lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A Memoria nas ruas

Mentras non sexa posible que os rapaces nas escolas estudien o que pasou nos seus pobos, mentras que a REPARACION non alcanze os libros de texto imos facendo o que se pode, INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA DE VILAGARCIA vai facendo os deberes e colocando nos lugares donde lle segaron a vida os que defendian a liberdade, a Republica.Este e o cuarto Roteiro que se coloca, por certo temos que mirar de colocalo a o lado da porta do cementerio, ali era o lugar, non xunto a casa do enterrador.foi un acto o de onte de homenaxe as vitimas, un acto donde a nosa asociacion funcionou coletivamente, donde nos sentimos arroupados e sin fallo na organizacion.
O dia antes charla no Mercantil, agradecidos a Jorge Parada, Flor Baena, Victoria Sanchez Bravo,Manuel Blanco Chivite, Pablo Mayoral e non queremos nin debemos esquencer a Vladimir Fernandez Toval que tantas mans botou pra que todo saira ben. Saude e gracias compañeiros
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2021 08:40
Dez dias de Xullo

Hoxe rematamos unha serie de actos nos que o Faiado da Memoria colaborou, actos de Memoria actos de Historia, procurando que se alcanze a verdade dos feitos,non a que contou Franco e os seus secuaces.
Dentro de unhas horas inauguramos no muro do cementerio municipal un roteiro-monolito que leva escrito unha pequena historia sobre o que queremos contar.
Estades invitados as once e media da mañan no cementerio municipal, nunca podremos defender o que non coñecemos.
Saude, bos dias
Subida de hoxe, ultima paxina de Atopando Detalles
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2021 07:56
Seso Giraldez e Adolfo Pedrido

Ca fotografia, feita logo de rematar unha xornada de pesca organizada polo Liceo, anunciamos a subida do dia de hoxe, na ultima parte da Vilagarcia de Onte e Familia.
Estubo moi ben a comenzo das xornadas de memoria organizadas por Iniciativa, a xente empapòuse do documental de Dufour, SEPTIEMBRE DE 1975, non nos cansamos de decir que con tanto oscurecemento da verdade da realidade aplicado pola dictadura de Franco, estase a disipar a Historia verdadeira de todo o que aconteceu. Hoxe dia nove, os protagonistas de aquelas terribles datas estaran nunha mesa que moderara Jorge Parada, sin dubida unha persoa solidaria entregado a cultura e a pedagoxia da palabra.O acto de hoxe tamen sera no salon da Casa da Cultura
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2021 07:31
A subida do dia

Hoxe imos a carpeta da Vilagarcia de Onte, ultima paxina, logo pasamos a o capitulo de Familia e atopamos a subida de hoxe, graciñas por estar ahi esperando os tesouros do dia, Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2021 08:12
A nosa xente do Carril

Ca fotografia de Joaquin Crespo, anunciamos que a subida de hoxe se concentra na carpeta do Carril.Lembrade que os actos que escomenzan mañan ca proxeccion de SEPTEMBRO DO 1975 cumpren cas medidas de aforo impostas pola administracion, os problemas non estan nos foros da cultura, que se apliquen as medidas donde todos sabemos que se deben aplicar.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2021 07:54
Vilaxoan na subida de hoxe

As duas fotos que subimos no dia de hoxe van a o arquivo de Vilaxoan na ultima paxina
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2021 07:48
Escomenzamos a seman

Por certo de moito movemento para nos que participamos como Iniciativa Cidadan da Memoria Historica de Vilagarcia nos actos a celebrar nos ultimos dias da seman pra celebrar a inauguracion do cuarto roteiro democratico, que se colocara na entrada do Cementerio Municipal, ca colaboracion do Ministerio de Transportes e Carreteras e do Concello de Vilagarcia.
Anunciamos que a subida de hoxe e na ultima paxina da Vilagarcia de Onte, tamen na ultima paxina de Vamos a Retratarnos..
Coidadevos, Saude, Bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2021 07:33
A subida de hoxe

Hoxe imos de voda, en soan campas de voda integramos duas fotografias que marcan unha voda espectacular de natural, a voda de Marta e Benito.
Entrades en blogoteca.comofaiadodamemoria, a esquerda atopades os nomes das galerias, entrades en Soan Campas de voda, ides a o final e vos atopades ca subida de hoxe.
Todo e moito mais complicado que antes, nos estamos a pasar o doble de traballo. A disfrutar do domingo, bos dias, moita saude.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-07-2021 07:50
Sentimos as cousas que pasan

A falta de ética está, non solamente nos telediarios en forma de chourizos que salen esposados por quedarse co que non é de eles, a masa, fai o mesmo. Explicámonos:

Cando creamos O FAIADO DA MEMORIA enseguida vemos a necesidade de promocionarnos para que a xente sepa de nós no mundo de internet, particularmente a min, Margarita, supuxo unha verdadeira revolución na miña vida. Non o fixera nunca, estamos a falar de fai trece anos e o de xestionar un blog... Non era fácil, millor dito, non tiñamos idea.

Arrancamos e ós días convertíronse nunha mezcla de renuncias e satisfacións. Horas intentando subir as fotos, reconvertindo de tiff a jpg, recortando e utilizando esta casa, desde a que estou falando, como cuartel xeral.

Pasou o tempo, subimos arredor de quince mil fotografías e a nosa casa anueblada convirteuse, a nivel Galicia, nun espacio moi sonado e visitado. Durante un tempo tivemos un contador de visitas, falábannos de lugares que nos visitaban, nos Estados Unidos tiñamos un club de fans, tódolos días entraban no Faiado. Arxentina, Sudafrica,...

Non temos tempo para contar a nosa vida desde aquela a hoxe. Un día contactaron con nos e ofrecéronnos a posibilidade de mellorar, de cambiar de páxina. Un dos donos da Blogoteca creaba, xunto a outras persoas, o proxecto PHOTTICC e alá vamos, eso si sin abandonar a nosa casa de sempre, esta na que estamos.

Fixemos unha páxina que na actualidade ten mais de once mil fotografías, e o noso traballo dos últimos sete anos, de a diario, sin descanso. O día un de Xullo, cando entramos a colocar as fotografias do día... ¡A nosa páxina desaparecera!.

Xa se nos tiña comentado, fai uns meses, que as cousas estaban moi mal entre os socios, nos contestamos que se nos fixera un volcado das nosas imaxes e contestáronnos que claro que si, pero que non habia presa...Hasta que pasou o que pasou...

Por suposto que estamos moi disgustados, non somos de ferro, as cousas doen e afectan.

Píllannos nun momento de moito traballo, as Xornadas da Memoria hai que cociñalas, logo de elas, logo que pasen, tomaremos medidas e denunciaremos o expolio, o roubo, o secuestro do noso traballo, por certo cada ano pagábamos unha cantidade de cartos polo aloxamento do noso traballo nun servidor que tíñamos alugado.

Utilizaremos a nosa blogoteca, tamén utilizaremos o facebook con subida a diario de dúas fotos, escomenzamos hoxe na sección de Os Amigos e Terra de Artistas.

Disculpade a nosa torpeza elexindo amistades peligrosas. Bos días, boa sorte e Saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2021 07:51
Escomenza Xullo

O mes mais luminoso do ano cos dias mais longos, praias da nosa Galicia para disfrutar, o ano pasado moito pior que este no que estamos.
Bueno pois que todo vaia ben, e que se poida vivir con normalidade, lembrade que estamos a traballar na organizacion de unhas xornadas de memoria que se celebran en Vilagarcia os dias oito nove e dez de Xullo, por certo a os nosos amigos, os que fochedes a o ultimo xantar en Febreiro do 2019, fixechedes posible a financiacion do roteiro que se colocara este dez de Xullo na porta do cementerio.
Saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-07-2021 07:51
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0