lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

REPORTAXE SOBRE CORTEGADA

Ofrecémosvos un vídeo da TVG, recuperado da red no que se pode ver a nosa colaboradora Pastora Franco (finada recentemente), co seu home Agustín Insua, lembrando como era a vida dos poboadores de Cortegada. Dos lexítimos propietarios, antes de que a famosa comisión de notables lla entregasen ao rei Alfonso XIII.

Pastora era filla e neta de orixinarios da Illa, tamén logo seu abó foi nomeado guardián dela.

Comentarios (5) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-09-2010 16:31
PROBLEMAS CON FACEBOOK, SOLUCIONADOS
Co experimento do facebook estábamos tendo un problema. A moitos de vos os puña que "de momento non estaba habilitado", ou algo así. Iso xa está solucionado.

Agora non so xa está arreglado senón que hai uns cantos albums mais:

do noso pobo (122 fotos)

fotos do taboleiro (205 fotos)

xente (95 fotos)

xente nosa (198 fotos)

Eso para aqueles que estedes entretidos co FB e o mesmo tempo queredes estar no blog. Pero iso si, lembrar que tedes que ter unha conta nesa rede social e ternos a nos como amigos.

Disfrutade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2010 21:14
NOVAS FOTOGRAFÍAS

Se eran poucas as fotografías subidas o facebook agora súbense aquí 62 novas fotografías que están repartidas entre as seguintes Galerías:

A praia Compostela (2), A Vilagarcía de onte (4), Amores (1), Aqueles traxes de baño (2), De barrios (7), Familia (10), Gaudeamus Igitur (3), O Carril (1), Outra maneira de vivir (13), Posando (4), Primeiras comuñóns (2), Soan campás de voda (2), Traballando duro (2), Tradicións nosas, festas e actos (3), Vamos a retratarnos (2) e Vilaxoán (4).

Con isto damos rematada a subida deste fin de semana.

Ainda non vin a ninguén que escribise unha línea decindo "ah, Vades a facer un documental sobre Vilagarcía?, e vades a falar disto? ou tamén poderíades contar esta historia...". Non, ainda ninguén escribiu decindo "teño unhas películas que o mellor vos poderían servir, son familiares, pero... se queredes botarlle un ollo...". No, ninguén. Cando rematemos o traballo (no ano entrante) sempre haberá quen teña que decir do que non se contou.

Disfruten das fotografías.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-09-2010 20:07
A EXPOSICIÓN DE CARRIL NO FACEBOOK

Si, amigos e amigas, a exposición de carril cheira a mar está integra no facebook de O Faiado da Memoria.

Premendo nestes enlaces podemos entrar nos distintos álbums de fotografías:

Carril 1

Carril 2

Carril 3

Carril 4

Esperemos que o sistema funcione. Supomos que para os que estén asociados o FB de O Faiado non terían problemas, para os demais... é algo novo e experimental.

Disfrutade.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2010 22:04
A BANDA SONORA DE "O CARRIL CHEIRA A MAR" EN DESCARGAS

Estimadas Amigas e Amigos, as exposicións remataron, si, pero algo queda no ambente. Despois de desfrutar coa vista e o oido os sentimentos da exposición de O Gato Negro, agora podemos seguir facendoo co son.

Si, as cancións que gravaron os irmáns Garrido coa axuda de Juan Carlos Porto podedes baixalas agora co simple xesto de clicar neste enlace e que vos levará a un baixador de onde o poderedes descargar. O proceso é identico as outras descargas que temos na sección.

Como foron moitas as personas que nos solicitaron de como podían conseguir esa gravación e tamén son moitas as que están fora e non poideron vela en vivo, será esta unha forma de poder sentila.

Aparte dos sete cortes de música popular o arquivo contén o diseño para unha carátula e outro para a galleta (o que vai impreso sobre o cd) para o CD. Isto é para aqueles que queiran ter guardado este traballo cun certo cuidado e detalle.

Cando vos atopedes con Pilar, Lourdes e Javier Garrido ou con Juan Carlos Porto non lle esquenzades de darlles as gracias posto que son eles os que vos están dando este regalo.

Que o disfrutedes.
Comentarios (4) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 01-09-2010 19:06
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web