lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

ÚLTIMA DO MES


Logo xa virá Outubro cos seus días comenzando a ser cortos. Que chova, que non faga frío, que todo sexa bo, que a xente atope traballo (ou, polo menos, diñeiro), e para pasar o rato... o blog do Faiado.

Hoxe subimos dez fotografías as Galerías de:

Familia (5)

Sobradelo (4)

Tascas, Ultramarinos, Tahonas e Comercios (1)


Agora disfrutade do fin de semana e, por que non, da semana enteira.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-09-2012 12:20
A Torre... BOAS FESTAS

Levamos subidas coarenta e oito fotos da Torre e Trabanca, temos que ir mellorando os arquivos pequenos, pero a falta de tempo atácanos por todas partes.

Nas próximas horas, o mais tardar o luns intentaremos facer a subida normal, a semanal.

Tamén estamos a preparar unha subida para festexar as festas de Vilaxoan.

Que sexades felices.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-09-2012 17:36
Finou Celia a nosa veciña

Dña. Celia Meléndez Cardalda

(Vda. de D. Antonio Piñeiro López)

(EL RUBIO)


Que falleció cristianamente el día de hoy, a los 90 años de edad.

D.E.P.

Sus hijos, Celia, Teresa y Nelson Piñeiro Meléndez; hijos políticos, Josefa Torres Castiñeira (Vda. de D. Antonio Piñeiro Meléndez), Ventura Rodríguez Díaz, Juan Piñeiro Ríos y Elena Lestón Méndez; nietos, Miguel Ángel, José Antonio, María Celia y Juan Carlos Rodríguez Piñeiro, Antonio, Natividad y Alberto Piñeiro Torres, Montserrat y María Teresa Piñeiro Piñeiro y Ángel Piñeiro Lestón; hermanos, Socorro, Luis y Martín; nietos políticos, bisnietos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las SEIS Y MEDIA de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrará la liturgia de la palabra y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.
Los funerales por su eterno descanso se celebrarán el LUNES día 1 de OCTUBRE a las SEIS Y MEDIA de la TARDE, en la misma Iglesia Parroquial.

Nota: Saldrá un ómnibus a las 17:30 h., desde A Torre (Plaza) pasando por Trabanca Badiña con las paradas de costumbre para la asistencia al sepelio y regreso.


O pésame e o respeto do FAIADO par aa súa familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 29-09-2012 14:43
EMPEZAN AS FESTAS EN TRABANCA


E nos queremos participar desa alegría, única que hai no pobo cando son as festas. Todo o ano as comisións buscando cartos, agora mais difícil que nunca, coa a crisis, e a xente que esta no paro pouco pode colaborar.

Saudamos a Trabanca Badiña e prometemos mais fotos nas próximas horas.

De momento estas son as novas que se subiron na Galería.

BOAS FESTAS
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-09-2012 08:55
Pilar Cardalda Ramos, na sua memoria

Era coñecida como unha das de Cortegada. Era neta de José Ramos Cea, nacido en Cortegada, fillo a súa vez de Roque Ramos e Dolores Cea. O seu avó casara con Rosalia Iglesias e tiveron catro fillos, Salvador, Margarita, Nieves e Josefa. Josefa casou con Cardalda do Carril e desta unión naceron José Maria, Alfonso e Pilar que finou onte.

Seu avó, "Jose o de Cortegada", chegou a postos importantes na Transmediterranea. El vivía en Barcelona e era inspector da compañia. O seu cuñado, José Teijeiro, e os seus sobriños, José e Felipe Teijeiro, traballaron da sua man na compañia. Tamén deu traballo a Manolo Pérez, home da súa sobriña Carmen Teijeiro, a Edelmiro Crespo,... e a unha chea de xente do Carril, que el empleaba, e a quen botaba unha man.

Onte morreu a sua neta Pilar Cardalda Ramos e nos sentímolo co corazón, e mandámoslle a súa filla Pilar Verdaguer, a o seu xenro, netos e irmán, o noso cariño.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-09-2012 16:54
Festas en Trabanca Badiña e a Torre

Ca escola de D Amador que acollia nenos de Trabanca e a Torre, anunciamos que a o longo do dia faremos unha subida de fotografias, para colaborar cos dous lugares o principio das festas, que nos tamen estamos, que sexades felices, que o pasedes ben, que xa queda o resto do ano para pensar en crisis e paro. BOAS FESTAS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2012 08:36
Na Memoria de Josefa


Estamos a recuperar a memoria visual no Faiado, e fai uns días que nos deixou unha veciña querida, Josefa Abalo Rodríguez.

Ela era a viuva de Miguel Torrado, tiveran un único fillo, tamén chamado Miguel, que desapareceu fai uns anos deixando o corazón dos seus pais moi tocado, dolorido profundamente.

Josefa tamén era irmán dos Abalo, do ultramarinos “Los Pepes”, unha familia moi querida en Vilagarcía.

Non queremos esquencer no Faiado unha das facetas de Josefa, era unha gran cociñeira, tiveron o Bar da Baldosa, onde logo se estableceu Román. Aquelas empanadillas de Josefa...!

A Loli e a Laura, nora e neta de Josefa, a Manolo e Manuela, seus irmáns, a Amparín, Geluca e Lolita, súas cuñadas, os seus sobriños, a toda a familia o noso sentimento pola morte de Josefa, unha muller que a o longo da súa vida so se fixo digna de respeto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-09-2012 09:02
Finou Teresa Berride

Finou Teresa Berride, do Carril, tía e madriña da nosa blogueira Tere Briones.

Teresa no seu tempo casara con Ventura Núñez, fillo da inesquencible panadeira do Carril, e tío
das nosas colaboradoras Mar e Loli Barral. Teresa quedara viuva moi nova, con unha filla Cuqui.

Teresa emigrou a Alemania e deixou a Cuqui ao coidado da sua irmán Rosa. Cuqui criouse coa familia Briones-Berride.

Onte enterraron en Almería (facía anos que vivía alí) a Teresa, e nos queremos facer constar a toda a súa familia o noso pésame e respeto a súa memoria.


P.D Na fotografía, está a dereita.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2012 10:55
Co Outono... cambeos


Xa sabedes que este noso blog necesitaba unha "lixeira" reparación, xa o lixamos un pouco, agora estamos co barniz.

Estes días estamos a repartir as fotos da carpeta "Chegaron por Correo Electrónico" para outras carpetas. Mirade o que deciamos cando a inauguramos..."Esta galería convírtese nun caixón de sastre onde se mezclarán imaxes que deberían de estar en diversas galerías pero ao non contar coa cantidade suficente de forma temática pois optamos por xuntalas todas nesta."

Bueno pasaron catro anos, xa esta ben, hai que refundicionarse ou como se chame, non debemos ter espacios mal amañados.

A subida de hoxe vai a estar presente nas seguintes Galerías:

ATOPANDO DETALLES (3)

TASCAS, ULTRAMARINOS ,TAHONAS E COMERCIOS (1)

FAMILIA (1)

OS DEPORTES CHEGARON COA ESCUADRA (1)

OS AMIGOS (1)

PERSONAS RECORDADAS (1)

SOBRADELO (3)

TERRA DE ARTISTAS (1)

Feliz Outono

P.D.- Se alguén non escoita falar ultimamente do documental é por que o temos en paro. Non por que nos faga ilusión, non, é por que temos que desenvolver un traballo en Porto do Son para o seu futuro museo do mar e temos que entregalo antes da primeira quincena de outubro. Por iso estamos a traballar a contrareloxio e temos que aplazar o final do noso documental. Así, ao mesmo tempo, dámoslle tempo ao noso querido Arturo, realizador da música, a que a poida rematar... e tendo en conta de que anda alá polos eeuu, pois vai a cousa con mais calma. Pero pronto estaremos ahí. Mentras, tamén lle damos tempo ao concello a que remate (ou polo menos que comence) as obras do teatro da casa da cultura (que oxala lle poñan o nome do noso amigo Ricardo Urioste que tanto tivo que facer alí) xa que é o sitio onde nos gustaría estrenar o documental.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-09-2012 19:12
Finou Javier Mariño

Amando Javier Mariño Casal
Que falleció cristianamente el día de ayer, a los 57 años de edad.
D.E.P.
Su padre, José Antonio Mariño Mariño (Vdo. de Dña. Consuelo Casal Cajide); hermanos, José Luis, María Consuelo, María de los Ángeles (Marián) y Francisco; hermanos políticos, Pilar, Pepe, Manolo y Peque; tíos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA SÁBADO, a la UNA de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Villagarcía, favores por los que les anticipan gracias.

Nota: Saldrá un ómnibus a las 12:00 h., desde la Plza. de España para la asistencia al sepelio y regreso.

O Faiado sinte a morte de Javier e expresa o seu pésame a toda a súa familia, en especial a seus irmáns Peque e Paco.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-09-2012 21:16
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web