lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A nosa lembranza

Hoxe fai 22 anos que un accidente na ponte da Illa acabou ca vida de Raul Santamaria, un dos nosos rapaces de Guillan. Era o pequeno de tres irmans pastelero de profesion, traballara en S Roque, logo na pasteleria do Castro Yoli. Sua irman Raquel botao de menos, xa dixemos que era o mais noviño dos tres na foto os vemos na comunion de Raul. Os pobos non debemos esquencer os que xa non estan pero formaron parte de nos.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-08-2013 23:36
Pedimos un pouquiño de paciencia

Porque as veces non saen as cousas como deben, como deberian a nosa paxina web onte e nantronte dou problemas, loxico e noviña, sin experiencia...xa sabedes, hai que darlle unha oportunidade, ou dous, para colmo internet na nosa casa ten problemas, e decir, un sinfin de rosas con espinas...por outra banda a partir de mañan chamaremos a os da comida do domingo xa para ulyimar e quedar. O dito, estamos en Agosto, vacacions, disfrutade do tempo que nos toca, con saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2013 08:11
Todolos dias subida

Na nova paxina web do Faiado, xa sabedes, xa o contamos, estamos a facer subidas a diario, xa temos casi catrocentas, as conseguimos nun par de dias, queremos que todos os nosos colaboradores teñan polo menos unha das suas fotografias na paxina. Prometemos que co tempo seran mais, por suposto, pero e que os que colaborades...¡Sodes tantos¡Bueno outra cousa, non vos quedar cortos, pedide informacion si non a tendes e entrade na paxina, facede comentarios, o noso correo: "damemoria@gmail.com" o noso telefono 986186893. Non ter dudas, chamar, estamos aqui para eso. Na nova paxina pode haber algo que funcione mal, se agradece que colaboredes e o contedes. Graciñas disfrutade das festas.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2013 18:37
No barrio de Eduardo

Hoxe especialmente lembramos a Maria Luisa Mareque e Eduardo Garcia. El e de S Roque, sempre fala do seu barrio, este ano cuestions de saude o impiden estar con nos, pero o ano que ben...sin mais disculpas esperamosvos. Aproveitamos a foto para saudar a Justo Lameiro, jerifalte da comision e adicto a o noso blog...ainda que xamais fixo un comentario. Justo, porfa, non te fagas de rogar...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2013 16:45
O barrio do S Roque

Na sua festa grande, levaron a Goya e Candido a sua procesion levando o pendon de S Roquiño o pequeno. Xa sabedes que Candido naceu en s Roque, creceu e foi feliz no barrio hasta que se foi de el. No Faiado sigue a lembralo e hoxe sinteuse honrado ca peticion da comision de festas. Non esquenzades que continuan as festas no querido barrio do S Roque
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2013 14:25
Emilio...cantas horas xuntos

O dia dezasete en dous dias se lle fara a Emilio, o noso Emilio Sanchez os actos con que a sua familia quere lembralo. Xa fai un ano, ou...ainda fai un ano, da sua morte que tan mal nos puxo, as veces parece que se acaba o mundo, de tanta desgracia de tanto door. Familia, amigos, unha morea que doen tanto...o sabado farase en Sobradelo o acto de aniversario, para a nosa Ramona un abrazo moi grande, o mismo para as suas fillas, familia en xeral e amigos entre os que esta o Faiado.

Cando sepamos a hora añadiremola a lembranza do amigo Emilio
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 15-08-2013 08:40
SEGUIMOS CON SUBIDAS NA NOVA PÁXINA


Estimados Amigos e Amigas, na nova páxina de O Faiado da Memoria estamos realizando novas subidas fotográficas.

Estas xa non se van a celebrar aquí ainda que as anunciaremos e poremos esta mensaxe con un link:

NOVA SUBIDA NA PÁXINA


para que teñades un fácil acceso mentras non tomedes práctica co novo enderezo.

Este espazo do blog sigue quedando aberto para recibir e enviar novas sobre Vilagarcía, sobre vos e sobre nos. É a nosa primeira casa e o seguira sendo.

Tamén poderedes visitar os seguintes apartados da nova páxina:

Tenda O Faiado

Patrocinadores

A foto "antes e agora"

Esperemos que disfrutedes desta nova páxina tal como esperamos. E esperemos que as festas (sexan onde sexan) nos animen un pouco.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2013 17:48
O PRIMEIRO CABODANO

Sigue resultando moi difícil falar da morte de Mariví López... como aquel dezaseis de Agosto do ano pasado que nos chegou a noticia vía teléfono, do seu pasamento. Deunos a mala nova, coa voz entrecortada, Roberto Ocaña que, xunto a Mari, a súa muller, eran amigos de corazón.

Nestes momentos, e xunto a outras personas, están ensaiando para cantar no oficio relixioso adicado a Mariví. Ese oficio será o xoves, día quince, as seis e media da tarde no Carril.

Mariví era un ser especial... sempre nos animaba, gustáballe o Faiado, expresaba o seu medo a que desaparecese, a que non poidésemos co proxecto. O xoves estaremos coa súa xente, con José Carlos, home exemplar, que tanto a coidou, cos tres fillos,a netiña, tamen a Daniela que Marivi axudou a criar, ca sua nora, con Pili, Maribel, Mari e Rosi as súas irmáns,con seus tios, sobriños,primos, con Teresa e Manolo, cos seus cuñados, cos amigos, lembraremos aquela cara bonita, aqueles ollos cheos de vida, aquela alegre Mariví que inxustamente a morte levou.

Querémoste
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-08-2013 09:40
NOVO ENDEREZO


Eso é o que desexamos, que a nova páxina do Faiado sexa un sitio onde todos podamos convivir e opinar, contando o que lembramos da Vilagarcía de onte ou de nantronte.

A Jacobo, Candido, Dieguito, Luisa, Aurita, Roberto, Lolita, Elena, Esperanza, Casi, Mercedes,Enrique, Antonio Neira, Antonio Castro, Maria Jose, Loli, Tino, Tere, Goya, Lidia, Manuel e Jesus,por estar sempre con nos MOITAS GRACIAS
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2013 18:02
HOXE É O DÍA DO PRIMEIRO PASO


Estimados Amigos e Amigas, no día de hoxe presentamos no Salón Liceo Casino o novo proxecto de páxina web que pretende facernos mais agradable o paseo pola nosa memoria.

Alí, nese Salón que nos deparou a ledicia da estrea do noso/voso documental, servíunos de lugar para que a xente de Abertal, con Manuel Pan ao frente, e nos, lles mostrásemos a prensa, e aos amigos e amigas que nos quixeron acompañar, as novas ideas desta páxina.

Todo é moi simple. Agora tecleando www.ofaiadodamemoria.org nos leva inmediatamente a ese novo mundo onde poderemos ver, de entrada as últimas incorporacións fotográficas dunha soa vez. Despois poderemos seguir viaxando dunha en unha, lendo os seus comentarios e engadindo os vosos.

É, precisamente, neste punto de comentarios onde reside a primeira das novedades: Hai que estar rexistrado. Na parte superior hai unha pestana para poder facelo. Se tes algunha conta de google (gmail, google+, youtube, chrome,...) xa entrarás directamente logo de aceptar. Senón abres unha conta na parte dereita desa pantalla. É moi simple. O fin é de estar mellor conectados e evitar, no posible, anónimos indeseables.

Logo todo é coser e cantar: velos últimos comentarios, últimas subidas, acceder ao mapa e ver onde están situadas as fotografías, poder buscar (outra novidade) a unha persona, lugar ou tema, só colocando o seu nome no buscador (lembrar que o sistema de percura só funciona coas novas fotografías, non cas que están no blog, actualmente. Logo xa iremos avanzando. Ainda estamos no primeiro día do novo camiñar).

Fixarvos que cando abrimos unha fotografía do álbum (por exemplo) non temos que voltar atrás, a dereita e a esquerda da pantalla, hai unhas flechas que nos permiten deslizarnos as seguintes ou anteriores fotografías solo con clicar nelas.

Outra das novidades que presenta esta nova páxina é que aproveitando a tecnoloxía de google earth podemos ver as fotografías non só no lugar en que (practicamente) foron feitas senón que, co sistema street view, podemos ver a fotografía vella e contrastala co mesmo lugar tal como está hoxe. Isto nos pode facer chorar ao ver a desfeita que se fixo neste pobo. Pero as cousas sonche como son, ou como quixeron que fose. Este sistema de comparación so pode ser posible nas rúas que nos levan cara a Cambados ou Pontevedra xa que son as únicas que, polo de agora, están rexistradas por google.

Pero bueno, o mellor é que comencedes a probalo e, si podedes, darnos os vosos pareceres. E lembrar que para calqueira cousa aquí estamos nos para orientarvos.

E ter en conta de que este blog seguirá funcionando para seguir dando novedades do pobo que non sexan as fotografías. Para acceder a el, a través da nova páxina, so tedes que clicar na parte superior esquerda onde pon O Faiado da Memoria ou senón da forma que entrades sempre.

Ánimo clica en www.ofaiadodamemoria.org e descubre un nova camiño de memoria polo que podes pasear.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2013 17:58
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal