O alumnado de 4º de Diver recolleu un montón de cogomelos e montou unha exposición no corredor. A actividade foi coordinada pola súa profesora Mar Fernández.
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Lagoa de Antela rexeita as calumnias enviadas á prensa sobre os valores educativos do noso centro e lamenta que moitos medios se fixesen eco destas infamias sen contrastar a información, contribuíndo así aos fins propagandísticos que se perseguían con este ataque. Unha vez máis declaramos sentirnos orgullos@s de educar para a tolerancia e os valores democráticos e seguiremos nesa liña, desempeñando as funcións e cumprindo os obxectivos que marca o noso proxecto educativo.
CRONICA ACTIVIDADE OBRADOIRO DE HIP-HOP CON GARCIA MC, por Héitor Colmenero
Nesta ocasión tivemos a ocasión de recibir clases dun dos grandes do panorama do hip-hop na Galiza, Serxio Regos, máis coñecido por García MC.
Nunha intensa hora aprendemos a historia do hip-hop, dende os seus comezos no barrio do Bronx en Nova Iorque, na Zulú Nation inaugurada por Áfrika Bambaata, pai do hip-hop ata os actuais scratches impulsados por Kool dj Hearth. Falounos un pouco das catro vertentes principais da cultura da rúa: o rap (MC'ing), o break dance, o grafitti e o Dj'ing.
Finalmente e para por o broche de ouro a esta estupenda xornada fixonos un ?mini-concerto? cun dos seus temas nos que musicaliza os poemas de Celso Emilio Ferreiro, Camiño a pé.
Nesta xornada puidemos ver como un dos mais grandes na movida do hip-hop era un home moi humilde e cercano cos seus fans entre os cales me considero o número 1!
Nada máis para dicir, simplemente ver as fotos e o vídeo, porque seica din que unha imaxe vale mais que mil verbas.
Inauguramos o curso 2010-2011 cun vídeo do programa do "Ben Falado" ao que chegamos a través de Xela, a coordinadora do IES Julio Prieto Nespereira, vía Noia.
Emociona, de verdade.
O ENDL agasallou a membros do club de lectura, participantes nos distintos recitais e asistentes ás lecturas cunha bolsa que contén un verso de Uxío Novoneyra alterado: "Chove pra que eu soñe...".
Grazas a todas e todos, ás persoas que posaron para esta foto e ás que non saen pero "chuparon cámara" en moitas outras ocasións.
MIL PRIMAVERAS PARA A LINGUA, NOSAS SON AS PALABRAS DE ÁLVARO CUNQUEIRO.
O alumnado de teatro posibilitou esta versión videográfica dunha historia do libro A lenda da Lagoa de Antela, de Delfín Caseiro.
Algunhas fotos son de Tomás García, outras, que pertencen ao pasado, están tiradas de internet e as de ficción pertencen á que escribe.
O galego tamén se aprende fóra de Galicia. En Croacia e Xapón temos dous exemplos. Chegamos a eles a través do blog amigo A ghaivota, do Monte Carrasco.
A semana pasada, semana da non violencia, proxectouse nos recreos e nalgunhas sesións lectivas a curta X nada, coodirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións e que constitúe un alegato contra a violencia na mocidade.
Un rapaz é agredido por unha panda de xoves só por cruzarse no seu camiño. A falta de responsabilidade dos pais na educación do seu fillo, a quen consenten todo, crea un subproduto deshumanizado que procura o respecto a través do exercicio da violencia. O papel dos pais na educación dos fillos, o valor do superfluo, a cultura de ter, a ausencia de obxectivos na vida, a falta dun sistema de valores son algúns dos temas que agroman nesta curta. Paga a pena vela? e reflexionar.
Estas son algunhas cuestións que se debateron nas sesións de proxección:
1. Cres que hai algunha mensaxe nesta curtametraxe? Cal?
2. Que sentiches ao ver algunhas escenas? (impotencia, rabia, pena, vergonza allea, dor, desacougo?).
3. Como é a relación dos dous mozos coas respectivas familias?
4. Que hábitos ten o agresor?
5. Cales cres que son as causas que provocan o comportamento do agresor?
6. Cres que a reacción dos pais no xuízo é correcta?
7. Que se debería ter feito para evitar comportamentos/accións coma esta?
Atopamos este telexornal realizado polo alumnado de 6º de primaria do CPI Xanceda d'A Coruña. Por certo que tamén seica levaron un premio no OUFF Escola.
O martes rcolleremos o premio que recibiron os nosos alumnos e alumnas de 2º e 1º de BAC. Noraboa ao noso alumnado e ao do CIP de Xanceda.