O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREMIADO ALUMNADO DO IES LAGOA DE ANTELA NO II CONCURSO CERTAME CARLOS CASARES

O Museo da Limia (Vilar de Santos), o Centro de Cultura Popular do Limia (Xinzo de Limia) e a Fundación Carlos Casares (Vigo) convocaron o II Certame de Creación Literaria e Plástica Carlos Casares. Ao concurso presentáronse varios alumnos e alumnas do IES Lagoa de Antela dos cales foron premiados Álex Jardón (1º ESO), Ana Posada (4º ESO) e Miranda Fonseca (1º BAC). Os traballos serán publicados no próximo número da revista Lethes que se publicará en outubro.

O xurado estivo presidido por Antón Riveiro Coello, contou con Chus Pato (María Xesús Pato Díaz), Concha Rousia e Manuel Seoane como vogais e actuou de secretario Delfín Caseiro.


Máis información aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-07-2017 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSO CARLOS CASARES

Este é creación plástica premiada no concurso Carlos Casares, unha interpretación artística do relato "A rapaza do circo" do libro Vento ferido realizada por Miranda García, de 1º de Bac.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-05-2017 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSO CARLOS CASARES
Subimos o texto premiado do Concurso literario Carlos Casares de Guillermo Arcos, de 2º ESO. O relato, titulado "O seminario", é de gran calidade literaria.



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-05-2017 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO NO IES LAGOA DE ANTELA

E tampouco faltaron as máscaras do concurso que convoca todos os anos o departamento de Plástica...
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 07-03-2017 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONCURSOS DE MEDO

Convocamos un concurso de contos de medo con moito éxito de participación. No 1º ciclo houbo tal calidade nos relatos presentados que se tiveron que outorgar dous primeiros premios, ex aequo. Celso Fernández Sanmartín oficiou de mestre de cerimonia e repartiu os premios.

As gañadoras foron:

1º CICLO

Paula Cerdeiro, que se presentou baixo o pseudónimo de Marilyn, co conto “A noite da lúa chea”.

Andrea Opazo, presentada co pseudónimo Mazapán, co relato “O castiñeiro".

2º CICLO

Elba Vázquez, presentou o relato “Sabela Pérez, a miña querida amiga” baixo o pseudónimo Marel.

Felicitamos as gañadoras e a todas as persoas que se presentaron animámolas a que sigan facéndoo en próximas convocatorias






Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 20-11-2016 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE MEDO

Con algo de retraso colgamos aquí os contos de medo premiados no Samaín. Carmen Rodríguez e Belén Dacal, de 3º de ESO, levaron o 1º premio exaequo de 2º ciclo. No 1º ciclo concedéronse 3 premios, o 1º premio foi outorgado a Dolores González e Guillermo Arcos e Paula Porto levaron senllos accésits. Entregaron os premios as profesoras Belén Castro e Rosa de Ávila.

Felicitamos as persoas gañadoras e animámolas a seguirse presentando.


Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 24-01-2016 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE MEDO PREMIADOS

Deixamos aquí os contos de medo premiados este ano. Na foto aparecen tamén as alumnas premiadas no concurso de cabazas. Parabéns!


Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-11-2014 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS DE MEDO PREMIADOS

Cun mes de retraso colgamos os contos de medo premiados este curso. Parabéns para Alba, Carmen e Vanessa.


Carmen Blanco leu o seu conto na biblioteca, decorada con motivos de medo e coas cabazas presentadas ao concurso.


Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-12-2013 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
CONTO DE MEDO PREMIADO EN 1º DE ESO

Que promesa literaria!

‘A misteriosa morte do Chosco’

Era unha noite fría de inverno, con xeada e carambelo; unha desas noites nas que nin tan sequera os lobos saen dos seus acubillos.
Na taberna do Vilas os homes quentaban os corpos a carón do lume e os seus espíritos quentábanos con augardente. Risas, cantigas xogos e fachenda estaban patentes nas súas historias e nas súas apostas mentres todo isto sucedía. José “o curto” escoitaba e caneaba coa cabeza cada vez que un dos homes contaba unha valentía, farto xa de escoitar tantas barrabasadas díxolles a ver que era tan valente de ir ó campo santo de noite e cravar unha punta no medio dos nichos. Entón…en toda a sala fíxose un silencio espectral, só roto pola voz estridente de Xoán o Chosco, un mangallón bruto coma un arado de vertedeira que se gababa de escachar os miolos dos lobos coa man aberta, dicindo: “Iso fágoo eu sen vea nin candil”.
Pedíronlle a punta e o martelo ó dono da taberna, e Xoán levantouse dun chimpo, mirou ós compañeiros e marchou fachendoso ó cemiterio, primeiro ía moi ás présas, pero a medida que se achegaba ó seu destino, os seus pasos tornábanse máis e máis pesados. Cun grande esforzo empurrou a cancela que había para entrar e escoitouse un son agudo infernal. Chegou ó lugar sinalado baixo a testemuña das tumbas, alí agachouse e agarrando cunha man a punta e coa outra o martelo, dando golpes repetitivos, enterrou a punta ata o fondo, incorporándose rápido para saír canto antes daquel sitio que comezaba a darlle arrepíos. Ó dar dous pasos…sentiu que turraban por el, xeóuselle o sangue e foi incapaz de mirar para atrás.
Á mañá seguinte no medio do cemiterio, atoparon o corpo frío de Xoán o Chosco, estaba morto e tiña unha punta cravada na súa capa.

JON MARTÍNEZ DELGADO
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 29-11-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
ERA UNHA NOITE FRÍA DE INVERNO

Era unha noite fría de inverno, con xeada e carambelo; unha desas noites nas que nin tan sequera os lobos saen dos seus acubillos. [...]


Aquela noite de novembro está gravada na miña mente e nunca a esquecerei. [...]


Todo o que din da morte é falso. Non vas ao ceo ou ao inferno nin a calquera outro lugar imaxinable. Todo está escuro. Igual que o día no que apareceron. [...]

Así comezan os relatos gañadores, proximamente subiremos o texto que falta, mentres tanto que vos devore a curiosidade. Chegará o pánico.


Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-10-2011 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
REPARTIMOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

Un xurado composto por membros do EDLG e alumnado de teatro outorgoulles os premios ás seguintes alumnas e alumnos:


1º CICLO

JON MARTÍNEZ DELGADO, O VILAS 1º C ESO

“A MISTERIOSA MORTE”

ACCÉSIT

SHEILA VALENCIA MARTÍNEZ 1ºC ESO

"A SANTA COMPAÑA"

2º CICLO

SANDRA NÓVOA FORMOSO

“A NOITE INESQUECIBLE”

BACHARELATO

LEDICIA PRIETO VÁZQUEZ, PERSÉFONE 2ºB BAC

“O SONO ETERNO”

ACCÉSIT

JOSÉ FERREIRO PCPI DE CARROCERÍA

"A MONXA ASASINA"

Aquí vemos a Sandra recollendo o seu premio (libros e un pen drive).
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-10-2011 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS CABAZAS DO SAMAÍN

A calidade das cabazas presentadas a concurso apréciase na imaxe. O departamento de Plástica organizou esta actividade.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-10-2011 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
BREOGÁN PRIETO ENTREGA O PREMIO A SÚA IRMÁ LEDICIA

Non me resisto á tentación de pór esta foto, polo significado que contén, pois vemos a Breogán, membro do club de lectura de 1º de ESO, entregándolle o premio a súa irmá Ledicia, membro do club de lectura de 1º de BAC. Hai uns meses fora Ledicia quen lle fixera entrega do premio de fotografía a Breogán. Parabén para os dous, amantes da lectura e fillos de bibliotecaria. Será que os libros inflúen nas relacións cordiais (de corazón) entre irmáns? Observade a cara de orgullo e satisfacción dela, é totalmente gráfica.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-06-2011 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGAMOS OS PREMIOS DOS CONCURSOS DAS LETRAS

Entregamos os premios de vídeo e literario.

Aí vai un fragmento do relato "O préstamo", de Xosé Manuel R. Quintela, de 2º de ESO (2º pola esquerda na foto).

[...]
Fun a unha taberna que frecuentaba e alí atopeino, sentado a unha mesa detrás dunha xerra de cervexa. Achegueime e díxenlle que se reunira comigo ás doce da noite nun almacén abandonado que quedaba preto da pensión, preguntoume por que e díxenlle que era privado, que non llo contara a ninguén e que era moi importante-
Cheguei á pensión e non saín da miña habitación ata as doce menos dez. Abrín un caixón da mesiña de noite que tiña a carón da cama e collín o meu revólver de guerra que tiña gardado nunha caixa de puros. Coloquei seis balas no tambor e metín o revólver no peto da chaqueta de modo que ninguén o vira e dirixinme ao almacén coas mans metidas nos petos.
[..]

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-06-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE VÍDEO SOBRE TRADICIÓN ORAL
Adolfo e Pablo, de 2º de ESO, e Valentina, de 4º de ESO, gañaron o concurso de vídeo sobre tradición oral. Realizaron un orixinal guión mesturando varias lendas da bisbarra e logo, usando o croma, graváronas en vídeo. Noraboa!

O guión colgámolo no blog No límite.



Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 21-02-2011 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
II Certame “Curtas para Rosalía”

II Certame  “Curtas para Rosalía”
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convocou un certame de curtametraxes sobre a figura de Rosalía de Castro.
Poderán presentarse a este certame aquelas curtamentraxes que sigan un destes dous criterios:
1.Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.

2.Curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.
As obras presentadas terán que ser enviadas en soporte vídeo dixital (DVD) antes das 14 horas do día 24 de febreiro de 2011 (aniversario do nacemento de Rosalía).

A organización do certame "Curtas para Rosalía" establece dous premios:

1.- Un premio de 2000 € á mellor curtametraxe + Diploma.
2. Un premio de 1000 € + Diploma á obra cuxos realizadores/as ou directores/as sexan menores de 30 anos a día 24 de febreiro de 2011.

Máis información aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 21-01-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO "IGUAIS" DE PUBLICIDADE ANTISEXISTA

O Concello da Coruña convoca un concurso de publicidade antisexista cun premio substancioso.
Pódese acceder ás bases aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-01-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSOS LITERARIO E DE VÍDEO



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 11-01-2011 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SMS PARA FELICITAR O NADAL
A Coordinadora de Equipos de Normalización convoca un concurso de SMS en galego para felicitar este Nadal. O prazo remata o 2 de xaneiro e hai premio para os tres máis votados.
Nesta sección da súa páxina podedes enviar as vosas mensaxes e consultar un dicionario de abreviaturas.


Algúns exemplos:


flz 2011 e q tods as fstas sxan tan boas e dpm cmo as dst ano.a kbza nn para!! JR_20 Santiago de Compostela 207

Pra ste an 2011 desexoch unh vid kom a dn cepill d dntes : m8 past , n bo mang e k t cepilln 3 vecs ao dia ;) Ana / Iago Cuntis 54

k tos os ndais sexn falnd galgo Diego_PC Cerceda 41
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-12-2010 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
BREOGÁN PRIETO RECOLLE O PREMIO DE FOTOGRAFÍA
Hoxe vivimos un momento moi emotivo na biblioteca. O gañador do concurso de fotografía O Outono n'A Limia, Breogán Prieto, de 1º de ESO, recolleu o premio de mans da súa irmá, Ledicia Prieto, de 1º de BAC, activa integrante do club de lectura. Na ollada de Ledicia proxectábase a emoción, non era para menos.

Parabéns!!


Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-11-2010 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADOR DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

O gañador do concurso de fotografía de O outono n'A Limia foi BREOGÁN PRIETO, DE 1º D ESO.A fotografía será publicada nun calendario.

PARABÉNS!!
Comentarios (5) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 16-11-2010 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE PREMIOS DO SAMÁIN
ENTREGAMOS TAMÉN OS PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS E DE CONTOS DE MEDO.

NORABOA A TODAS, POIS FORON TODAS MULLERES AS PREMIADAS. O PREMIO DE BEATRIZ DOMÍNGUEZ FOI RECOLLIDO POLO SEU IRMÁN JOSÉ LUIS.



Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 07-11-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CONTOS DE MEDO
Ás veces resulta tan difícil decidir! Iso pasoulle ao xurado desta convocatoria, que encontrou tanta calidade nos textos presentados que tardou en tomar unha decisión. Escoller significa renunciar e, neste caso, aínda que na convocatoria só figuraban tres premios, o xurado decidiu outorgar tres accésits.

PARABÉNS A TODAS!!!




En breve subiremos os contos ao blog de revista No Límite.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 01-11-2010 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 05-10-2010 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE CONTOS DE MEDO
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 05-10-2010 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE BIBLIOCLIPS

Vémonos na biblioteca:
BASES DO CONCURSO DE BIBLIOCLIPS
DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DA CORUÑA (Ed. 2010)
1. Presentación
A
s Bibliotecas Municipais da Coruña convocan o concurso de BIBLIOCLIPS para amosar o feito lector entre os cidadáns cunha visión diferente, persoal e lúdica das bibliotecas públicas.
O concurso consiste na realización dun Spot Publicitario dunha duración máxima de 35 segundos de
visionado, inspirados na biblioteca e a lectura. A curta poderá estar ou non gravada nun espazo
bibliotecario. En calquera caso, valorarase a orixinalidade e a capacidade de expresar calquera punto de vista relacionado co tema do concurso, así como as posibilidades de emisión dos traballos presentados.

Máis información na sección de normalización da nosa páxina web.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-06-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LINGUA DE AMOR

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.


Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.


Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Os premios serán os seguintes:




Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu.
O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-04-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LETRAS GALEGAS

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 11-04-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO OUFF ESCOLA

BASES


1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA

O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no II Certame de Cinema OUFF Escola convocado polas devanditas entidades.



2. PARTICIPANTES

Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2009-2010, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.


3. CATEGORÍAS

Estabelécense dúas categorías:

A) Infantil e primaria.

B) Outros niveis de ensino non universitario

Máis información aquí.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 22-03-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
VI concurso de fotografía Xurxo Lobato
VI concurso de fotografía Xurxo Lobato

Organizada por:
Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos (A Coruña)
Requisitos:



* Este concurso de fotografía vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria de Galicia.
* Temática libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor e un máximo de tres fotos por participante. O tamaño da obra axustarase a 18 x 24 centímetros e ofrécense tres posibilidades (soporte papel, por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com e de teléfonos móbiles.
* Presentación, os autores deberán elixir un pseudónimo e escribilo na parte de atrás de cada foto xunto co seu título, sobre unha etiqueta adhesiva. Introducir nun sobre pequeno un papel cos datos persoais, teléfono de contacto e enderezo do centro escolar. Remitirase todo a: V Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, IES Monelos, Rúa Montes, 62. 15009 A Coruña.

Data de inscrición:
ata 14 de abril de 2010

A Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos (A Coruña) convoca unha nova edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato, dirixido especialmente a alumnos e alumnas de ensino secundario de Galicia.

Dotación:
1º premio: diploma e 300 euros.
2º premio: diploma e 200 euros.
3º premio: diploma e 100 euros.

O xurado valorará a posibilidade de conceder algunha mención a maiores en función da calidade das obras presentadas.

Información:
fotomonelos@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 22-03-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE CALIGRAMAS

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 10-02-2010 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO CONCURSO MICROPOEMAS

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-12-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LITERARIO NADAL

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 26-11-2009 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
CURTAS NA REDE
A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia invítanos a participar na IV edición do Concurso de Curtametraxes na Rede. Curtas na Rede.
Curtametraxes de ficción, curtametraxes experimentais, curtametraxes documentais e curtametraxes de animación.
A quen vai dirixido?
A todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Como me podo inscribir?
A inscrición é gratuíta e realízase a través do formulario que atopará na nosa páxina web.
O prazo de inscrición está aberto dende o 14 de febreiro de 2009 ata o 10 de setembro de 2009.5 Prazo de presentación das obras
As curtametraxes, cápsulas e micromovies poderán presentarse dende o sábado 14 de febreiro de 2009 ata o xoves 10 de setembro de 2009.

6 Características xerais das curtametraxes

O autor ou autora da curtametraxe deberá ter presente:
A curtametraxe non poderá exceder os cinco (5) minutos de duración, incluíndo os títulos de crédito.
• Poderá participar toda curtametraxe estreada ou producida durante o ano 2009. A participación en Curtas na Rede non impide a presentación destes traballos noutros concursos ou festivais mentres dure esta iniciativa. O non cumprimento destas condicións causa a baixa automática da/s obra/s presentadas.
• Cada autora ou autor poderá participar co número de obras que considere oportuno.
• Non se admiten obras que inciten ao racismo, á xenofobia, á violencia de xénero, á homofobia ou que atenten contra a dignidade da persoa.
• A curtametraxe non deberá facer publicidade ou promover o uso de ningún produto ou servizo de natureza comercial.
• As curtametraxes poderán presentarse indistintamente en galego, castelán ou portugués. Para calquera outra lingua, a curtametraxe terá que vir subtitulada en galego ou en castelán.
• As curtametraxes enviadas pasan a formar parte do arquivo deste concurso e os autores e autoras ceden gratuitamente os dereitos das obras para facer uso delas para ser exhibidas ou duplicadas sen fins comerciais ata finais deste ano co fin da promoción do concurso.
• Calquera apropiación indebida de dereitos de autor ou autoría na curtametraxe é responsabilidade da persoa que a inscribiu.

Máis información:
curtas na rede
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-05-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSOS PARA A MOCIDADE
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste Certame Galego de Creadores Novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias.

Acreditamos na creatividade da mocidade galega, apostamos por crear estímulos e canles de comunicación para a súa divulgación como modelos reais de presente e de futuro. O que pretendemos e implicarnos de xeito activo coa mocidade galega na procura de ferramentas e espazos que permitan estimular e vehicular as múltiples inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega.

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2009.

A solicitude dos participantes deberá facerse nos impresos normalizados (Anexo I e Anexo II), e entregarase tamén a documentación xeral que se explicitan nas bases, así como, a documentación específica de cada especialidade, que se atopa nesta web, en cada unha das súas seccións.

Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade, establecéndose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias):

* Un primeiro premio de 3.000 €

* Un segundo premio de 1.500 €

* Un terceiro premio de 1.000 €

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden a suficiente calidade.


Nas ligazóns asociadas atoparás toda a información necesaria,

ENTÉRATE E PARTICIPA!!!

Bases neste enlace:
Galiza crea
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-05-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
LINGUA DE AMOR 2009

Xa está en marcha a 3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, presenta a terceira edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión, perfectamente válida para a música. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!
Así mesmo, outro obxecto é relacionar o galego coas formas de diversión xuvenil e potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna, perfectamente válida para a música. A normalización da lingua galega en moitas ocasións céntrase en contextos institucionais marcadamente formais que non chegan á mocidade dun xeito atractivo. Con este concurso o que pretendemos é normalizar o uso da nosa lingua dende unha perspectiva lúdica, actual e atractiva para a xente nova.

Este concurso organízao o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Libraría Couceiro.

3O concurso Lingua de amor consta de dúas modalidades:
- MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede
- MODALIDADE 2: cancións de amor en lingua galega.


PREMIOS ANO PASADO 2008

Categoría A (14 a 19 anos)

1. Silvia Castañal González (15 anos, Riotorto).

'Composto químico'.
Eu son para ti coma un átomo invisible nun complexo composto químico. Déixame ser algo máis, necesítote.
2. Bibiana Rodríguez Domínguez (16 anos, Tui).

'Porque te quero...'
Quérote lonxe de min, ao outro lado da cama.

3. Marta Lois (18 anos, Santa Comba).

'O meu veleno'.
Púxenlle a cada verba que che vou dicir o suficiente veleno como para que sexas meu o resto da miña vida...

Categoría B (20 a 35 anos)

1. Bibiana Caamaño Álvarez (20 anos, Carral).

'Laranxas do día'.
Lembras como ós 20 anos faciamos o amor case todos os días? Hoxe sen te decatar, fasme cóxegas cada noite baixo a manta da cama fría. Lembras esas mañás nas que ías ó mercado para me traer laranxas do día? Hoxe enfádaste porque non che deixo saír á rúa sen compañía. Porque 65 anos despois non lembras mais seguímonos Amando igual que o primeiro día.

2. Margarita Sampedro Mariño (25 anos, Boiro).

'Química'.
Din que o amor son reaccións químicas, liberación de endorfinas ou non sei que lerias. Por se acaso vou ir mercando unhas cantas probetas por se esta noite vés visitarme e así facer un experimento científico.

3. Dolores Torrado Vicente (29 anos, Laxe).

'Autobiográfico'.
- Quérote...
- De veras?!
- ... Avisar que non veñas buscarme...


Consulta as bases do concurso
AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 17-03-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
I CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA 2009


O Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense e a Axencia Audiovisual Galega convocan o I Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da XIV edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

I Certame de Cinema OUFF ESCOLA nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade; fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine.
Chano Piñeiro
________________________________________

BASES


1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA
O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no I Certame de Cinema OUFF ESCOLA convocado polas devanditas entidades.

2. PARTICIPANTES
Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2008-2009, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto. A esta persoa expediráselle un certificado de participación no concurso.

3. CATEGORÍAS
Establécense dúas categorías:
A) Ensino infantil e primario
B) Demais niveis de ensino non universitario

Se picas aquí poderás descargar as bases
ENDL Lagoa de Antela
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 09-02-2009 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
POSTAL DE NADAL

O Departamento de Plástica convoca todos os anos un concurso de postais de Nadal para varias categorías. Este ano o xurado concedeu un premio extraordinario á postal do alumno de 4º da ESO Cristian Rodríguez Valencia, o cal recolleu o premio entre calorosos e prolongados aplausos no Festival de Nadal.
A postal editouse para felicitar a toda a comunidade educativa do centro.

NORABOA, CRISTIAN!!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 24-12-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADOR DO CONCURSO DE MICROPOEMAS: DAVID GONÇALVES

O DE MONTEALEGRE: DAVID GONÇALVES DA CRUZ 2º C ESO

TODO O TEMPO É DE POESÍA

Dende a néboa da mañá
á néboa do outro día.
Dende a quentura do ventre,
á frixidez da agonía.
todo o tempo é de poesía.

OS MEUS VERSOS

Os meus versos o que son?
deben ser,
e serán no futuro,
anacos de corazón
que deixo acá, neste mundo.

PENSANDO

Pensando coa cabeza entre as mans,
camiñando lonxe, lonxe co pensamento
nas cousas infinitas. O poeta dorme
o sono solto.
Soña coas cousas máis bonitas.

A MIÑA TERRA

A miña terra queda no norte de Portugal. É bonita e sosegada. No inverno é moi fría e neva tódolos anos á altura do Nadal e a fins de xaneiro. Eu vou alá de vez en cando cos meus pais visitar a meu avó e a meus tíos.
Ten tres escolas: unha para os nenos pequenos e outras dúas para nenos grandes. ten un Centro de Saúde e un castelo moi bonito, cunha capela e un gran cemiterio ao lado.
Gústame moito a miña terra e só é pena gañar pouco diñeiro nela.
Venme visitar a Montealegre algún día.
Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 23-12-2008 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO LITERARIO NADAL

MODALIDADES:

MICROPOEMAS EN VERSO LIBRE: extensión máxima 5 versos.

MICRORRELATOS: extensión máxima 100 palabras.

OS TRABALLOS ENTREGARANSE ESCRITOS A DOBRE ESPAZO EN GALEGO -A ORDENADOR- E DENTRO DUN SOBRE CON SEUDÓNIMO ( dentro deste sobre virá outro coa identidade e curso do/a concursante).

PRAZO MÁXIMO DE ENTREGA: 5 DECEMBRO
PREMIOS: 1 por cada ciclo: libros, un agasallo sorpresa e a publicación na páxina web e na revista do instituto.

CONVOCA: O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICAS (ENDL) E A BIBLIOTECA

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 08-11-2008 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal