O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIOS 8 DE MARZO

Este ano o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, dedicouse á loita pola eliminación da violencia contra as mulleres. O alumnado de ESO traballou o tema na aula creando historias e lemas contra a violencia de xénero.
Levaron premio os mellores relatos e poemas dun concurso que se organizou a nivel interno.

Tamén se participou nun certame de Literatura Feminista de relato curto e poesía organizado pola asociación María Balteira. Dous premios recaeron en dúas alumnas nosas: Vanessa Álvarez Crespo, de 2º A de ESO e Paula Nogueiras Nogueiras, de 3º A de ESO.




Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 15-03-2013 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO PARA A PAZ DUNHA ALUMNA DE 2º DE ESO

Celebramos o Día da Paz de maneira colaborativa entre o ENDL, a Biblioteca e o Club de Lectura.

Carmen, de 2º de ESO, elaborou este vídeo que se proxectou na biblioteca.

Máis información das actividades e textos no blog da biblioteca e o blog do club de lectura.


Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 02-02-2013 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS SAMAÍN 2012

Na biblioteca repartimos os premios dos contos de medo deste ano e das cabazas.

Breogán Prieto Vázquez, de 3º de ESO, e Vanessa Álvarez Crespo, de 2º de ESO, recibiron os premios dos contos; Daniel Estévez Ferreiro, de 3º de ESO, levou o premio á mellor cabaza.

Noraboa aos gañadores e gañadora.





Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 18-11-2012 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
PROMOCIÓN TURÍSTICA D'A LIMIA
Alumnado de 4º de ESO confeccionou uns folletos turísticos para promocionar lugares de interese da súa bisbarra.
















Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 03-07-2012 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE MEDO PREMIADOS 2011
Aquí deixamos os contos premiados este ano. Na revista No límite encontraredes contos de medo doutros anos.


Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 26-11-2011 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
POETÍZATE 2011
Alumnado de 1º de BAC ofrécenos estas recreacións poéticas baseadas nos poemas da antoloxía de Fran Alonso Poetízate.


Hai poemas para pensar, para rir, para sentir, para soñar...

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 01-06-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
CURTA SOBRE "O XOGO DA GUERRA" DE CARLOS CASARES
Resulta que buscando o relato "O xogo da guerra" do libro Vento ferido de Carlos Casares, atopo a curta que realizaron o curso pasado os nosos alumnos Cristian, Miguel,José e Anxo, contando coa colaboración de David e Javier. O guión foi adaptado por Iván Prado.

Este é un traballo extraordinario produto de moitas horas de traballo, emprego de ferramentas rudimentarias e escasos recursos, o que o dota de máis valor.



O XOGO DA GUERRA
Cargado por anxo_xinzo. - Programas de ayer por la noche y clásicos de TV, online.
Comentarios (5) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 26-11-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA OS MITOS, DE CARLOS NEGRO
Por fin atopei o videopoema Os mitos das nosas alumnas de 2º de BAC Noelia, Uxía, Beatriz e Isabel, baseado no poema homónimo de Carlos Negro.Trátase dunha produción artística orixinal, cun contido transversal: un alegato contra a violencia de xénero.
O actor é Pablo González, alumno de 1º de BAC, antigo alumno de teatro do instituto e membro do grupo de teatro de Xinzo. O outro colaborador chámase Roberto Estévez, amigo do grupo.

A voz é do irmán pequeno de Uxía, Xurxo Alonso.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 07-11-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
FERMOSOS DEBUXOS DE LEDICIA PRIETO
Imos despedir este curso con este agasallo de Ledicia Prieto, integrante do club de lectura de 4º da ESO e colaboradora do ENDL. Debuxos para admirar e para reflexionar que me lembran ese poema de Ronseltz aplicado á poesía: "O poema é unha pedrada na cabeza./Por iso lles recomendamos aos leitores/ que usen casco."
Agardamos que esta artista siga creando durante o verán.

E lembrade:
A Limia aínda é ese paraíso onde se vive en galego, onde o horizonte circular que a abraza soña en galego, onde ata as sombras das barcas que navegaron a Lagoa falan galego.

Feliz verán a tod@s!!


Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 24-06-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
FRAGMENTO DA CURTAMETRAXE HISTORIAS DE ONTE
Os alumnos Miguel Carballo e Jonathan Domínguez realizaron unha interesante curtametraxe sobre o perigo das drogas. Contaron coa colaboración de Pablo González, Ionela Boboc, Elsa Cabrera e Mª Mar Carnero. Dados os rudimentarios medios dos que dispuñan o produto resultante é máis ca digno.
Aquí vai un fragmento sobre esta produción caseira.
Parabéns, rapaces e rapazas!


Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 23-06-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA DE ROSALÍA PARA INICIAR O MES DAS LETRAS
Isabel, Uxía, Noelia e Beatriz elaboraron este vídeo. A voz corresponde á profesora de Bioloxía Mar Fernández.



Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 03-05-2010 07:43
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGA DE ESCARNIO EN VÍDEO
Esta recreación audiovisual dunha cantiga de escarnio é unha xoia. Estes alumnos de 1º B de Bacharelato (Cristian, José, Anxo e Miguel) son uns artistas. Chapeau! Ou xapó!


Comentarios (5) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 09-04-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
OS CANS ALIENÍXENAS DE NOVO EN ACCIÓN
Adolfo, Ana, Pablo,Valentina e colaboradores noutro episodio desta serie. Parece que un dos cans xa vocaliza mellor. Noutros planetas tamén se aprende galego!




Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 29-03-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
ALUMNADO DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DE 1º DA ESO REALIZA UN VÍDEO
Chamáronlle Os cans alieníxenas á curtametraxe que realizaron logo de asistir a un cursiño sobre vídeo. Esperemos que na 2ª parte, que xa está en marcha, o pulso da cámara (a irmá pequena de Adolfo) non trema tanto. Se cadra precisan dun trípode. Felicitacións a estes novos artistas!


Comentarios (18) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-01-2010 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
FRAGMENTO DO DOCUMENTAL SOBRE EDUARDO PONDAL REALIZADO POLO ALUMNADO
Mayte, David, Alba e Ruth elaboraron un documental sobre a figura de Eduardo Pondal, extraemos un fragmento.

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
A LÍRICA MEDIEVAL ANIMADA
Elisabeth, Raquel Vázquez, Raquel Trigo e Elena elaboraron un documental sobre a lírica medieval. Seleccionamos estas cantigas animadas.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA BASEADO NO POEMA "TELEVISIÓN" DE MANUEL RIVAS
Velaquí un videopoema máis do alumnado de 1º de BAC do curso pasado.



Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 28-10-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
COLAXES E CALIGRAMAS 2009
Velaquí as marabillas vangardistas de 4ºB da ESO.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 22-05-2009 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
REGHEIFA DE PRODUCIÓN PROPIA
Ollade e escoitade esta regheifa elaborada e realizada por Esther, Ana e Carlos, merece a pena.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 21-05-2009 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA A XUSTIZA PÓ-LA MAN
Para vós, o videopoema A xustiza pó-la man, inspirado no poema de Rosalía de Castro e realizado por Raquel Trigo, Raquel Vázquez, Elísabeth e Néstor.

Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 20-05-2009 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOPOEMA XAN
Aquí tedes o videopoema Xan, inspirado no poema de Rosalía de Castro e realizado por Esther, Ana e Carlos, alumnas e alumno de 1º de BAC do noso instituto.

Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 20-05-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA VANGARDISTA: MARÍA BARREIRO
María Barreiro, de 4º da ESO, deulle a súa particular estrutura aos versos da clase.



Comentarios (1) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 27-03-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA VANGARDISTA SOBRE CADROS EXPRESIONISTAS

O alumnado crea un verso inmediatamente despois de ver un cadro expresionista e, a continuación, elabórase un poema cos versos. A idea é de Carlos Negro e o experimento é motivador.
Unha alumna de 4º B de ESO, Úrsula Casado, ofrécenos a súa orixinal versión a partir dalgúns versos de compañeiras e compañeiros.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 19-03-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCREACIÓNS DO ALUMNADO DO IES LAGOA DE ANTELA
Na sección de normalización atoparás as experiencias creativas do alumnado: videopoemas, entrevistas a avoas e avós, vídeo sobre Xosé María Álvarez Blázquez, etc. Entra e inspírate.
Experiencias creativas do alumnado
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 13-01-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
POEMAS ALTERADOS DE 1º BAC
Poemas alterados Poetízate 1º BAC

“Festa” de Luis Amado Carballo


As caras da tristeza
rompen as bágoas salgadas,
mortes duras e ledas
chegan baleiras á vila.

Cristina Salgado

Os salaios da desgrazada
estremecen o ceo negro,
vestimentas vermellas e negras
mostran perdas de guerra.

Adrián Ferreira

As bombas da foguetada
escachan as nubes de festa,
estrelas azuis e brancas
caen feridas á terra.

Estefanía Rúa

“Por amor” de Darío Xohán Cabana


Por amor son xa máis de cen quilos.
Por comer estou como estou.
Por comer peso o que peso.
Por comer.

Por comer médrame a barriga
E estíraseme o bandullo.
Por comer xa non me dobro.
Por comer, todo por comer.

Omayra Rodríguez

Por agradecemento recoñezo o meu.
Por agradecemento recordo a miña identidade.
Por agradecemento aprendo o meu idioma.
Por agradecemento.

Por agradecemento son galegofalante
e ábrolle o corazón.
Por agradecemento respecto a fala.
Por agradecemento, só por agradecemento.

Selene Casas

“O Sol e o Mar” de Antonio Noriega

A pataca e a verza ó home
¡moito lle deben deber!
Apórtalle a pataca as proteínas
e danlle as verzas as vitaminas.

Héctor Alfonso


O sal e a auga á area
¡moito lle poden querer!
Acaríñalle o sal a pel
e bícalle a area os pés.

Carmen Villarino

“Con auga de sede vella” de Álvaro Cunqueiro

Cunha mirada fresca
namorar eu namoreina,
namoreina’

Cun sorriso ledo
namorar eu namoreina,
namoreina?

Namorar eu namoreina
cunha caricia tenra,
namoreina?

Namorar eu namoreina
cunha sincera aperta,
namoreina?

Vanesa Colmenero



“Anoitecer na terraza” de Xavier Seoane


Medran as flores sobre o campo
descansan os paxaros no niño
vexo os homes traballando a carón do río.
Se me fixo no horizonte,
útiles durante moito tempo,
vexo ermos os terreos dos nosos vellos.

Jose Antonio Fernández.



“Terra Chá” de Manuel María

O instituto pouco é:
unha clase aquí e outra acolá,
cen profesores, libros raros,
un pesadelo terrible e duradeiro
no que estamos os rapaces a traballar.
A rúa resulta libertá.

Marcos Román


“Go”l de Eduardo Blanco-Amor

Polo boleto da boa lotaría
vou mirando a combinación
e números, mala sorte,
non podemos ir ó Norte.

Sonia Míguez


“A noite é necesaria” de xosé Mª Díaz Castro

A vida é necesaria
pra que elas poidan ver
que sobre o medo e a rabia
se poden impoñer.

Alba Morán


“Cando ela dorme” de Vicente Araguas

Cando ela dorme
semella a sombra
dunha bolboreta fermosa.
E os ollos
na cara
doces coma
cereixas novas.
Cando ela dorme:
un koala
deitado
na cama.

Sara Seoane


“Bolboreta” de Francisco X. Fernández Naval

Lúa

Durante a noitiña
a lúa é raíña celeste
ó amnecer saca a coroa
e cédella ó sol
dos madrugadores empedernidos.

Jéssica Casas


“Poderíano escoller como epitafio” de Lois Pereiro

Derramade lágrimas no meu sepulcro,
no lugar onde eu descanse
mandádeme tristes e alegres recordos
de viveza e divindade infernal para resistir.

Melania Blanco


“Abecedario da desolación” de Miro Villar

Como imaxe (a árbore) típica dun cadro
como pendentes (os froitos) colgados das orellas
como herba (as follas) ao longo dun prado
como patas (as ramas) dunha araña velenosa
como estrutura (o tronco) de calquera construción
como material (a madeira) propio dunha obra
como boca (as raíces) para un animal
como base (a terra) para poder sobrevivir.

Javier Pérez Vallejo


“Definición” de Lupe Gómez

Brincar sobre
unha esponxa.
Absorbela e que me absorba.
Iso é o sexo.

Alejandro Figueroa


“Se te enamoras” de Lupe Gómez

Se me queres
queda e non marches
ou lévame
e deixamos todo
como dous namorados.

Joana Álvarez



“O que máis me gusta da poesía” de Kiko Neves

O que máis me gusta do día
as comidas.


Na vida o noventa por cento
deberían ser comidas.
Ou melocotóns en “almíbar”.

Vanesa Rodríguez


“Quero sentarme” de Lupe Gómez

Odio escoitarte
Na cama en
Suxeitador e bragas.

Antía Pousa



“O pozo que non hai” de Álvaro Cunqueiro


O pipo que non hai

-Dáme viño, ña compañeira
E ficarei aquí.

-Acolá hai un pipo
Que reverque, meu amigo!

-O viño que eu quero
Estache sorrindo a ti!

-Este viño ten dono,
Procura outro, meu amigo!

Marcos Rodríguez


“Quérote” de Raúl Gómez Pato

Átote,
sen que esteas,
ó meu corazón
como unha perdiz.

David Barrio


“O amor” de Lupe Gómez

O amor foi
un raio moi luminoso
que estralou no meu
corazón. e quedou aí
para sempre. Eu limpei
o sangue do
meu corazón. pero ela
espandiuse
por todo o meu corpo.

Jasmin Biúndo

“No máis fondo, no máis fondo” de Ramón Cabanillas

No máis adentro, no máis adentro,
lévote comigo:
entraches de repente
Para sempre quedar aquí.

Crávame o puñal!
Non teñas compaixón de min
pero non te pases moito
porque te podes ferir.

Mª Xosé Fernández



Comentarios (3) - Categoría: CREACIÓNS ALUMNADO - Publicado o 18-03-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal