O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BREOGÁN PRIETO ENTREGA O PREMIO A SÚA IRMÁ LEDICIA

Non me resisto á tentación de pór esta foto, polo significado que contén, pois vemos a Breogán, membro do club de lectura de 1º de ESO, entregándolle o premio a súa irmá Ledicia, membro do club de lectura de 1º de BAC. Hai uns meses fora Ledicia quen lle fixera entrega do premio de fotografía a Breogán. Parabén para os dous, amantes da lectura e fillos de bibliotecaria. Será que os libros inflúen nas relacións cordiais (de corazón) entre irmáns? Observade a cara de orgullo e satisfacción dela, é totalmente gráfica.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-06-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A foto é preciosa, pero a min dáme un pouquiño de pena. Outra promoción magnífica (a de Ledicia) que xa está ás portas de 2º de Bach e #blgtk08#se nos escapa das mans coma a auga entre os dedos... Debe ser que xa me vou facendo vella neste centro.
Parabéns aos seus pais.
Comentario por Uxia (01-06-2011 17:59)
2 Francamente é un gustazo ver fotos como esta. E totalmente dacordo co rápido que pasa o tempo, pero...o gusto que teño compartido co Ledicia pola literatura fantástica#blgtk08#, perdurará no tempo...seguro!!!
E cando xa non este no centro atoparemos a maneira de continuar compartido lecturas.
Moitas felicidades e seguide asi...
Comentario por Ana (02-06-2011 01:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal