lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

19 de Septembro do 2023, martes

Subidas nos Durans é A Vilagarcia de onte.
En portada imaxen de unha regata na nosa ria que coma sempre luce esplendida.
Bos dias, os que estades anotados a o viaxe do proximo sabado estade atentos as indicacions que imos dar.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2023 08:59
!Canto o sentimos¡ Finou Manolo Reigada

E non nos enteramos, sentimolo moitisimo, con Manolo nos coñecemos nos fragores da batalla politica, por suposto en trincheiras distintas, pero respetandonos, creo que tamen apreciandonos. Durante un tempo debido a circunstancias persoales veiamonos a diario. Unha cabeza prodixiosa,e sensata. Vilagarcia perdeu hoxe un fillo especialmente intelixente.
Sentimolo, profundamente.
O noso sentimento, o noso pesame a Maite, os fillos, netos en definitiva a toda a familia pola ausencia definitiva de Manolo Reigada.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-09-2023 18:32
Que sexa bonito Jaime

Fai anos que naceu Jaime, dia moi grande na casa de Lolita Esther e o seu home, de esas cousas que hai que seguir a celebrar toda a vida.
Jaime é bizneto de Manolo Ramos un home que tivo a responsabilidade de patronear barcos de vapor por eses mares europeos, en datas dos anos vinte.
Jaime, comparte co seu abó a responsabilidade de levar nas suas mans outro vehiculo importante trasladando seres humanos, Jaime é conductor de trens.
Parabens Jaime, boa data, a ser feliz, como mereces.
Como nos contou unha paxariña os teus gustos musicais, ahi vai o noso agasallo, o Bowie canta para ti.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2023 09:02
18 de Septembro do 2023, luns

Subidas todas en TERRA DE ARTISTAS, RUBIANS E A ILLA DE CORTEGADA.
En portada, fotografia da Pobra do Caramiñal donada a O Faiado da Memoria por Manuel Fernandez Pou. A fotografia pertenece a un pequeno arquivo gardado con moito cariño polo seu pai, coñecido polo Comandante Sotomaior.
Escomenzamos seman, bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2023 08:46
UN VILAGARCIÁN CAMPEÓN DA VOLTA A GALICIA

Os de O FAIADO DA MEMORIA tomámonos a mañán do domingo para andar tralos ciclistas que corrían a 21 Volta a Galicia.

Dende a primeira das etapas ía en cabeza, vestido co maillot amarelo, un vilagarcián, Martin Rey.

Na última etapa, Pontevedra-Pontevedra, estivemos vendo a carreira, primeiro, na curva da Goulla, logo fumos ao Lago de Castiñeiras e rematamos na meta situada na praza de España en Pontevedra.

Encantóunos a carreira, o Martín é un valente. Tivoo moi difícil no día de hoxe, pero superou todas as dificultades.

Promete moitísimo, talla ciclista, madeira de campeón.

Na foto co seu Pai, na meta, abrazados, emocionados.

Noraboa a el, ao seu equipo, ALUMINIOS CORTIZO de Padron, a sua familia e amigos.

Vilagarcia ten un novo CAMPEON precisamente no ano en que a Volta lle rendía homenaxe a outro campeón e tamén vilagarciano: Gustavo César Veloso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2023 21:37
17 de Septembro do 2023, domingo

Subidas en TRADICIONS E ACTOS, celebramos unha pequena exposicion adicada a inauguracion da via do tren entre Cornes e O Carril. Adicada a os homes e mulleres que fixeron posible contar na actualidade con trens que posibilitan feitos na vida cotidiana impensables, como quimeras, utopias como tal irrealizables.
En portada Manuel Rodriguez, un dos asentadores.
Manuel Rodriguez naciu na parroquia caldense de Godos en el año 1879 y comenzó su trabajo en Renfe no ano 1895,casado con Manuela Eire Cerviño¬, de Caldas ,tiveron seis fillos ,Otilia ,Manolo, Dorinda ,Carmen, Delia, Sindo e Luis .O seu segundo fillo,Manolo, foise para Argentina traballou neste país como jefe de estación dos ferrocarriles en Buenos Aires e o más novo, Luis, falleceu prematuramente de difteria.
Manuel de oficio sobreestante, como se denominaba na época .tuvo tanscurrido o tempo unha gran responsabilidad en cuanto ao mantenemento da línea férrea xa que sobre él caía todo o peso no referente a conservación e inspección da línea Tuy-Vigo-Redondela-Pontevedra-Vilagarcia-Santiago y Coruña. Un de seus irmans era casualmente capataz .Os capataces se adicaban exclusivamente a inspección de un de dos tramos citados.
En aqueles anos cando as maquinas chegaban de Cornes a Vilagarcia, pernoctaban na mesma estación, para facer ao día seguinte o recorrido inverso. Como non había posibilidad de xirar a maquina tiñan que colocala ao final da via sobre unha gran placa xiratoria perfectamente engrasada co esforzo de duas persoas, colocabana no sentido que tomaria a maquina do tren. para o viaxe de retorno.
Na extensa finca de Renfe se construirían os primeiros almacens, en eles guardaban todas las piezas de recambio necesarias para el mantenimiento de toda la vía férrea desde Tuy hasta Coruña, traviesas, tornillos, engranajes etc, e no mismo almacén unha parte habilitada como vivienda en la que residía Sr. Manuel pues ésta era de uso exclusivo para los sobreestantes. Con los años y una vez derrumbados para su nueva construcción, se trasladaría con su familia a una de las casas aún existentes de los jardines de Artimez donde vivió doce años y donde también al parecer se encontraba la primera empresa de curtidos que existió en Vilagarcia, posteriormente se trasladó para las casas de Renfe situadas en el veinticinco, allí durante diez años y al final decidió volver a su casa anterior enfrente a la playa Compostela
Comentario por O FAIADO DA MEMORIA (14-11-2009 23:00)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-09-2023 07:53
Foise Pili Diz

Porqué o tempo transcurre cada dia, inexorablemente cae enriba de nos, ainda non se inventou nada para paralo, que non desaparezcan da nosa vida as persoas que queremos.
Nosoutros, nesta casa queriamoslle a Pili. A Marivi,a Luis Castroman o seu marido, compañeiro de vida, a Mary, a Jose Carlos. Como si foran da nosa familia. Pero non nos libramos de esto, a vida non se pode comprar.
A Juan Luis o seu fillo, a os netos, Pili era unha enamorada dos seus netos, as suas irmans, Rosi e Maribel a toda a familia.Facemos unha parada especial pra enviar unha aperta a Maribel, sua irman querida.
Que sigamos mantendo a memoria de Pili con todos nos
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-09-2023 19:16
Maria del Carmen Prieto PARABENS

Moitas felicidades, bo dia, xa sabes que SEMPRE desexamoste boas e maravillosas vivencias, como mereces, xa o celebraremos xuntas.porqué os cumpreanos hai que celebralos
Unha aperta moi forte
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2023 07:23
16 de Septembro do 2023, sabado

Todas as subidas en TRADICCIONS E ACTOS
Estamos a celebrar desde O FAIADO DA MEMORIA, o aniversario, os cento cincoenta anos da inauguracion do ferrocarril no noso lugar.
En portada a familia Furelos, o pai jefe da estacion, tamen da vella, como referencia decir que unha das fillas casara con Petinal.
Agradecemento a todas as mulleres e homes traballadores, non esquencemos a os que chegaban as sete da mañan en bicicleta a os talleres.Chegaban de Bamio, Catoira... No inverno mais cruel, con frio, choiva, vento, alguns traian con eles algun fillo que facia tempo como podia para entrar as nove na escola.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2023 07:14
Finou Chicho Ricoy

Quedará sempre con nós, Chicho formou parte daquel equipo de personas que nos contaron as súas vivencias, a súa infancia e adolescencia, nunha Vilagarcía distinta.

Formaron parte do noso documental, DESDE DENTRO DO CORAZÓN, estrenado no ano 2013 conmemorando a unidade dos concellos do Carril, Vilaxoán e Vilagarcía.

Celestino Vilar, mais coñecido como Chicho Ricoy na Memoria de TODOS.

O noso agradecemento e respeto.

Unha aperta a Teté e a o resto da súa familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-09-2023 22:25
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0