lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Na memoria de Loli Mora

Loli finou no dia de hoxe deixando tras si un longo valeiro, o da sua familia, o inconsolable dor do seu home Julio, noso querido Julio, tan apegado a Loli, o dos seus fillos, noras, netos, a presencia de Loli era moi importante no entorno familiar, Vilagarcia perde unha veciña a que se lle deben moitisimos coidados a os enfermos do ambulatorio, unha boa profesional.
Que o mar de Arousa sexa compañeiro de Loli na ultima viaxe. Paz e consuelo para a sua familia. O noso sentido pésame e cariño.
Comentarios (66) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 20:02
Preciosa fotografia

Aboiña ca mirada chea de orgullo e cariño polo neto querido.
As subidas hoxe son en Sobradelo e Cea Castroagudin
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2021 08:40
Finou Blanco Mariño

Veciño da rua das Mulatas no entorno entre San Jose e a Caldihuela, Manolo traballou nos talleres da Renfe, como forma de homenaxe, as palabras adicadas a sua figura de Cruz Lopez A familia de Blanco Mariño o noso sentido pesame.
Conservo un par de fotos daquel día, do que xa pasaron máis de 20 anos.
Manuel estaba feliz.
Acompañábao na presentación do seu poemario, o seu admirado Xesús Alonso Montero.
Traballador como carpinteiro nos talleres da Renfe en Vilagarcía, de escasa formación académica, pero amante dos clásicos e autodidacta, publicou a súa obra durante máis de 40 anos nos principais xornais galegos, na revista Galicia da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, en programas de festas, revistas, folletos…
Foi da man do profesor Alonso Montero pola que eu cheguei á figura de Blanco Mariño, como traballo final de carreira. Espertara a miña curiosidade aquel poeta que, nunhas coordenadas socioeconómicas e culturais tan pouco favorables, teimara en facer da poesía a súa arma de combate fronte a inxustiza social, e tamén, porque a diferenza doutros autores coetáneos, Blanco Mariño escribiu a totalidade da súa obra en galego.
Ese traballo académico foi o alicerce de Sentimentos da alma galega, o libro que, no ano 2000, publicou e presentou o concello de Vilagarcía (as fotografías son dese acto), a raíz dun artigo do profesor Xesús Alonso Montero no que conminaba a recompilar esa obra espallada,.
Con ilustracións de Xaquín Chaves, limiar e edición ao meu coidado, presentamos no verán do ano 2000 unha humilde antoloxía poética que recolle parte do seu poemario, publicado ou inédito, ao longo de máis de 50 anos.
Foron moitas as horas de conversa compartidas, de lectura, revisións de poemas, correccións, apuntamentos, transcrición de textos… e tamén o comezo dunha amizade que se prolongou ao longo da vida.
Asinou varios dos seus poemas como o poeta carpinteiro , ou o poeta proletario. Gustáballe definirse como un poeta de denuncia.
A miña voz cando eu morra
ha de seguir camiñando
ha de vivir entre a xente
contra a inxustiza berrando (…)
Desde novo foi un obreiro da palabra, un artesán da poesía, que converteu na súa principal ferramenta para denunciar a opresión da clase traballadora: labregos, mariñeiros, obreiros, xunto a outros temas como a emigración, o capitalismo feroz, a pobreza, a inxustiza social, as desigualdades… nun momento no que, como o mesmo autor definía, “a verdade na palabra era delicto”. Sen baixar a cabeza perante o franquismo, nin a censura da época, que petou en varias ocasións nos seus versos.
Non lle tremeu a man ao escribir louvas, en plena ditadura, a Fidel Castro ou a Federico García Lorca ou a denunciar o espolio dos nosos recursos como refire no poema de 1966 sobre a represa de Castrelo do Miño:
(…) O camiño do progreso
asulaga a nos aterra
comendo as mellores veigas
e sen deixar rastro delas (…)
(…) Nin que os galegos naceran
para emigrar a outras terras!
Sendo Galicia tan rica
que pobre é quen nos goberna!
Coa súa primeira publicación no ano 1961 en La Noche, este vilagarcián de adopción inicia unha andaina literaria que será recoñecida por intelectuais como Alonso Montero ou Méndez Ferrín, quen na súa obra, De Pondal a Novoneyra, o integra na chamada Promoción de Enlace, constituída por poetas nacidos entre os anos 20 e que constitúen un elo, aínda que feble, entre a xeración do 36 e a terceira xeración do século XX.
Polos seus versos de denuncia nunha longa época de cabezas baixas e silencios, polos poemas moitas veces xostregados pola censura, pola valentía do que non se arredou ante as circunstancias merece que a súa voz non fique no esquecemento.
A historia local debería formar parte do currículo escolar, por iso me gustaría reinvindicar o coñecemento, cando menos na nosa contorna, da figura de Manuel Blanco Mariño, porque, como ben apuntaba o profesor Alonso Montero, xa “facía excelente poesía social en Galicia antes de Longa noite de Pedra (1962)”.
Na súa memoria,
Manuel Blanco Mariño
(Iria Flavia, 1929- Vilagarcía, 2021)
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 07:44
Vida vivida

“Regalo de memoria” é unha forma de chamarlle a un libro, a unha serie documental e a outras accións que queren darlle utilidade aos recordos a través das experiencias humanas.

No libro do mesmo nome, o seu autor, Ghaleb Jaber Ibrahim, membro dunha familia numerosa na Palestina dos anos cincuenta, séntese en débeda coa súa irmá Karime, a súa alter ego na infancia e o seu gran apoio na adolescencia; o Alzheimer tena atrapada nunha burbulla de esquecemento que manexa os fíos do día a día da familia desde hai décadas, pero el non se resigna a que ela se vaia disipando no tempo, como area das dunas do deserto.

Nun xesto de amor infinito, Ghaleb Jaber narra para a súa irmá como foi a súa vida antes de que a terrible enfermidade deixásea sen presente, sen futuro, pero sobre todo sen pasado. Negándose a aceptar o irremediable, el recrea para ela as pasaxes familiares máis intensos e dos que os dous foron protagonistas para que no seu inabarcable soidade, no seu silencio máis impenetrable, Karime poida sentir, aínda que só sexa un instante, a calor do seu amor incondicional, do seu amor puro.

Fiel á estrutura creativa da tradición oral árabe, “Regalo de memoria” é unha recompilación de relatos tenros, persoais, descarnados en ocasións pero cheos de verdade e sentimento. Un paseo guiado polos recordos e vivencias dunha familia humilde e traballadora que non parou no seu empeño, no seu soño de prosperidade.

Regalo de memoria é, en si mesma, unha dádiva literaria pletórica de sensibilidade, de sentimento, de humanidade... de vida, á fin e ao cabo.

Con este fío argumental, Ghaleb enlaza cos seus máis de cincuenta anos de vida nesta terra e por qué se considera un “galego por dereito”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2021 10:02
Compañeiros de Xuzgado

E unha fotografia que reflexa o homenaxe que se fixo a Florentino Espina funcionario de Xustiza no Xuzgado de Vilagarcia instalado nos baixos do concello.Con Espina, Pomares, abogado.
A subida do dia e en TASCAS ULTRAMARINOS E TIENDAS, tamen en PERSONAS RECORDADAS.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2021 08:24
Ghaleb, e a Fundacion Araguaney no Faiado da Memoria

O dia 1 de Outubro as oito e media da tarde. Non faltedes.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-09-2021 13:39
Entrou o Otoño

E despedimos a o vran que tan mal se portou coa xente que facemos Faiado a diario, que se levou a Adolfito e nos deixou con unha tristeza infinita. Por certo o que non entenda o noso amor polos seres que viven con nos que se vaia de esta paxina, non nos vai a entender.
Hoxe facemos unha subida mais amplia pola escasez de estos dias, ampliamos arquivos en FAMILIA, POSANDO, RUBIANS
e A ILLA DE CORTEGADA.
Bos Dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2021 08:17
Hoxe non podo ca vida

Nos deixou para sempre Adolfito, un dos nosos gatiños, enamoreime de el fixo en Xullo dous anos, o deixaron tirado na rua, desde aquela alimentabamolo a diario, sempre pensamos en el pra levalo pra o Faiado, entre outras cousas porque Adolfito non se integrou na colonia, andaba a sua bola como un sabio despistado. O dia 27 de Xaneiro Antonio foi capaz de cazalo, logo de facerlle unhas probas e esterilizalo veu a tomar posesion do seu mundo, O FAIADO DA MEMORIA, chegou o un de Febreiro, por suposto que era o amo, recibia a xente na porta, todo o que habia de portas para adentro era da sua propiedade.
En fin, tamen imos a ser positivos, nunca nadie foi tan querido, nunca nadie foi tan chorado, cargado de amor, como o que Adolfito transmitia.Temos que recuperarnos de tanto dor, foi especial nas nosas vidas.QUEREMOLO, para sempre
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2021 08:23
Familia Perez Galban

Felicitamos con esta fotografia a Ana de Vilaxoan, filla de Maria e José, o ferreiro de Faxilde, Ana esta no dia de hoxe de cumpleanos e con esto desexamoslle moitas felicidades
A subida do dia atopamola na VILAGARCIA DE ONTE e MULLERES E TRABALLO.
Feliz luns, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-09-2021 07:49
Club de Leones

Non sabemos si esta organizacion sigue a funcionar no resto do pais, en Vilagarcia xa non funciona, a fotografia e dos tempos donde se organizaban actos pra sacar cartos e tapar algunha carencia. Na fotografia Jose Luis Nogueira, Manolo Trigo, Luis Viqueira.
A subida na VILAGARCIA DE ONTE E VILAXOAN.
Bos dias ata mañan.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2021 08:12
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0