lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Van escomenzar as nosas festas

Xa esta Vilagarcia a tope de xente, moitos fillos do pobo que veñen a disfrutar con emocion da sua alegria, O Faiado da Memoria agasalla ca proxeccion o dia dezaoito do documental A DERROTA DO CABO RAZO. Sera no Liceo-Casino as nove da noite, entrada libre e gratuita





Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2017 08:34
Carmen Ramos, a nosa Carmiña

Que hoxe dia tres de Agosto esta de cumpleanos, como non podia ser de outra maneira nos unimosa os da sua casa pra desexarlle unha boa data de cumpreanos, Saude, moita saude para Carmen e un pouco de alegria pra celebrar a dia na que viñeches a o mundo, a ver eses pasteis, esa cantarela e de hoxe nun ano. Parabens
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-08-2017 08:38
OS INGLESES EN VILAGARCIA, documental en aberto




Aprobeitando de que o día 17 de agosto, ás 21:00 horas, proxectaremos no Salón do Liceo Casino o documental A DERROTA DO CABO RAZO, que forma parte de DESDE DENTRO DO CORAZÓN, vamos a colocar accesible en internet doutro cacho dese mesmo documental.

Trátase de MISTER, GUANPENNING! que nos fala, en 20 minutos, da historia daquela ROYAL NAVY que nos visitaba cada ano para abastecerse de productos arousáns e que enchía ás rúas (expecialmente bares) de Vilagarcía de ingleses en tanta, ou mais cantidade, que os propios autóctonos.

Este capítulo conta co engadido das novas imaxes en movimento que atopamos no arquivo da Imperial War Museum (o Museo Imperial da Guerra) que, baixo o título de "scenes at Arosa Bay" móstranos esas visitas a Vilagarcía e as súas rúas no principio do século XX, exactamente de 1919, fai case 100 anos, e que foron insetadas nesta nova montaxe.

Só tedes que pinchar no enlace de abaixo e disfrutar. Polo en pantalla grande que está en HD.

E compartilo con todos e todas que queirades que o bo só vai durar este mes de agosto.


Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 01-08-2017 18:33
Adicado a Enrique Leon

Porque lle quero moito, porque compartimos momentos especialmente felices e importantes, hoxe esta de cumpreanos e o meu agasallo é esta ensalada de musica que formou parte das nosas vidas en outros tempos. E un privilexio conocerte e ter un amigo coma ti. Moitos parabens, un bico



Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-08-2017 09:50
O mes das festas

Escomenzamos Agosto no dia de hoxe, o mes en que as festas asoman a diario no noso calendario, aproveitamos para comentar que o dia dezasete as nove da noite no LICEO-CASINO proxetaremos a DERROTA DO CABO RAZO, como todolos anos o facemos pensando na xente de Vilagarcia que esta no pobo porque son festas, por suposto a proxeccion entrada libre e gratuita. Tamen lembrar que no Gato Negro do Carril podedes ver a nosa exposicion da ESCOLA EN VILAGARCIA estara exposta hasta o trinta e un de Agosto. Feliz mes, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2017 08:27
[1] 2
© by Abertal