lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A DIARIO NA TELEVISIÓN |
|

Son tres mozos de Vilagarcía, e forman parte dunha asociación xuvenil, "AROUSA MOZA", que fai un tempo naceron nas antigas instalacións do Liceo.
Cando o Concello mercou o piso onde agora está a facela biblioteca, a asociación solicitou un lugar para reunirse... O concello mirou para outro lado, o de sempre. Está claro que non están para resolver problemas dos cidadáns, somentes os deles, repetimos esta actitude unha e outra vez.E si eses cidadáns, dígase Arousa Moza, dígase O Faiado, dígase calquera outra, teñen activado o espíritu da crítica... Guau! A por eles.
Tres dos rapaces da asociación, Bruno, Raul e Borja, decidiron presentarse a un concurso en Telecinco, "REACCION EN CADENA". Non é ao primeiro que van pero si é no que mais réditos están a sacar. Son uns campeonazos, xa podían mercar, co que levan ganado o edificio do Casino, o edificio completo. :)
Bueno sentímonos moi orgullosos de velos a diario na tele levando o nome de AROUSA por bandeira, e é por elo que o día dezasete de Agosto, tralo día de San Roque, estarán no local do Faiado dando unha charla sobre o que están a vivir.
Alegrámonos moitísimo de que veñan a sede do FAIADO DA MEMORIA. Para nos é un orgullo.
|
|
|
|
11 de Agosto do 2023, venres |
|
.jpg) Subidas en BARRIO DA PROSPERIDAD, TASCAS E CENTROS DE TRABALLO.
En portada inicio das festas no ano 1968, sempre que poñemos unha data o facemos guiandonos polo autor da foto, pero non sempre é acertado. Vemos as mozas que formaban parte en representacion das sociedades, do desfile que saia do Axuntamento de entonces.
No dia de hoxe tamen sae o pregon e escomenzan as festas.
Imos procurar vivilas con intensidade e saude. BOAS FESTAS |
|
|
|
MORREU MARUJA |
|

É a tía de Antonio, a única irmá viva que quedaba de Pura, fai un ratiño que nos acaban de comunicalo seu pasamento.
Maruja Rodríguez García facía tempo de que as súas lembranzas foron borrándose de forma paulatina. Na derradeira visita que lle fixemos en Vilaza o mal xa estaba avanzado, ese mal que carcome a boa parte da familia de Antonio.
Mañán, venres, día 11, vai a ser enterrada en Vilaza, a parroquia onde naceu, viviu e morreu. O sepelio terá lugar ás 17:30 horas e sairá desde o tanatorio de Sabarís donde se está velando.
A esquela ainda non saiu, mañán informaremos de todo.
A nosa aperta a Benedicto e as primas e primos de Antonio.
Boas noites |
|
|
|
Finou Socorro Diz |
|
 Socorro foi durante moito tempo funcionaria do Concello. O noso sentido pesame a os seus fillos e resto da familia. |
|
|
|
Anotadevos, non imos ter moito tempo |
|
 Para a viaxe a Salvora e A Pobra do Caramiñal.
Xa sabedes que na Pobra as cinco da tarde viaxaremos a moitos lugares do mundo, Mauthaussen, Recife, Curasao, La Guaira, da man de Victor Santidrian e Xose Castro Raton, ca axuda e presencia de Rosa Fernandez, filla de Jose Fernandez Vazquez, descubriremos cousas que descoñeciamos.
Xa contamos que o Concello da Pobra colabora con nos i estara presente na nosa charla.
Para o paseo por Salvora, non levar pantalons escuros, os tabanos os atacan, roupa comoda, zapato comodo e ganas de coñecer. Tendes que levar auga e xantar. |
|
|
|
10 de Agosto do 2023, xoves |
|
.jpg)
Subidas en SOAN CAMPAS DE VODAS, GAUDEAMUS IGITUR é A VILAGARCIA DE ONTE.
En portada Rosita e Jose Antonio, propietarios da auto-escuela Gago. A gestoria naciu nun dos pisos do edificio construido por Olmedo, por certo, nos baixos estaba Almacenes Olmedo.
Bos dias, saude |
|
|
|
9 de Agosto do 2023, mercores. |
|
 Subidas en FAMILIA,TRABANCA SARDIÑEIRA, PERSONAS RECORDADAS é BARRIO DA PROSPERIDAD.
En portada inicio dos concellos democraticos, organizacion do de Vilagarcia na eleccion do seu primeiro Alcalde, seria Jose Recuna, cabeza de lista do Partido Socialista. A composicion da mesa era por idade, neste caso Joaquin Porto por UCD e Juan Vazquez polo Partido Comunista. A dereita Jose Bazaco no seu papel de Oficial Mayor.
Bos dias, estanse a dar nas televisions e resto dos medios a informacion da ola de calor que sofre o pais, en Vilagarcia onte, tivemos temperatura alta, hoxe, amanecemos nubrados con unha especie de chovizna...¡SOMOS ESPECTACULARES!
|
|
|
|
8 de Agosto do 2023, martes |
|
.jpg) Subidas en PERSONAS RECORDADAS e OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA.
En portada, ao lonxe entrada a Pereira, ao pasar a via a dereita casa de Juan Vazquez Herves, de Vilanova, emigrante en Estados Unidos a principios do seculo vinte. Juan foi quen a facerse con unha fortuna en aquelas terras nas que os emigrantes chegaban a Presidentes da nacion.Cando chegou de volta invirtiu os cartos no mundo inmobiliario, comprou unha chea de casas.
Con esta fotografia lembramos tamen a Manuel Rey Posse que xunto a sua segunda dona, Matilde Buceta e os fillos nacidos de este matrimonio, entre eles Gonzalo Rey Buceta residiron en esta casa.
Bos dias, coidadiño co calor. |
|
|
|
Arrancamos.... |
|
 Hoxe, neste momento colocamos cartel para o noso viaxe do dia nove de Septembro.
E unha vixe cruzando TODA a Ria de Arousa, a mais GRANDE ria do mundo, tamen a mais MARAVILLOSA. O patrimonio mais impresionante conque contamos os que vivimos neste rincon do mundo.
Teriamos que obrigar a xente con responsabilidades politicas a fomentar estes viaxes, é o noso PATRIMONIO.
Bueno pois do peirao do Cavadelo sairemos o dia nove de Septembro as dez trinta da mañan. Zapato comodo para andar por Salvora, gorro pra o sol, auga e o xantar.
Iremos contando, pero avisamos hay que anotarse canto antes, temos só un mes e veñen as festas.
Xa sabedes donde atoparnos. |
|
|
|
7 de Agosto do 2023, luns |
|
.jpg)
Subidas en SAN ROQUE, FAMILIA é FONTECARMOA.
En portada Pepe Garcia, irman de Manuelita e Dieguito, Pepe morreu xovenciño a consecuencia do golpe dunha manivela de coche da epoca. El era neto de "Papa Pepe",que en realidade chamabase Jose Duran, home importante pra o noso pobo, foi un dos fundadores da nosa banda de musica.
Eso por parte de madre. Por parte de padre, Dieguito es nieto de los Garcia que habitaban en Cortegada, y sobrino de señor Jose "o gato", que tanto tiempo ensayo la farsa en Carril
Comentario por Luisa (12-12-2009 20:20)
Mi tío, al cual no conocí personalmente, pero vivimos como si lo conociéramos por todo lo que nuestra madre nos habla siempre del,.
Mejor persona imposible.
Un beso, te queremos D. E. P
Comentario por Marivi Mariño (25-12-2021 07:13)
Bos dias, imos estar nas festas |
|
|
|
|
|
|
|
|