lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Chegou Martina

Martina e a neta de Margarita Coello a primeira filla de Lidya e Uby, naceu no dia de hoxe as sete e dez da maña. Martina e a felicidade da familia desde hoxe, fixo esperar a todos, como as cousas grandes da vida...pero chegou. Familia no Faiado celebramolo, tamen e un pouco nosa, desde Vilagarcia moitos bicos.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2016 22:07
Disque vai ser un dia de moito calor

Rematando a primeira seman de Septembro, foi un vran bonito con moi bo tempo xa vira o inverno que nos colocara no seu sitio. Tamen esta a chegar o tempo do cole, dos gastos dos libros a ver cando neste pais se considera a educacion unha necesidade e non un luxo. Bos dias, lembrade que a nosa exposicion Ecos de Cortegada se pode ver no Gato Negro do Carril, e que o noso libro PEDALEANDO POR vILAGARCIA, sigue a venda en libreria Nobel e en Make Notes.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2016 08:31
Gustaríanos contar coa vosa Memoria.



Gustaríanos contar coa vosa Memoria.

Xa sabedes que levamos un tempo realizando o novo documental sobre memoria oral que leva por título EU TAMÉN NECESITO AMAR e que fala dos sentimentos das mulleres no tempo que vai desde os anos cuarenta hasta os setenta.

Por mor de outras actividades que se nos foron cruzando polo medio neste ano, entre elas a confección e montaxe da exposición ECOS DE CORTEGADA e o libro PEDALEANDO POR VILAGARCÍA, tivemos que ir deixando de lado. Pero agora, xa rematados estos, volvemos as andadas.

Pero queríamos pediros un favor, fácil e sinxelo:

Si eres muller e teis mais de setenta anos (ou comenzaches a ter amorios antes dos anos setenta) eres a nosa candidata. Pero si eres filla ou neta dalgunha podes axudarnos a que fale con nos para que as súas lembranzas podan ser gravadas por O Faiado Da Memoria.

Poros en contacto con nos polos medios habituais, ou mesmo deixando recado aquí para contactaros.


Gracias por atender e compartir, no posible.


FACEBOOK DE EU TAMÉN NECESITO AMAR
A PÁXINA DO DOCUMENTAL
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2016 22:52
Recibindo visitas

Desde o Gato Negro nos contan que a Exposicion ECOS DE CORTEGADA ten unha marea de visitas e nos…¡Encantados¡ Xa contamos que foi un soño o poder creala,…ahí esta no Carril hasta o trinta de Septembro que logo iniciara un periplo polos colexios e institutos donde se acercara a historia dos poboadores, a historia da propia Illa a os nosos nenos e xovenes. Non perdades ocasión de visitala no Gato Negro do Carril…por certo os domingos pola tarde podese ver a Exposicion pero non os videos porque están colocados nunha sa na que se celebra unha actividade os domingos pola tardiña. Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2016 07:39
O noso libro esta a venta

PEDALEANDO POR VILAGARCIA podese mercar en Make Notes situada na rua Ramon e Cajal, na libreria Nobel en Edelmiro Trillo e na propia casa nosa. E o noso primeiro traballo como publicacion e agradecemos a sua compra.Mercao, non esquenzas.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2016 08:51
Benvido Septembro

Antes era un mes intimo recollido, os de Vilagarcia quedabamos sos, no barrio da Prosperidade pechaban as casas hasta o ano seguinte, logo era o tempo das mantidas de aquelas mulleres da Galicia interior que viñan tomar os baños a vila, tamen eran tempos de arder os montes os vellos decian aquelo..."En Septembro arden os montes e secan as fontes"Era unha vision fatalista do momento pero tal cual.
Pois nada, a disfrutar do actual mes, ainda queda moito tempo de vran polo tanto a vivilo, aproveitalo, bos dias moita saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2016 08:00
[1] 2
© by Abertal