lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

16 de Xullo do 2023, domingo

A subida a o completo en TRADICCIONS E ACTOS.
En portada Manolo Diz, Pepe Eiras e outro mariñeiro do Carril que non identificamos.
A todos eles o noso homenaxe e recuerdo imborrable no dia do Carmen mariñeiro é todolos dias do ano.
A ser felices
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2023 08:37
15 de Xullo do 2023, sabado

Subidas en Vilaxoan, é Os Amigos en portada comunion de Celi Mar Waldo é Maria Riva Valdes en Noya no ano que se instaurou a Republica, 1931.
Bos dias, a disfrutar, saude para todos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2023 07:33
14 de Xullo do 2023, Xoves

Subidas en FAXILDE, SOBRADELO, TRABANCA é A TORRE con FAMILIA.
En portada o edificio, maravilloso situado a tres ruas dos poucos que conservamos, de aquela, nos baixos estaba situado Jesus Lago, electrodomesticos, na actualidade situase unha entidade bancaria.Si miramos o chan, vemos adoquin, toda a rua da Marina era adoquin no ano 1967.Tamen se divisa a entrada da rua Valentin Viqueira ca pedra irrepetible dos seus orixenes.
O mundo arde en calor, nos estamos de pelicula.
Bos dias, a vivir con saude
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2023 07:54
Finou no Brasil a nai de Oralice


Resulta terrible o sentimento de perda, de orfandade, cando falece unha nai, non é comparable con casi nada. Onte, acabamos de enterarnos, finou a nai de Oralice Silva, no seu pais, o Brasil, polo que o sentimento de Oralice pode ser canto mais doloroso por non poder estar preto da súa familia nun momento como este.

Non sabemos como podemos mitigar a dor desta familia tan querida nesta casa. As perdas da xente querida, as súas ausencias, non se poden extrapolar, son de cada un de nós. A Oralice sempre lle quedará o consuelo de que fai pouco tempo viaxou a Brasil, estivo con ela, sentiu a súa calor...

Querida Amiga, no Faiado da Memoria, Margarita é Antonio, sentimos profundamente o que estades a vivir, para ti, para Oubiña, para toda a vosa querida familia, daquí e do Brasil, unha longa e cálida aperta. Que a memoria da túa nai permañeza para sempre con todos.
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-07-2023 07:08
13 de Xullo do 2023, xoves

Todas as subidas de hoxe encuadramolas no BARRIO DA PROSPERIDAD, barrio historicamente marcado como referente de unha Vilagarcia distinta, pobo de exito donde veraneaban ministros, aristocratas e xentes de exito nos anos vinte.
En portada nenos da familia Gomez, un de eles pode ser Mon que logo casaria con Pilar Buhigas. A imaxen na pedra existente na praia da Concha, que a finais dos anos sesenta dinamitaron.
Pois avanza a seman, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2023 06:43
Un asalto poetico

Na rua, de esas cousas bonitas da vida. Non esquencelo, vemonos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-07-2023 19:44
12 de Xullo do 2023, mercores

Subidas en TASCAS CENTROS DE TRABALLO, FAMILIA, PRIMEIRAS COMUNIONS é OS VECIÑOS.
En portada, unha lembranza a Pura, nai de Antonio, no sexto aniversario da sua desaparicion fisica, fotografia do 25 de Abril do 1959, dia da sua voda con Antonio. Pura dou a sua familia momentos grandes e felices a o longo da sua vida, nunca se ira mentras se lle lembre.
Nesta casa, lembramos a Pura, falamos de Pura con normalidade, frecuentemente, no dia de hoxe, compartimos a sua Memoria con todos.
Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2023 08:07
11 de Julio do 2023, martes

Subidas en OS VECIÑOS, imaxes de Catoira, tamen en O CARRIL é PERSONAXES SOBRANCEIROS, en homenaxe a Guadalupe de las Cuevas, unha muller a que agradecemos profundamente a mostra que foi a sua vida na enseñanza de valores.
Bos dias, saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2023 08:04
10 de Xullo, do 2023, luns

Subidas no Ramal é Tascas e Centros de Traballo.
En portada, aquela bendicion de coches motos e bicis que se celebraba anualmente tal dia como hoxe, San Cristobal.
O ano da foto 1965, na bonita Praza de Galicia, de aquela Praza de Calvo Sotelo, coñecida por todos os vilagarcians como O OBELISCO.
Bos dias, escomenzamos seman.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2023 09:04
Adeus para sempre a Luis Suarez

Natural de Montealto, na Cruña, unha leenda a nivel internacional, fixo o seu debut futbolero no Deportivo no ano 1953. A partires de ahi foi un referente no deporte rey, a principios dos anos sesenta fixo unha visita a Vilagarcia donde foi agasallado polo Arosa e pola sua hinchada, unha comida no Mercantil formara parte das nosas memorias e referencias de un campeonazo que nos deixou para sempre no dia de hoxe.
Gracias por todo, Luis Suarez, na tua MEMORIA
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-07-2023 12:53
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0