O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRANDO OS 20 ANOS DE NORMALIZACIÓN E HOMENAXEANDO A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Alí estivemos, no Museo do Pobo Galego, nese espazo habitado por pedras que resisten o paso do tempo e albergan voces que non dormen. Alí, preto de Rosalía e Castelao, celebramos os 20 anos de normalización do galego e homenaxeamos a Agustín Fernández Paz, un referente na historia da galeguización do ensino que leva máis de vinte anos fabricando historias na nosa lingua.

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización realizou un traballo excelente, canto traballiño!, organizando material de moitos centros, montando vídeos incribles, deseñando un percorrido pola historia destes 20 anos, cos seus avances e retrocesos, cos seus éxitos e fracasos...

Parabéns por facer posible este acto cargado de historia e de emocións, que arrancou aplausos prolongados e xestos de admiración.

E parabéns para Agustín, parabéns pola súa integridade, pola súa perseveranza, por darnos leccións de dignidade, por ser tan xeneroso, por seguir camiñando...

Aquí vai un vídeo inspirado nas súa narrativa de suspense e que extraín dun traballo de literatura de hai dous anos, realizado por unhas mozas moi lectoras, daquela de 4º de ESO, hoxe preuniversitarias. A verdade é que este vídeo está cortado dunha curta en que Uxía, Mirian, Úrsula, Isabel e Mª Luisa dramatizaron un relato de Contos por palabras, "Vanesa e os anuncios". Esta versión teatralizada subirémola noutra ocasión.

Comentarios (1) - Categoría: NOVAS DE INTERESE - Publicado o 05-06-2011 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 SI QUE FOI BONITO O ACTO E MOITO O TRABALLO DS PERSOAS DA COORDINADORA . CARME , ESTÁ ENTRE ESAS PERS#blgtk08#OAS QUE TANTO TRABALLAN NOS CENTROS E QUE VAN FACENDO SEMENTEIRA.
SAÚDOS PARA TOD@S
Comentario por elvira (06-06-2011 00:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal