O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS MULLERES DE VERDADE TEÑEN CURVAS

Título orixinal: Real women have curves (As mulleres de verdade teñen curvas)
Ano: 2002
Directora: Patricia Cardoso
Guión: George LaVoo e Josefina López
Música: Emma García de Mantilla e Héctor Pereira

Premios: Sundance 2002: premio do público. San Sebastián 2003: premio do público xove

SINOPSE: Ana, unha adolescente méxico-americana, vive na comunidade hispana do Leste de Los Ángeles, e recentemente acabado o instituto o seu profesor anímaa para que solicite unha bolsa para estudar na Universidade de Columbia. Pero os seus tradicionais pais pensan que non é tempo para estudar, senón para axudar a súa familia. Dividida entre as súas ambicións persoais e a súa tradición cultural, accede a traballar coa súa nai na fábrica de costura da súa irmá, no centro de Los Ángeles.

Proxectouse no salón de actos en versión orixinal con subtítulos, esta película da directora mexicana Patricia Cardoso que trata moitos temas interesantes. Baséase na obra teatral de Josefina López, co-guionista, produto da súa experiencia como traballadora sen papeis nun taller de costura en Los Ángeles, cidade onde transcorre a acción.
O filme trata múltiples temas dende unha óptica feminista: a capacidade de decidir, o valor da cultura e a educación, o enfrontamento xeracional, o desarraigo cultural, o conflito lingüístico, o espertar do sexo, o amor, a explotación laboral, a solidariedade entre mulleres, a aceptación do corpo, o cuestionamento da tradición, a liberdade...

Logo da proxección, que provocou fortes aplausos e callou sobre todo no público feminino, abriuse un pequeno interesante debate sobre a película.

Sen dúbida, esta é unha película para recoñecerse, valorarse e aceptarse, imprescindible para traballar a igualdade.
Comentarios (0) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 06-04-2009 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
A ONDA: CINEFÓRUM


O xoves 19 de febreiro celebramos a 4ª sesión de cinefórum no Salón de Actos do instituto. O público fiel ás proxeccións degustou unhas pizzas artesás elaboradas polo alumnado do PCPI de Cociña e entrenouse para a festa do venres cunhas poses entroideiras. Ao final da proxección, que causou impacto nos espectadores e espectadoras, abriuse un pequeno debate sobre o tema da película: a ameaza sempre presente do totalitarismo. Comprobouse que fráxil é a fronteira que separa a razón da obcecación, a necesidade que manifestan os máis débiles de sentirse integrados e aceptados, o fácil que é manipular, o fácil que é perder o control, os riscos de experimentos para influenciar no comportamento colectivo, a confusión entre didáctica e ideoloxía, o perigo de proxectar frustracións...
Unha película para reflexionar.

A Onda
(Die Welle)

Drama
Alemaña
Duración: 101 m
Ano: 2008

Ficha técnica:
Director DENNIS GANSEL
Reparto
Jürgen Vogel
Rainer Wenger

SIPNOSE
Ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle a idea dun experimento que explique aos seus alumnos cal é o funcionamento dos gobernos totalitarios na Alemaña de hoxe en día. En apenas uns días, o que comeza cunha serie de ideas inocuas como a disciplina e o sentimento de comunidade, vaise convertendo nun movemento real: A Onda. Ao terceiro día, os alumnos empezan a illarse e ameazarse entre si. Cando o conflito finalmente rompe en violencia durante un partido de waterpolo, o profesor decide non seguir co experimento, pero para entón é demasiado tarde.


Comentarios (0) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 25-02-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
PRADOLONGO NA PRÓXIMA SESIÓN DE CINEFÓRUM

Pradolongo

Reparto
Rubén Rios, Tamara Canosa, Roberto Porto, Gonzalo Chao
Director
Ignacio Vilar
Xénero
Drama

Sinopsis
Pradolongo é a historia de tres amigos dá infancia que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous raparigos comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á pizarreira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrígaos a reconsiderar os soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.

AVISO: APRÁZASE A PROXECCIÓN POR CAUSA DA CLIMATOLOXÍA. DESCULPEN AS MOLESTIAS.
Comentarios (1) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 18-01-2009 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
2ª SESIÓN DE CINEFÓRUM: OS NENOS NO PARAÍSO

2ª sesión de cinefórum no IES Lagoa de Antela. Contamos cun público fiel que asiste a estas proxeccións de cine alternativo con vocación de espectador crítico e competente. Na Limia hai moito potencial.
Outro mundo é posible!!


TITULO ORIXINAL Bacheha-Ye aseman (Os nenos do paraíso)
ANO 1999
DURACIÓN 85 minutos
PAÍS
DIRECTOR Majid Majidi

GUIÓN Majid Majidi
MÚSICA Keivan Jahanshahi
FOTOGRAFÍA Parviz Malekzade
REPARTO Amir Naji, Amir Farrokh Hashemian, Bahare Sediqi

PRODUTORA Iranian Institute.
XÉNERO E CRÍTICA


1999: Montreal: Mellor Película. Premio do Público / Drama / Os zapatos da pequena Zhore desapareceron. O seu irmán maior Ali perdeunos. Son pobres, e non teñen para uns zapatos novos. Pero eles dan cunha idea para que Zhore teña os seus zapatos: compartir os de Ali...
----------------------------------------

Comentarios (3) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 18-12-2008 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
CINEFÓRUM CON DOCES

O día 26 de novembro, alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC asistiron á 1ª sesión de cinefórum organizada polo ENDL do IES Lagoa de Antela. Para “endozar” os 90 minutos que durou a película, o alumnado de PCPI de Cociña elaborou uns deliciosos boliños de chocolate, pastas e galletas que foron desaparecendo no transcurso da proxección. Cando rematou a película uruguaia O baño do papa producíronse uns aplausos espontáneos e, a continuación, un minicoloquio. No intercambio de impresións recoñeceuse que sorprendera o tipo de película, que o habitual era ver películas americanas. Con respecto ao contido do filme, aludiuse á dignidade dentro da pobreza, á solidariedade, ás expectativas, á agresividade provocada pola carencia…
Unha experiencia gratificante que esperamos (outra vez as expectativas) continúe.
Comentarios (3) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 26-11-2008 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
PRADOLONGO: CINE EN GALEGO


O verán presentábase como todos os demais, con festas, tardes no río, excursións a Pradolongo...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar.Pero pode que ese lugar agache un tesouro económico... Dous irmáns, Roi e Martiño, posúen visións diferentes sobre a vida. Tres amigos dende a infancia, Armando, Raquel e Martiño, que se enfrontan aos retos dunha vida adulta: as responsabilidades, os desenganos, a rivalidade no amor...
Os vínculos da infancia comezan a abanear...
Comentarios (1) - Categoría: CINEFÓRUM - Publicado o 27-04-2008 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal