O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO LETRAS GALEGAS

Cómic pola lingua.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 31-05-2015 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
HIMNO GALEGO POR EL PUTO COKE
Velaquí unha versión actualizada do himno galego, interesante version da voz de El Puto Coke. Escoita!

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 19-01-2012 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
PLANTACIÓN DE CANDÁS E O DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O domingo é o Día Mundial do Medio Ambiente e queremos anticiparnos deixándovos estas imaxes da plantación en Candás, un dos moitos montes que padeceu un incendio o ano 2006 e que deu lugar a un proxecto educativo entre o EDLG e o Departamento de Bioloxía. Cada ano o alumnado do IES Lagoa de Antela, e agora tamén o do IES Cidade de Antioquía, colabora no rescate desta zona plantando freixos, castiñeiros, rebolos...

E non deixedes de ler este magnífico artigo de Beatriz Domínguez, conmove.

CINSA

Unha vida simple, ese é o título dun libro no que se fala sobre actividades e actitudes que contribúen a evitar os ataques deliberados contra unha natureza indefensa, que está quizais a estas alturas, demasiado enferma. O autor deste manual vive en Nova York, desprázase en bicicleta desafiando o tráfico da 5th Avenue, e é vexetariano. Un tipo “raro” (poderíamos pensar) posto que resulta realmente contraditorio que un amante da natureza habite nunha xungla de cemento, como o é esta gran cidade. Encántalle escoitar o canto dos milleiros de paxaros que habitan as árbores de Central Park, e sempre que pode deléitase coas vistas que dende o “Top of the Rock” ofrecen os pulmóns da cidade en outono, cando os tons ocres e avermellados se apoderan do parque. Aínda así a súa estación favorita segue a ser, sen dúbida, a primavera. E se me permitides o comentario, tamén é a miña. Trátase da estación da emerxencia, do agromo das flores e a maduración das froitas. O instante xusto no que a natureza semella explotar e expandirse, un espectáculo espontáneo e fermoso que ultimamente estamos empeñados en ignorar. E máis aló das nosas preferencias estacionais, o problema está quizais na indiferenza que, en cuestións naturais nos caracteriza no último milenio.


O resto do artigo continúa No Límite.



O texto e a música de fondo é de Dios K te Crew.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 03-06-2011 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS
Na páxina web da Coordinadora de Equipos de Normalización atopamos todo tipo de recursos para traballar co poeta Lois Pereiro.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-05-2011 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO NA BIBLIOTECA
Como levamos organizando estes últimos anos, o mes de marzo celebramos conxuntamente o Día da Muller e o Día do Teatro coa representación teatral de "Ramón", de Sergi Belbel, nunha das adaptacións realizadas por Begoña Muñoz Saá. Un texto que non ten desperdicio, con altas doses de humor.


Fotos no blog lector Nós tamén navegar.

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 20-03-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO SOBRE AS LECTURAS DO 25 DE NOVEMBRO
Aquí vai un dos vídeos das lecturas do 25 de novembro. Os textos e o resto dos vídeos encóntranse no blog lector Nós tamén navegar.



Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 28-11-2010 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
O DOCUMENTAL A MEMORIA DA LINGUA XA É UNHA REALIDADE
No blog As Candongas do Quirombo atopamos toda a información sobre o proxecto audiovisual A memoria da lingua. Merece a pena ver, ler e reflexionar.

Os parabéns a esta xente que investiu tantas horas neste traballo.


A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-11-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DA NOSA VIAXE A CANGAS


Os ENDL do IES Monte Carrasco e do IES Lagoa de Antela organizamos un intercambio entre ambos centros. Nunha primeira fase o alumnado cangués e limiao estableceu contacto epistolar para presentarse e contar aspectos relevantes das súas respectivas zonas. A segunda fase supuxo o desprazamento a terras da península d’O Morrazo para coñecerse.
O día 3 de marzo iniciamos a nosa travesía coa chuvia por compañeira, unha chuvia miúda e persistente que parecía querer pór en perigo os nosos plans. Chegamos a Bueu e gozamos visitando o Museo Massó, previa acollida da directora e da coordinadora do ENDL do IES Monte Carrasco, Luz e Begoña. Logo recollemos o alumnado do seu centro, reserva e miradas tímidas no autobús, e visitamos o cruceiro de Hío, onde un divertido xogo de presentación baixo un fino orballo conseguiu identificar visualmente as persoas que se cartearan. Despois recalamos na Costa da Vela onde regalamos os ollos coas vistas e espantamos a choiva con esconxuros fotoxénicos. A choiva liscou! Como xa se nos ía o estómago coa fame atracamos no instituto para xantar. Alí fomos recibidos os profes por medio claustro que nos convidou a deliciosos manxares: empanada, tortilla e torta de mazá. O xeo comezaba a derreterse. Despois do café e unha visita ás dependencias do instituto, subimos a'O Balcón do Rei, un outeiro cunhas vistas de luxo, onde estaba previsto comer se o tempo non o impedise. De alí para Cangas, xa cos raios do deus Sol sobre os nosos corpos. Na vila as alumnas e alumnos autóctonos exerceron de guías do alumnado limiao mentres Begoña, Luz, Tomás e Carmen dabamos sebo á lingua nunha terraza. A despedida chegou no peirao onde os e as de terra adentro embarcamos para Vigo. Persoas que ao principio se miraban con desconfianza e mantiñan unha actitude de reserva venceran resistencias e despedíanse con abrazos e tristeza. Custaba separarse.
A próxima cita terá lugar en Xinzo o 26 de abril, esperamos corresponder coa mesma hospitalidade con que nos acolleron.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 08-03-2010 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Celebramos o Samaín e descubrimos unha nova ferramenta na web para subir presentacións, de aí que dupliquemos as fotos que aparecen no blog lector. Isto da rede é un mundo que sorprende día a día, buf!

Comentarios (1) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 08-11-2009 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
VERSOS POLA LINGUA
VERSOS POLA LINGUA

"O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela."

Victoriano Taibo "Da vella roseira".


Comentarios (2) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 17-05-2009 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
O CONTADOR DE HISTORIAS CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN ENCHEU DE MAXIA O SALÓN DE ACTOS
Outro ano máis a maxia invadiu o salón de actos do IES Lagoa de Antela e encantounos. O alumnado de 1º e 2º da ESO escoitou o contador Celso Fernández Sanmartín e gozou coa súa habilidade para construír historias. A tradición oral é un referente cultural que corre o risco de perderse, e esa perda significaría a desaparición dunha riqueza lingüística de incalculable valor. Se a lingua se mantivo viva durante séculos foi grazas ao pobo e á necesidade de crear mundos imaxinarios que aliviaran a dor de pertencer a unha comunidade de desherdados.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 12-05-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRO AGASALLO
Recibimos un agasallo ben simpático do CEIP Manuel Masdias, de Ferrol http://www.blogoteca.com/xogosmasdias

Debemos procurar 10 blogs que merezan o agasallo. Para a semana desvelarémolos, previa consulta ao alumnado.

Mistero!
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 02-05-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS ABERTAS POLA PAZ NA BIBLIOTECA



O venres 30, Día da Paz, asistimos a unha nova sesión de Lecturas Abertas na Biblioteca. O acto foi organizado polo Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas.
Nun escenario ateigado de carteis da palabra paz en diferentes idiomas e cores, profesorado e alumnado de diferentes cursos elevaron as súas voces emotivas diante dun público entregado, que acompañaba cada intervención con cálidos aplausos. Participaron: Raquel Vázquez, Úrsula, Raquel Trigo, Rosa (profe), Milagros, Jasmin, Elisa, Miriam (profe), Mayte, Fatima, Iago, Pilar (profe), Vanesa, Antía, María, Ernesto (profe), Óscar (profe), Néstor, Maimuna, Verónica e Manuel. Recitáronse poemas (Harold Pinter, Giannis Ritsos, Giuseppe Ungaretti, Boris Vian, Sas Nah Larosi, Bertold Brecht, Casimiro de Brito, Nizam Qabbani, Bigg, Said Mouski...), léronse citas latinas e escoitamos a voz de Mikel Laboa, recentemente falecido.
Ao remate as persoas asistentes degustaron unhas galletas marroquís que elaboraron as alumnas e alumnos de Cociña.
Nun taboleiro de corcho colocouse un mapamundi onde se marcaron as diferentes zonas de conflito armado.
Tamén se repartíronse libriños cos textos escollidos e outros, confeccionados para a ocasión.

Colgaremos os vídeos das intervencións e as fotos na páxina web do instituto, na sección de Normalización. Tamén se subirán os textos.
Grazas a todas persoas que asistiron, animaron e, inevitablemente, se emocionaron con tantas palabras pola paz.

Porque outro mundo é posible.
Comentarios (3) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 01-02-2009 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Paz??
Palestina, Chechenia, Sudán, Angola, Somalia, Colombia,
fame, violación, SIDA,
bombas, mísiles, balas, tanques,
nenos soldado, tortura,
humillación,discriminación,
explotación, expoliación,
multinacionais, bancos,
terrorismo,
hiperconsumo.

Busca o significado destas palabras
e marca a intrusa.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 25-01-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
NEVE EN XINZO, SANGUE EN GAZA

Mentres en Xinzo e en Ourense caían folerpas e farrapos brancos sobre a terra, en Gaza seguía o sangue palestino a tinguir de vermello a terra.

NON AO XENOCIDIO DO POBO PALESTINO!!



Ode à Paz
Pela verdade, pelo riso, pela luz, pela beleza,
Pelas aves que voam no olhar de uma criança,
Pela limpeza do vento, pelos actos de pureza,
Pela alegria, pelo vinho, pela música, pela dança,
Pela branda melodia do rumor dos regatos,

Pelo fulgor do estio, pelo azul do claro dia,
Pelas flores que esmaltam os campos, pelo sossego dos pastos,
Pela exactidão das rosas, pela Sabedoria,
Pelas pérolas que gotejam dos olhos dos amantes,
Pelos prodígios que são verdadeiros nos sonhos,
Pelo amor, pela liberdade, pelas coisas radiantes,
Pelos aromas maduros de suaves outonos,
Pela futura manhã dos grandes transparentes,
Pelas entranhas maternas e fecundas da terra,
Pelas lágrimas das mães a quem nuvens sangrentas
Arrebatam os filhos para a torpeza da guerra,
Eu te conjuro ó paz, eu te invoco ó benigna,
Ó Santa, ó talismã contra a indústria feroz.
Com tuas mãos que abatem as bandeiras da ira,
Com o teu esconjuro da bomba e do algoz,
Abre as portas da História,
deixa passar a Vida!

Natália Correia
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 11-01-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
2ª FASE PLANTACIÓN EN CANDÁS

Alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO abordaron a 2ª fase da plantación iniciada o ano pasado no monte de Candás, sito no concello de Rairiz de Veiga. Plantáronse unhas cen árbores autóctonas (carballos, freixos, avivros, castiñeiros…) no terreo que sufrira un incendio o verán do 2006.
Comentarios (0) - Categoría: ACCIÓNS EN VALORES - Publicado o 19-03-2008 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal