lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Rematou o CULTURON

No que o FAIADO E COMPAÑIA, foi o gran visitado, fixemos unha boa labor de promocion da cultura local, decimolo nos porque somentes nos sabemos os resultados.
¿Que podería ser mellor?. Loxicamente, todo é mellorable, pero algúns xa nos podíamos dar cun canto nos dentes e firmaríamos un resultado algo peor antes de comenzar. Pero non foi así e superou ben as expectativas.
Agora só hai que ir a por metas mais altas.
Gracias a todos e todas por estar ahí e, especialmente, a Eloy Puga, por acompañarnos nos momentos mais duros (de traballo) e solventar algunhas fallas na organización. E as xentes que asistiron as proxeccións dos nosos documentais.
A todas e todos moitas gracias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 14-08-2015 08:17
Na Praza da Peixeria

Ali estamos o Faiado, vendendo as nosas obras e traballos coma a todos dentro do espacio do Culturon. As dez da noite de hoxe se proxecta A VOLTA DOS NOVE.As oito e media habera un debate sobre o libro de Montse Fajardo "MATRIARCAS". Onte foi moi bonito, recibimos moitas visitas, con nos facendonos compañia Mary Patiño, apareceron a saudar Myriam Poyan e o seu home, Margarita Mosquera que chegou de Francia co seu marido, fixonos moita ilusion. E o broche de oro foi Chus Recuna, compañeira de fatigas en outros tempos e a que lle perdemos a pista fai unha chea de anos...pois resulta que nos sigue e sabe todo o que pasa no pobo a traves do blog...¡Que alegria nos dou atopala¡ A ver si a convencemos pra que deixe de formar parte da maioria silenciosa e pasa a minoria dos que falan. Bos dias, feliz CULTURON
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-08-2015 08:04
A nosa Socorrito de cumpleanos

Socorrito Rey nosa amiga desde nenas é unha muller con moita sorte, rodeada de unha familia que a mima, acaba de chegar Candela a sua primeira neta e hoxe Socorrito esta de cumpleanos...amiga, o bo e cumplir...Parabens, moitas felicidades e esa tarta, eses pasteliños xa sabes...non chos perdoamos. Mentras, bos e felices dias, unha aperta


Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-08-2015 07:40
Maña o CULTURON

A Concellería de Cultura e as entidades organizadoras do CULTURON, A FESTA DAS ARTES, temos un PLAN B para a chuvia que MeteoGalicia anuncia para o mércores e o xoves na Capital da Arousa.

Mudámonos para a Praza da Peixería, ese fermoso edificio, antigo mercado do peixe, no centro da cidade, xusto detrás do Xulgado e da Policía.

Alí ademáis das actividades programadas, que mantemos na súa totralidade, montaremos uns 25 postos nos que hai catro editorias, dous ilustradores, dous fotógrafos, un encadernador, oito artesanos, dous anticuarios e coleccionistas, un impresor, un de discos de vinilo, un medio de comunicación dixital, un posto de alimentación bio, outro de filloas, un de cervexa artesana e mojitos, un posto de cosmética natural e masaxe xaponés, un posto de moda alternativa e camisolas con mensaxes... unha auténtica explosión de intelixencia, creatividade, e moitas sorpresas porque cando a Cultura acende o interruptor e vai de Festa é para non parar.

Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 11-08-2015 08:23
FALECEU LUIS REI

Luis Rei, técnico de cultura de Cambados, activista social, ligado a memoria e a vida e obra de Ramón Cabanillas, cuio premio de honra recibiu este ano, acaba de falecer.

Con nós tivo a delicadeza de participar na exposición que está agora colocada polas rúas de Vilagarcía e que leva por nome PEDALEANDO POR VILAGARCÍA. Tamén colaborou para a nosa participación no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo da Cruz xa que a súa entrega co Patrimonio material e inmaterial da cultura marítima galega era moi fonda.

Vaise un bó e xeneroso.

Luis Rei, que a terra che sexa leve.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-08-2015 11:28
Fai dous anos

Realmente os fai o dia trece pero escomenzamos hoxe a celebralo. Na paxina que aquel dia inauguramos temos hoxe tres mil trescentas fotografias, cos seus comentarios, non é unha paxina muda, a xente participa, gracias pola vosa colaboura, en Vilagarcia disfrutade das festas, si chove plesiglas e paraguas, bos dias, boas festas
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-08-2015 07:31
Un traballo que nos fallou en proxeccion

Fixemos un bonito traballo de forma totalmente altruista para os veciños da Praza de España na sua festa de re-inauguracion do seu parque, fixemos o traballo que os veciños nos solicitaron. Chegou o dia o venres pasado e polo vento que tiraba ca pantalla entre outros problemas que nos atopamos aquela noite, se colocou nun sitio con moita luz...etc etc, unha chea de efectos negativos que impediron o visionado do traballo. O sentimos mais que naide e como solucion a o pasar as festas nun local cerrado proxetaremos o noso homenaxe a Praza de España. Bos dias, moita saude
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-08-2015 08:54
Un safari fotográfico, música en directo y mesas redondas, propuestas del primer Cultur ON

Un safari fotográfico, música en directo y mesas redondas son algunas de las propuestas de la primera edición Cultur ON, que llenará de actividades la calle Romero Ortiz el 12 y el 13 de agosto. A las once de la mañana del miércoles comenzará la apertura de puestos y de los juegos tradicionales y se inaugurará una exposición de la artista Ana Miguéns. A las doce habrá un taller de fotografía y a la una un safari fotográfico, mientras que media hora después comenzará la sesión caña, amenizada por el músico Pablo Vidal. A las dos y media los colectivos participantes harán un “almuerzo comunitario” y una hora más tarde se celebrará una asamblea de asociaciones culturales. Cuentacuentos, títeres y poesía serán las actividades de tarde en Romero Ortiz, que a partir de las ocho y media acogerá la mesa redonda sobre los libros “El Humo del Diablo” y “Elefantes y Hormigas”, de Fernando Salgado. A las 22 horas O Faiado proyecta “A derrota do Cabo Razo” ty después será el turno del cine, con los cortos “Aquí non pasou nada”, “Eu son pastor” y “Minería”.
Al día siguiente se repetirá el mismo esquema, con exposiciones, safaris fotográficos, títeres, poesía, asambleas, cine y literatura. La mesa redonda girará en torno a la obra “Matriarcas”, de Montse Fajardo, mientras que O Faiado regresa con el documental “A volta dos nove”. A continuación, nuevos cortometrajes del Ficmar.

REDACCION DIARIO DE AROUSA
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-08-2015 08:10
Jose Luis Leal, un placer

Coñecer a Jose Luis Leal que foi algo mais que un fotógrafo que un retratista e algo grande. Non facemos comparacions pero as imaxenes do reflotamento do Cabo Razo no ano cincuenta e oito son do seu cuño da su man, era o comenzo de unha vida moi interesante que logo levou a cabo en Madrid. Algun dia Vilagarcia pensara en Jose Luis como un fenómeno do audiovisual, un fillo do pobo que debería ter un recoñecemento, por meritos, polo de pronto nos sentimonos como nunha nube de coñecelo a el e a sua dona, de facer unha foto na compaña de dous dos seus fillos e mostrala neste Faiado que garda como ouro en pano algunha das suas imaxenes. Jose Luis, moitas gracias por todo. Hasta a próxima foi un honor.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-08-2015 08:35
HOXE INAUGURACION

Da Praza de España logo do arreglo que se lle fixo, os veciños tomaron a decision de facer unha festa a sua maneira, entre outros colectivos nos pediron colaboracion e nos coma sempre ahi estaremos.
A festa comenzara sobre as sete e media con actuacions pra os nenos, as nove menos cuarto estara previsto o corte de cinta polos veciños de mais e de menos idade, a o rematar pinchos e actuacion dos TERRIBLES DE AROUSA con Carlos Rey veciño da Plaza, pasaremos a poesia da MESA DAS VERBAS acompañados da marabillosa musica de AROSA BAY. Por ultimo a composicion de imaxes do Faiado adicado a os residentes nos ultimos cento cincuenta anos. A ser felices
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-08-2015 07:56
© by Abertal