lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

AMORES

Pequena carpeta, para millorar.

Fotos 33

Fotos con comentarios 27

Fotos sin comentarios 6

Total comentarios 74
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2012 16:59
A VILAGARCIA DE ONTE

Considerada polos blogueiros o buque insignia da foto- blogoteca.

FOTOS 805

Fotos con comentarios 573

Fotos sin comentarios 232


Total de comentarios 2920
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2012 08:43
A PRAIA COMPOSTELA

seguimos ofrecendovos os datos do blog, por suposto con variacions arriba ou abaixo, imos poñerlle a data e nome de "O BLOG EN SEPTEMBRO DO 2012". Onte por exemplo quedou a o cen por cen de comentarios o arquivo de Cortegada, soio faltaba un comentario e onte o fixo a nosa blogueira Marite. Da gusto con ela, non coñece a casi nadie, pero esa cabeziña nunca ten problemas para atopar as frases adecuadas en cada imaxen.

Imos cos datos


FOTOS 65

COMENTADAS 53

SIN COMENTAR 12

TOTAL 179 COMENTARIOS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2012 08:20
A LAXE

A Laxe como todolos barrios hai que milloralos, tamen a sua xente hai que ir a vela e contarlle o que facemos.

Ten 41 fotografias

Comentadas 30

Sin comentar 11

Comentarios 87

Antes de continuar decir algo. Casi este traballo esta unha persoa facendo a os poucos, Antonio esta traballando como un tolo en palabras maiores, e decir o documental "Desde Dentro do Corazon" e creando o Museo do Mar de Porto do Son. O que quero decir e que si me equivoco en algo (nunca sera de escandalo volo aseguro)que nadie se volva buitre. E un blog de voluntariado total no que a nosa pretension e facer memoria visual, recuperacion de fotos. O de facer historia...en outro momento.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2012 13:25
A ILLA DE CORTEGADA

A nosa illa a que temos que sumar moito mais material, o faremos.

Fotos ten 22

Comentadas 21

Sin comentar 1

COMENTARIOS 106

A carpeta sin duda mais chea.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2012 13:04
Explicacios de como vai o blog

Escomenzamos contando a primeira carpeta, "A festa da Camelia e o Marisco" . Un tema que como outros temos bastante abandonado, imos fusionar esta carpeta cos comenzos de Fexdega, e por suposto subir material fotografico que a faga mais atractiva.

Ten 21 fotos. Fotos comentadas, 12. Sin comentar 9-

Ten cincuenta e dous comentarios

Se admiten ideas e opinions

CONTINUARA....

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2012 08:21
MAÑAN IMOS A CONTAR UN TRABALLO

Feito estes dias, cantas fotos hay en cada carpeta, cantos comentarios, cantas fotos sin unha palabra etc etc, non ten ningunha razon simplemente fixemos o traballo de cara a o interno, para nos, pero como non temos misterios nas nosas vidas, pensamos que para os blogueiros pode ser interesante.

Para nos foi claro moi claro
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2012 23:10
DEIXOUNOS MARGARITA


Ela era en realidade Carmen Berride Teijeiro, pero era coñecida no Carril como Margarita. Acaba de chamar Carmen, a súa neta, coa que vivía, para comunicalo.

Esa Carmen que tanto coidou a súa avoa. Esa aboa que tanto coidou a Carmen e a súa irmán. E un privilexio chegar aos noventa e sete anos como chegou Margarita, manexando o móbil como si tivera quince. O que pasa e que para os seus nunca e momento para deixar de vela.

Aos seus fillos Benito, Toño, Suso e Marisa o noso pésame e calor. Margarita era prima carnal do noso pai, por suposto un a sinte da familia. Un abrazo para fillos, noras, xenro, netos, biznetos e tataranetos e os seus irmas Emilio e Nano

Os actos funebres comenzan as cinco na igrexa do Carril.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 03-09-2012 09:34
CHEGOU SEPTEMBRO

Tíñamos moitas ganas de que finalizara Agosto. Foi un mes tortuoso, con perdas irreparables, tamen para o Faiado, indudablemente.

Chegou Setembro, como a canción*, imos cara o outono, que tamén é unha bonita estación, ten follas caidas (traballo para os da limpeza das rúas que non falte), follas roxas, amarelas, esas postas de sol por riba do Barbanza, por riba do noso mar... ai, que bonito!

Bueno, imos dar unha noticia que igual é un pouco cabreante para os nosos blogueiros. Imos ter un tempo de traballo fino, temos que ter rematado para este mes o aporte audiovisual para o futuro Museo do Mar de Porto do Son, chegar ao remate de Desde Dentro do Corazón o documental que será integro sobre Vilagarcía coma xa ben sabedes, logo pensamos que para Outubro teremos que trasladarnos para o noso novo domicilio... todo esto vai para deciros que as subidas semanais nunca serán de mais de dez fotos. É imposible seguir desta maneira, con tantas fotos que dedicamos toda a semán a subida dos sábados. Non podemos seguir así polo menos nas próximas datas. Esperamos que sepades comprendelo.

No Agosto tamén fusionamos algunhas carpetas. esapareceu Dando a Nota, as súas fotos están agora en Terra de Artistas. As que había en color, dalgunha exposicion ou acto, as pasamos ao blog de O Paseante. Ainda nos quedan algúns arreglos no blog pero xa iremos aos poucos. Mañán diremos as fotos que temos no blog, tamén a cantidade de comentarios.

Escomenzamos hoxe unha nova etapa, un ano mais de blog, xa sabedes que hai moitas fotos sen comentarios, non nos gusta, nos parece un desprecio... ¿Poderíades facer un esforziño?

Subida de hoxe. Por ser a primeira pasamos do límite das dez fotos, pero so como unha deferencia logo de un mes de vacacións.

As 22 novas fotos están nas Galerías de:

ATOPANDO DETALLES (3)

CREO EN DIOS PADRE... (1)

TERRA DE ARTISTAS (5)

OS AMIGOS (10)

SEMPRE EMIGRANTES
(1)

RUBIÁNS (2)

Disfrutade.

(*) Para os que non teñan a cultura musical de Margarita temos que decir de que Setembro é unha canción interpretada pola portuguesa Madalena Iglesias que conqueriu o segundo premio da Canción do Mediterraneo de 1966. Ahí queda este apunte emocional.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-09-2012 19:49
REMATOU


Onte demos por rematada a nosa última exposición, Vida Vivida. Estamos ledos do seu recibimento e tratamento. Queremos agradecer primeiramente a Dopazo Bebes, a Farmarosa, a Cespón e a Ferreteria Sobrino o seu apoio, as veces un tanto emocionante como cando Juan Sobrino despois de contarlle que remataba o tempo da exposición, dixo que non lle estorbaba e quería seguir proxetando o vídeo... ¿NON E BONITO?. Máximo cando foi el o que puxo o equipo de exhibición.

Agradecer (ainda que os políticos están para eso) a Rocio LLovo por tódalas mans que botou.

A Manolo Vázquez polo apoio técnico.

E a todos os que, como donantes, seguidores e colaboradores, sempre estades ahi.

GRACIAS, GRACIAS E GRACIAS.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2012 18:58
© by Abertal