lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Rosinita deixou de loitar

Rosinita do Carril, Rosina Gonzalez, finou fai dous dias, soterrárona onte. O Faiado non esquencerá a Rosina que sempre nos acolleu na sua casa cos brazos abertos. Unha das suas fotos foi cartel da exposicion "Carril cheira a Mar", porque Rosina tiña unhas fotos preciosas, a Rosina gustáballe o Faiado, gustáballe a historia, gustáballe o saber, a cultura, os avanzes de todo tipo. Rosina era unha persoa avanzada e as veces esto non se entende moi ben, e nunha muller menos. Ao seu home, fillo e resto da familia o noso sentimento, para Rosina gratitude e lembranza.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-09-2011 13:08
Boas Festas A Trabanca e a Torre

Levamos xa unhas cantas horas querendo anunciar a nova subida de fotos e non nos da entrado a imaxen de portada. Acabamos de comunicalo os xestores da páxina mentras ímolo a facer de forma distinta a de sempre. Paciencia.

As novas fotos subidas están nestas tres Galerías:

Personas Recordadas (29)

Trabanca a Torre (9)


Sobradelo (2)

Agora disfrutade tranquilamente, nos, mentras tanto, vamos a ver por que non sae a foto na cabeceira.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-09-2011 19:23
Benvida a Anne e José Manuel


Imos dar a boa noticia de que os amigos do Faiado, polo tanto de todolos blogueiros, Anne e José Manuel Casalderrey están aquí con nós, pasando unhas vacacións... ¡E unha ledicia¡.

José Manuel e o rei do guitarmonium, é un espectáculo velo subido a un escenario, e un espectáculo escoitalo, pon os pelos de punta...

José Manuel veu para o festival dos sesenta organizado polo Faiado, foi o que mais minutos pideu para a súa interpretacion... Tíñamos medo... Foi do milloriño. Gañouse a todo o mundo.

¿Que decir de Anne a dona de Casalderrey? Pois que é unha abogada atípica, irradia paciencia, tenrura, dulzura e amor pola nosa terra.

Haberá que organizar algo no seu honor, xa contaremos. De momento... BENVIDOS!
Comentarios (35) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2011 09:15
Antonio Sumay e Joaquin Arca

Eran, xunto a Jesús Burés de Portas, amigos inseparables do Instituto. Na fotografía Antonio Sumay, de Catoira, e Joaquín Arca, de Vilagarcía.

Eles dous deixáronnos para sempre neste ano. Sumay en Xaneiro, Joaquín fai uns días.

De Joaquín temos fotografías na sección de Gaudeamus Igitur, no seu instituto laboral. Na súa etapa escolar os tres non podian estar separados. Luis Silva e Paco Salgado quérenlle rendir o seu homenaxe de compañeiros, o seu homenaxe de amigos. Nos notamos a súa partida porque xa somos menos, porque compartimos pobo, paisaxes e xentes. Aquí deixaron amigos que lles querían... e moito.

Respeto a súa memoria e calor as súas familias.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 20-09-2011 19:58
Adicada a Margarita Mosquera e Peque García

A metade de setembro e realizamos a nosa acostumada subida de fin de semana.

Neste caso van a ser 44 fotografías que vades a atopar nas seguintes Galerías:

A Vilagarcia de onte
(24)

O Carril (3)

Os deportes chegaron coa escuadra
(4)

Primeiras comuñóns
(3)

Rubiáns (4)

Sobradelo
(6)

E isto é todo por hoxe.

Esperaos que disfrutedes vendo e dando a conocer os vosos pareceres sobre o que se vai subindo.

Un saudo e boa semana.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-09-2011 20:45
Na voda dun fillo


A subida semanal está contida nas seguintes Galerías:

Trabanca Sardiñeira
(9)

Os Amigos
(12)

O Carril
(4)

Rubiáns (1)

Personas Recordadas (2)

Familia
(9)

A ver si podedes contar algo mais, existen moitas fotos sin comentar.

Disfrutade
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-09-2011 20:43
Nacho, fotografo de xeneracions

Cando andábamos alá polo País Vasco e Cantabria na percura das testemuñas para o documental Desde dentro do corazón, atopamios unhas fotografías do fotógrafo que encabeza este post. Eran sobre o enterro dos mariñeiros e pasaxeiras do Cabo Razo. Moi interesantes. E, o curioso, que estaban en mans dos superviventes e sen embargo non nas atopamos en Vilagarcía. Pero xa están aquí, no Faiado.

E agora vamos coa subida semanal. 61 fotografías divididas entre as seguintes Galerías:

Traballando duro (4)

Amores (1)

Personas recordadas (5)

Os deportes chegaron coa escuadra
(25)

Outra maneira de vivir (13)

O Carril (13)

Agora xa só queda disfrutar tranquilamente. Nos, mentras tanto, seguimos escaneando.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 03-09-2011 10:08
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web