lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Jose Luis e Maria Jesus son ABOS |
|
 Xa tiñamos ganas de dar boas noticias...Maria Jesus a filla mais pequena de Laguero o noso amigo, e Jose Luis Dominguez fillo de Joaquin o do Veloz son Abos. Ela chamase Lara, naceu o 23 de Agosto e pesou 2.970, unha campeona. A todos eles, os seus Pais Raquel e Jose Luis que a crien con salu, que a vida lles sea plena como merecen. A os abos, tios primos e amigos que disfruten a Lara e con Lara infinidade de luas
Na homenaxe do Faiado a o futuro que representa Lara anunciamos unha subida de oito fotos na galeria de FAMILIA |
|
|
|
Se nos foi Carmen Blanco |
|
 Estamos a vivir un verdadeiro chorreo de mortes das nosas xentes. Onte falábamos da morte de Chus Balsa, compañeira do colexio Filipense, hoxe falamos de Carmen Blanco Vieira, compañeira do colexio Concepcion Arenal o colexio do Ramal. Na fotografía que encabeza este post é a segunda persona pola parte esquerda, nunha procesión de Santa Rita en 1969.
Carmen viviu media vida nunhas casiñas pequenas e brancas frente a praia da Concha. Filla de Luis e Carmen, o seu pai coidaba as casas, valeiras no inverno, do barrio da Prosperidade.
A os seus irmans Kati e Quinso o noso pésame, para Carmen a nosa compañeira de infancia o noso recordo e un hasta sempre.
Esta triste noticia chegounos cando estábamos inmersos na subida de cada fin de semana.
E aquí está. Cincoenta e sete fotografías repartidas nas seguintes Galerías:
A praia Compostela (10)
A Vilagarcía de onte (11)
Rubiáns (9)
Vilaxoán (16)
Xentes e lugares (11) |
|
|
|
Chus loitou.... |
|
 E perdeu.
E difícil poñer isto na nosa casa, Chus Balsa, nosa compañeira de colexio, de infancia, deixou de existir. Loitou contra a enfermedade como unha jabata. As que somos nais pensamos que debemos seguir loitando ainda que só sexa polos fillos.
Bueno, ahí queda a súa loita e mais o resto. Tamén quedan as lembranzas compartidas con Chus, afortunadamente temos memoria.
A José Enrique, aos fillos, a Teresa, súa nai, aos seus irmáns, a Fita, a Quique, a toda a súa familia e aos que a querían o noso sentimento.
Para Chus, a terceira pola dereita, con gafas, nesa foto das azafatas dos principios de Fexdega, agora tan de actualidade, o noso respeto a súa memoria. |
|
|
|
SUBIDA SEMANAL |
|
 Nos anos coarenta non era fácil ter foto de comunión desta maneira. Cándido e un facedor do Faiado, unha vez a semán pasamos a tarde xuntos para identificar fotos das que non sabemos nada. Candido e memoria viva, enciclopedia das xentes, dos nomes, dos apelidos e dos motes...¡GRACIAS CÁNDIDO!
Pero agora vamos coa subida de fotografías, ese vicio semanal que temos con todos vos.
Estamos de festas e iso podería agotarnos, pero non, non son as festas, é o calor tan forte que estamos a sufrir que nos fai botar de menos a chuvia. Por iso vamos algo lentos. Iso, e as gravacións que estamos a facer para o documental Desde dentro do corazón. Estamos atopando numerosos testemuños para un dos segmentos do documental: o correspondente o naufraxio do Cabo Razo. Non atoparemos moitas fotografías ao respeto, pero o que son testimonios de xente implicada directamente no suceso... tanto sobreviventes como rescatadores dos mesmos. Vai resultar un traballo interesante (iso esperamos e modestia aparte).
Pero vaiamos o importante que é a subida semanal. Esta semana van a ser un total de 27 fotografías repartidas nestas tres Galerías:
Personas recordadas (15)
Primeiras comunións (6)
Traballando duro (6)
Agora só tedes que disfrutar tranquilamente. Os que estedes sufrindo fortes calores facelo desde unha bonita bañeira, a poder ser con jacuzi, os que non temos eses luxos de palacio contentarémonos con ter algo fresco a man.
saudos.
|
|
|
|
En Memoria de Ignacio Jaureguizar |
|
 Ignacio finou onte, Ignacio estaba casado con Pilar Egerique tiveron tres fillas, a todas elas o noso recoñecemento e o noso pesame. El gustaballe moito a musica, temolo no blog como integrante do coro parroquial. Por outra banda era irman da nosa blogueira Chon Jaureguizar, a quen lle mandamos un abrazo cos nosos millores sentimentos
donado por manuel suarez |
|
|
|
Lembranzas do Pelonio |
|
 O Pelonio finou o outro dia con noventa e tantas primaveras, o Pelonio era unha das memorias vivas de Vilaxoan, para o seu pobo e unha perda, por eso queremos estar con eles. A sua familia decirlle que pensen que tiveron o Pelonio, ou sexa un privilexio. Para honrar a memoria do Pelonio poñemos unha foto das tradiccions do pobo de Vilaxoan
donada por anonimo |
|
|
|
O noso respeto por Ramiro Duran |
|
 El foi un futbolista que representou a Vilaxoan e a Vilagarcia como o que era...¡Un CAMPEON¡Os do Faiado soio nos queda decir que hoxe temos que lamentar a morte de Duran como era coñecido no mundo do futbol. A sua familia, a os seus amigos o noso pesame e a nosa lembranza.
|
|
|
|
A ESCOLA E O BAILE EN VILAGARCÍA |
|
 O ensino e o divertimento, a escola e o baile, son as dúas galerías que se van a benefeciar na subida deste fin de semana.
33 fotografías repartidas en dúas Galerías:
Gaudeamus Igitur (13)
Bailamos? (20)
Por outra parte notificar que nesta semana pasada demos comenzado as primeiras gravacións do documental Desde dentro do corazón/o mar. Nel iranse relatando distintas historias que teñen como nexo en común o mar que rodea a Vilagarcía. Un dos puntos importates deste traballo é a recuperación da memoria do accidente do Cabo Razo, con entrevistas aos superviventes daquel naufraxio, así como a xente que axudou no seu rescate e testemuñas de época. Este traballo permitiunos localizar a unha persona para a memoria de Carril: Juan Ramón Abuín Castañeda. Toda a información que tíñamos, a maior parte da prensa de 1958, daban o dato de que este home, primeiro maquinista do cabo Razo e de 64 anos, era de Barcelona. A verdade, si, é de que vivía desde facía moitos anos en Barcelona, pero realmente era do carril. Un emigrante que case atopa o seu final a escasos metros do seu pobo. Pero ainda viviu 30 anos mais. Esperamos ter mais datos en pouco tempo.
De momento disfrutade coa subida semanal e das festas de San Roque.
|
|
|
|
EN MEMORIA DE MILAGROS |
|

Subimos, no día de hoxe, catorce fotos a Galería de Cornazo , once a Rubiáns e vintedúas a Vilaxoán.
Nos proximos días veremos de poder facer outra subida.
Disfrutade do que hai, que é moito. |
|
|
|
JOSÉ CRESPO GARDOU A NOSA MEMORIA |
|

No, están no certo, hoxe non é fin de semana. Pero estamos aquí realizando unha subida como se o fose.
En prevision de ter traballo no fin de seman, facemola agora esperando que vos guste. Disfrutade do Agosto
Os bancos de Ravella (2)
Primeiras Comunións (1)
Sempre Emigrantes (6)
O Carril (3)
Personas Inesquencibles (1)
Familia (10)
Soan campás de voda (1)
Estamos moi preto de sobrepasar o número de 6.000 (si, seis mil) fotografías. Espero que en todo este tempo levedes disfrutando tanto como nos subíndoas. Pero lembrar que nada se podería facer sen a vosa axuda, uns por donala memoria e outros, mais pasivos pero necesarios, por estar ahí detrás, observando. |
|
|
|
|
|