O FALAR NON TEN CANCELAS


ENDL IES Lagoa de Antela

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOCUMENTAL 100% CEF
100% CEF é un magnífico documental sobre o poeta de Celanova, dirixido por Aser Álvarez, irmán do noso compañeiro de Filosofía Luís. Recibiu este ano o premio ao mellor documental nos "Mestre Mateo".
Entrevistas, recitados, poemas rapeados... a mestura de elementos diversos converten o documental nun produto audiovisual atractivo.




Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 13-04-2013 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
LIPDUB DO IES CHAPELA "EU FALAREI"
Impresionante lipdub do IES Chapela sobre a lingua, emociona. Parabéns áspersoas que o fixeron posible, sobre todo a Aldán, que é un dinamizador excelente.




Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 06-07-2012 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
A CARAVANA VILAMOR CHEGOU A XINZO

Tivemos a oportunidade de ver e escoitar o martes a xente que participou na rodaxe desta película galega. Falaron o director, Ignacio Vilar, e os tres actores protagonistas: Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel Yáñez. Coas súas anécdotas, o alumnado e o profesorado botamos unhas risas e ademais coñecemos como funciona o mundo do cine. Polas reaccións está claro que a súa proxección en Xinzo vai ser un éxito.
Acompañounos na promoción a nosa antiga alumna Alba Prol, que xa nos veu dar dúas charlas sobre a linguaxe dos medios de comunicación e que nesta ocasión exerceu de fotógrafa.
Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 17-05-2012 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOS PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
O noso compañeiro celanovés Xosé Manuel elaborou este magnífico vídeo sobre a figura e obra de Celso Emilio Ferreiro. Inclúense as voces de alumnado e profesorado do instituto. Á beira rescatamos un vídeo elaborado por antigos alumnos deste centro (Miguel, Cristian, Xosé e Anxo, como se vos lembra!) sobre un poema do poeta de Celanova. No blog lector imos colgar outro videopoema de Celso Emilio Ferreiro e convidámosvos a que vexades o vídeo sobre o relato de Manuel Rivas "A barra de pan", paga a pena.




Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 14-05-2012 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
O FILME VILAMOR INICIA A SÚA PROMOCIÓN

A ‘Caravana Vilamor’ inicia a promoción da longametraxe de Ignacio Vilar por toda Galicia.
A película está baseada na vida da comunidade hippi que se instalou nunha aldea do concello de Negueira de Muñiz na década dos 70.

SIPNOSE

Breixo, un mozo altruísta cheo de boas intencións, atópase cos habitantes dunha comuna aparecida nas inmediacións da súa aldea, ao outro lado do río. Malia a súa cercanía ás forzas vivas da vila, Breixo déixase seducir polo ideal dun estilo de vida alternativo, e axúdalles aos mozos comunieiros a recuperar a aldea perdida de Vilamor. Sen propiedade privada, traballando na terra e en total comuñón coa natureza, o soño comeza a facerse realideade, a pesar dos contantes ataques das autoridades locais. O horizonte dun mundo novo debúxase nas montañas perdidas de Galicia.

Pero todo se complica cando Breixo se namora perdidamente de Sonia, unha das habitantes da comuna.

Equipo técnico:

Dirección: Ignacio Vilar

Guión: Carlos Asorey, Ignacio Vilar

Produción executiva: Daniel Froiz

Música: Zeltia Montes

Dirección de fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi”

Son: Xavi Souto

Dirección de arte: Curru Garabal

Montaxe: Guillermo Represa

Xefe de produción: Alberto Tomé

Foto fixa: Xurxo Lobato
/div>


Trailer Vilamor from Vilamor on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 28-03-2012 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
O AMOR E A LINGUA NUN VÍDEO DO IES AS BARXAS
Precioso vídeo que confeccionaron no IES As Barxas de Moaña sobre o amor e a lingua. Parabéns a todas as persoas que participaron neste proxecto. Así dá gusto!


Ámote from Seso Durán on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 15-02-2012 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LENDAS EN V TELEVISIÓN
Novas lendas en VTelevisión. Unha de Bóveda, en Lugo, onde existe un lugar que se chama a Pena da Moura, igual que nalgunhas zonas d'A Limia; e outra sobre a mítica Santa Compaña, a procesión de ánimas que vaga por toda a nosa terra.




Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 29-01-2012 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
«Lendas Vivas» A moura do castelo de Negros
As mouras e os castros son o tema deste novo programa de Lendas Vivas, de V Televisión.
O imaxinario popular conecta o inframundo co mundo externo a través destes seres míticos que viven nos castros.

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 15-11-2011 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
MAGNÍFICO LIPDUB DO COLE DE CEA
Unha marabilla en todos os sentidos, noraboa a todas as persoas que fixeron posible este proxecto. Que nivel!
!

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 09-11-2011 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
«Lendas Vivas» Santa Mariña de Augas Santas
«Lendas Vivas» Santa Mariña de Augas Santas en V Televisión.

Unha lenda con raíces limiás da veciña aldea de Santa Mariña de Augas Santas, pertencente ao concello de Allariz. Neste capítulo relátase e escenifícase a lenda.

O culto á auga, ás pedras e ás árbores polos habitantes destas terras antes da chegada dos romanos maniféstase en construcións de orixe precristiá en paraxes naturais únicos, ateigados de penedos, castiñeiros, carballos e mananciais. A tradición cristiá apropiouse deste culto e reconverteuno. O caso de Santa Mariña de Augas Santas é un exemplo.



Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 05-11-2011 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
A MULLER LAMPREA DO IES AS BARXAS CONTRA A PERDA DAS LINGUAS
De trafegando ronseis "roubamos" este vídeo realizado polo alumnado de 1º de ESO do IES As Barxas sobre o valor das linguas. Precioso! Parabén para profesorado e alumnado por este traballo

Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 30-03-2011 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
BASES PARA O VIII FESTIVAL DE CANS
Xa están colgadas as bases para a presentación de curtametraxes ao VIII Festival de Cans que se celebrará do 18 a 21 de maio deste ano.

A Asociación Cultural Arela abre o prazo de admisión de curtametraxes para a súa selección para participar na VIII edición do Festival de Cans.

As bases son as seguintes:

1.As curtametraxes que se presenten deben ser curtametraxes galegas dos anos 2009, 2010 ou 2011. A efectos de participación neste festival, por curtametraxes galegas enténdense pezas producidas por produtoras de Galicia, feitas en Galicia ou cux@ director/a sexa galeg@.

2.Establécense dúas categorías a concurso:

a.curtametraxes de ficción;

b.curtametraxes de animación

O certame admite ademais todo tipo de curtametraxes que poden ser incluídas noutras seccións fóra de concurso.

3.A duración de cada curtametraxe non superará os 30 minutos.

4.Establécense os seguintes premios, coa dotación económica que se indica:

1. premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: 1.500 € e Can de Pedra;
2. premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: 1.500 € e Can de Pedra;
3. premio do público á mellor curtametraxe de ficción: 1.000 € e Can de Pedra;
4. premio do público á mellor curtametraxe de animación: 1.000 € e Can de Pedra;
5. premio do xurado á mellor actriz: Can de Pedra;
6. premio do xurado ao mellor actor: Can de Pedra.

5.As curtametraxes deben enviarse antes do 15 de marzo de 2011 ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Arela

Aptdo. de Correos 232

C.P. 36400 O Porriño (Pontevedra)

Máis información na páxina web do Festival.
Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 09-02-2011 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
MAR LIBRE NA TELEVISIÓN DE GALICIA
O martes estreouse na Televisión de Galicia a 1ª parte dunha superprodución galega, Mar libre, que relata unha historia de amor, opresión e liberdade ambientada na costa galega de finais do século XIX. O traballo dos actores e actrices é excelente e a nivel lingüístico é moi interesante pois trata de ser fiel á realidade.

O martes vindeiro proxéctase a 2ª e última parte.




Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 16-12-2010 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
NACE UNHA NOVA CANLE AUDIOVISUAL EN GALEGO

A través de Medrar en galego acabamos de saber que naceu unha nova canle audiovisual que ten como obxectivo producir contidos televisivos que promovan o uso e coñecemento do galego: LinguaGalega.TV.

Recomendamos ao alumnado de 1º de BAC, xa que estamos co tema da toponimia, o programa Os nomes da lingua do espazo A lingua na sociedade en que intervén Gonzalo Navaza, unha autoridade en materia de toponimia.


Dámoslle a benvida a esta iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 13-12-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
A TROPA DE TRAPO
Recomendamos:

A tropa de trapo: cine de animación para cativ@s.



Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 12-12-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO DA MEMORIA, PREMIO AMAL EXPRESS
A nosa benquerida Ana Barxa, onte alumna deste instituto, hoxe universitaria, mándanos esta referencia a un vídeo que trata a enfermidade do Alzheimer: Camiño da memoria, de Alberte Mera, premio Amal Express.

Un saúdo para ti, Ana, e para toda esa xente que navega noutras augas sen esquecer estas.


Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 01-11-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
TRAILER DO DOCUMENTAL DAS CANDONGAS DO QUIROMBO SOBRE A MEMORIA LINGÜÍSTICA
Este é un avance sobre un documental que esperamos ver e escoitar en breve sobre a memoria da nosa lingua. Nestes tempos difíciles convén botar a ollada ao pasado e reflexionar sobre o presente da nosa lingua que, vítima de ataques ignominiosos por parte dalgúns sectores, corre o risco de desaparecer. Nas nosas mans e, sobre todo, nas nosas bocas, está evitar que se consuma este lingüicidio, algo que non logrou a longa noite de pedra da ditadura.

Parabéns para o traballo das Candongas do Quirombo.


Comentarios (1) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 23-10-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEOS DE FLOCOS
De flocos (espazo web para vídeos galegos) escollemos estes vídeos interesantes.













Comentarios (0) - Categoría: AUDIOVISUAL - Publicado o 19-10-2010 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal