Xa repartimos o calendario confeccionado por Xosé Manuel entre todos os membros da comunidade educativa. Vai acompañado dun fermoso poema de Manuel María sobre a lingua.
De novo, coma sempre, agradecemos ao noso compañeiro a súa predisposición e habilidade artística nesta acción normalizadora.
O mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas, a Cooordinadora Galega dos Equipos de Normalización convoca unha acción para render homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro que consiste en recitar o poema "Deitado fronte ao mar".
Aquí deixamos o magnífico vídeo que confeccionaron no IES As Barxas.
Que ben actúan estas rapazas que encontraron unha receita máxica para que a xente fale galego. O ano vindeiro terémolas de alumnas no centro, que marabilla!
Dende a Coordinadora de Equipos de Normalización e do Servizo de Normalización da Universidade de Vigo chéganos este interesantísimo traballo sobre a diversidade lingüística.
Vía este blog, boas e xenerosas, chéganos este vídeo alucinante sobre o orgullo de falar galego e ser galeg@ realizado polo IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Cunha técnica de animación e a colaboración dun membro de Dios k te Crew (García MC)elaboraron un produto excelente. Felicitamos o alumnado e profesorado que o fixo posible.
Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora esta campaña de fomento da lectura dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, docentes etc., principais estimuladores do hábito lector
No xornal Vieiros podedes acceder á noticia e tamén ver o vídeo da campaña.
En Vimeo podedes ver outros vídeos sobre a lingua elaborados poloa Coordinadora.
Aplaudimos esta iniciativa da Coordinadora e animamos a todo o mundo a mostrar ese ORGULLO. Ante os ataques á lingua, a nosa DIGNIDADE.
En colaboración coa Biblioteca o ENDL do IES Lagoa de Antela inicia unha campaña de lectura na bisbarra nestas datas de Nadal a través do alumnado do club de lectura de Bacharelato Nós tamén navegar. Fronte á febre consumista nós ofrecemos palabras de balde. 40 libros navegarán pola comarca d?A Limia á procura de amigas e amigos que descubran o pracer da lectura en galego. Acompañamos cada libro cunha carta de saúdo, unha enquisa, un marcador e un poema de agasallo. Só desexamos que as persoas se embarquen nesta aventura para compartir as historias que se agochan nas páxinas dos libros e gozalas. Historias amasadas en galego, na lingua en que soñamos, falamos e amamos. Nós tamén navegar.
Algúns títulos que escollemos para esta travesía: A pomba e o degolado, de Fina Casalderrey; Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras; Pel de lobo, de Xosé Miranda; Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo; Cabeza de Medusa e Rúa Carbón, de Marilar Aleixandre; Made in Galiza, de Séchu Sende; Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar; Ollos de auga, de Domingo Villar?
Velaquí fotos da pegada de adhesivos da campaña de normalización nos comercios d'A Limia realizada por Uxía Alonso, Úrsula Casado, Isabel Fernández e Mirian Fernández.
Aplaudimos a iniciativa de propoñer o galego, lingua ameazada, como patrimonio da humanidade.
Podes asinar o manifesto e deixar un comentario. Galego, Patrimonio da Humanidade.
é o adhesivo que imos empregar na nosa campaña de normalización no sector comercial da comarca limiá, foi deseñado por Antía Valbuena, de 4º B da ESO, toda unha artista.