lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Quentiñas, recén saidas do forno...

Estes días estamos que o regalamos todo. Se coas cento e pico de fotografías que subimos estes días non parecía suficente esta mañán chegaron estas seis por internet que non nos poidemos resistir a subir sen esperar mais.

Enviaas Carlos Porto, que non só nos compón ese tema maxistral (teredes que escoitar a segunda versión do mesmo tema) que conforma esa banda sonora de O Faiado, senón que nos aporta unha boa cantidade de fotografías.

Algúns dos pes de foto xa foron transcritos literalmente da información dada polo donante.

Estas seis fotografías colocámolas na galería de Chegaron por correo...electrónico donde as podedes disfrutar desde o momento en que deixedes de ler este post.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-09-2009 13:25
E con esta a terceira subida da semana

Cumprindo coas promesas realizadas aquí vai a última subida desta semana. Son 54 novas fotografías que chegaron a nos polos conductos habituais (internet e escaneado no concello).

Vai a ocupar seis Galerías: Personas inesquencibles, con 3 fotografías, Posando, con catro, o igual que a de Mulleres e traballo, Primeiras comunións con sete, A Vilagarcía de onte con 14 e Gaudeamus Igitur con 22.

Na de A Vilagarcía de onte, incluimos unha serie de postais antiguas, a pesares de que non somos moi partidarios das postais xa que nos gustan mellor as fotografías particulares que as industriais, optamos por metelas posto que a algúns de vos vos gusta. Complacemos as peticións ó igual que facían antigamente na radio.

Na de gaudeamus igitur profundizamos no colexio "da renfe" de Bamio un dos centros que nos quedaban por mostrar de Vilagarcía. Seguro que nos quedan máis por iso nos gustaría que alguén nos acerque esas fotografías descoñecidas...hasta agora. Como podedes ver na fotografía que encabeza este post, e que espero que comentedes na galería correspondente.

De momento disfrutar.

A partires de agora vamos a centrarnos un pouco máis na celebración dese homenaxe-espectáculo os anos 60 e que terá lugar, salvo cataclismos ou que a autoridade competente non sexa tal, o día 4 de decembro, venres, tarde-noite no Auditorio de Vilagarcía. Comentarémobos lentamente.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-09-2009 16:14
45 novas fotografías


Si, seguimos con esta nova subida que sumamos as 41 de onte.

Esta vez as Galerías que ven aumentado o seu fondo son as de Soan campás de voda con 2, Os deportes chegaron coa escuadra, con tres, Familias con 13 e chegaron por correo...electrónico con 27.

Este último sistema é o que se esta a utilizar por maior número de xente, polo que rogaríamos que se tomen unhas normas básicas que se concretan nunha soa: necesitamos máis resolución. No momento de escanear o aparato que usemos ten unha configuración para incrementar esta resolución, precisamos que a coloquen a un mínimo de 600 ou aumentar a proporción de saida. Se a alguén lle resulta complexo sempre poden acudir a nosa oficiniña, no auditorio de Vilagarcía (2º andar, concellería de Cultura), chamar por teléfono o mesmo lugar (986 512 600) para que nos poñamos en contacto con vostedes ou ben enviando o correo electrónico que ven na parte superior esquerda deste blog. Isto é importante para que as fotografías podan utilizarse tranquilamente sen que perdan calidade.

Pero de momento disfruten e, como decía a formiga atómica naquela serie de dibuxos animados da miña infancia...non esquezan de mineralizarse e supervitaminarse escribir comentarios
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-09-2009 20:25
Novas fotografías

Hoxe comenzouse unha nova subida de fotografías ó blog (41) que haberá de completarse cunha nova entre mañán e pasado.

Entran, este grupo, en cinco galerías xa constituidas: Terra de Artistas (con maiúscula) (3), Tradicións nosas, festas e actos (6), Atopando detalles (9) a que corresponde a foto da parte superior, De barrios (11) e Os amigos (12).

Quedan por subir nesta nova edición unhas 120 fotografías. A tendinitis váiseme a agudizar, pero que lle vamos a facer. Mentras tanto disfruten con este primeiro capítulo.

Tamén damos aviso de que a primeira exposición que montamos, fará un ano, Vilagarcía, imaxes da memoria, estará desde o venres, 25 de setembro, no Centro Cultural de Rubiáns. Logo comenzará a realizar unha xira por distintos centros que xa iremos indicando.

Por outra banda a exposición unha década de historias, os 60, está exposta no instituto Miguel Ángel González do Carril e tamén realizará unha xira polos outros institutos de Vilagarcía.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-09-2009 19:44
A banda sonora de O Faiado
Hoxe vamos de estrea, os do Faiado e decir, todos vos. O noso Artista Juan Carlos Porto compuxo unha musica para o noso blog, el é así de xeneroso. Escoitade...fala do mar, fala do tombo de Vilaxoan, do calexon da mexona, do Xiabre e Lobeira, do monte de San Xoán en Bamio, do Loureiro en Trabanca, de Rubiáns, de Cea, da Torre, do Carril, da Tomada, de Cortegada, do Balneario da Concha, da Escuadra Inglesa, do Casablanca, do Con...escoitade, sona ó mar, o noso mar...o de Arousa.


tema de "o Faiado da Memoria"
Comentarios (48) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 19-09-2009 20:08
Escola, familia e tradición


Parece un lema que nos levase a outros tempos. Bueno, en realidade lévanos a outros tempos, mais non é ningún lema, son as tres galerías nas que se asentan as 41 novas fotografías.

Na de Gaudeamus Igitur e con notoria presencia de as Franciscanas (xa lles ía chegando o tempo e nos que estábamos a pensar que ninguén estudiaba alí posto que case non aparecían fotos delas) abre con 12 fotografías. Ainda que se ciñe máis sobre a congregación, xa que foron fotografías donadas por María Luisa Marzal, esperamos que con esta entrega se nos animen a xente que pasou por este centro.

Cunha fotografía máis, 13, a galería de Tradicións nosas, festas e actos, sigue a mostrarnos distintas festas relixiosas e actividades en Vilagarcía e a nosa relación coa contorma (hinterland como se di por aquí) especialmente coa vila de Rianxo e a súa Guadalupe.

E por último temos a galería de Familia que nos ofrece 16 fotografias a cada cal mais curiosa.

Que as disfruten (e as comenten e nos podamos leelas)
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-09-2009 08:55
Os tempos son chegados

Estimados/as Amigos/as:

Non sen tempo estamos activando o blog no que concerne a subida de fotos.

Un tanto agotados, con medio Faiado coas pilas postas (Margarita estivo coidando o forte durante a ausencia do señor Antonio), intentamos satisfacer as peticións, como facían os antigos programas radiables, dos nosos queridos internautas.

O problema é satisfacer estas peticións (que sempre van cantando aquilo de mas y mas y mucho, mucho, mas...) e o mesmo tempo escanear novas fotografías e dixitalizar películas de super 8 que nos van chegando.

Isto é un sin vivir.

Bueno, pois aquí vai unha nova remesa de material. Vamos a ir contando según vai increscendo a cantidade de material subido:

Na galería de Os amigos, unha fotografía, o mesmo na de Soan Campás de Voda e Tempo de entroido. Na de A Vilagarcía de onte, tres, na de Personas recordadas, 8 e na de Familia, outras oito. Damos un salto cuantitativo con Dando a nota con 18 fotografías e chegaron por correo...electrónico con 25.

En total 65 novas fotografías.

É o momento de retirarme os meus aposentos e encomendar o meu corpo a Morfeo nun acto sublime e redentor. E, mentras tanto, vostedes disfruten, para poder ver, o despertarnos nós, eses centos de comentarios que teremos que recolocar no blog.

¡dios mío,... máis traballo!

P.D. ¡Perdón!. O que é ter a cabesiña mal colocada por isto do calor e o exceso de traballo, esquenciame de decir que tamén se subiron 21 fotografías na galería de O Carril. Casi nada, como se me poden esquencer tal cantidade de fotografías. Coido que terei que volver para Andorra posto que non se me deberon recargar ben as pilas.

Ou sexa que ó final subíronse 85 fotografías.

Sigan disfrutando. Desta si que vou para a cama.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-09-2009 23:36
Perdoen as molestias


Estimados amigos, unha parte deste blog anda perdido polas terras de Teruel, alá por Aragón.
Ahí nese pobo que podedes ver máis arriba e que se chama Andorra (como a do principado pero non é o mesmo).

Non vos esforcedes en querer velo mar (ou a ría no seu defecto), pero aquí nin tiveron a necesidade de rellenalo para alonxalo das casas, xa estaba alonxado (uns 200 klómetros) cando fixeron a primeira. Nonsei e que estaban pensando.

O calor destrue as miña neuronas se é que me quedaba algunha pero consigo adiantar traballo colocando algún coentario. Vou mui despacio, pero é o que hai.

Que suerte sepasades frío ou, polo menos os chove, aquí só se pode sair de noite e beber...cervexa xa que a auga é inexistente.

Disfrutar do ben que estades e cando volva vamos a colocar máis fotos, prometido. Pero iso será a semán que ven.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2009 10:24
O prometido sigue sendo deuda

Como pola mañán prometín máis fotos para esta tarde e como a tarde chegou, as fotos tamén.

Catro Galerías ven incrementadas os seus fondos. Son as A Vilagarcía de onte (6), Soan campás de voda (6), Os amigos (8) e Atopando detalles (11).

E agora faremos un alto para asistir a homenxe do noso querido Pepe Rubianes (que a pesares do apelido era de Vilaxoán) e a volta se un non está moi canso pois ainda pode ser que suba algunha mais.

Todo tendo en conta de que estaredes uns días sen min. Ai, ¿quen actualizará os comentarios?. Pois tamén espero que alá, naqueles pobos do baixo Aragón haia unha conexión a rede e poida estar en contacto con vos.

De momento disfrutar co que acabamos de subir.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 02-09-2009 20:06
A Laxe estrea galería

O barrio de a Laxe inaugura unha nova Galería neste voso blog. Poco a pouco intentaremos facer crecer e engadir os distintos barrios e parroquias de Vilagarcía.

Ademais ingresaronse sete novas fotografías nas galerías de Dando a nota (4) e Personas recordadas (3).

E pola tarde prometo meter máis xa que a partir de mañán o elemento viaxeiro de o Faiado vai a estar fora deste país, exactamente estará dando tumbos por Aragón, a pasar calor ou coller inundacións. Ese país ten uns contrastes acentuadísimos.

De momento disfruten con esta nova subida.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 02-09-2009 14:03
1 [2]
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web