de actos sirvan para ir removendo conciencias e que ningún de nós cale máis.
Comentario por (30-11-2008 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal