Xurxo Alonso e Guillermo Arcos entrevistaron a avoa de Xurxo, Pepa, que contou a súa dura infanci; a chegada dos "laguneros", nome que lles daban aos que traballaron na desecación da Lagoa de Antela; e algunhas historias da posguerra, como a dos "atracadores", nome que lles daban aos guerrilleiros coma Camilo de Diós.
Xunto co departamento de Plástica e o equipo da biblioteca o EDLG organizou unha exposición de fotos da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson no corredor da biblioteca. Todos os grupos da ESO e 1º de BAC visitaron a exposición e responderon un cuestionario adaptado por niveis sobre as fotografías e outros apartados relacionados coa época e con personaxes femininas relevantes da historia galega. Con este exercicio o alumnado aprendeu a traballar en equipo, a procurar información na biblioteca, na web, a "ler" imaxes do noso pasado e fixarse nos pés de foto. Foi unha experiencia moi gratificante.