lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Jose Luis Nogueira

Fillo de Maria del Carmen Rapariz e Jose Luis Nogueira no seu dia alcalde de Vilagarcia.Neto de Manuel Rapariz creador de un entramado comercial importante no mundo da xoieria e reloxeria, o Taller Rapariz creou moitos postos de traballo en aquela vila nosa.

A dona e fillas de Jose Luis, a todos os que lle querian as nosas sentidas e respetuosas condolencias
Comentarios (13) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-07-2021 12:02
Finou Eustaquio

Fai moitos anos, cicais na decada dos sesenta chegaron a vivir as casas da Renfe, eran unha parexiña nova, procedian de Leon, Eustaquio era ferroviario. Tanto el como Emma a sua dona facianse querer, eu Margarita sempre me quedou grabado Eustaquio, cando morreu meu Pai, a morte ocurriu nun barco o seu traballo. Eustaquio estivo xunto a outra persoa mais toda a tarde, horas enteiras na acera donde viviamos, frente a estacion vella, estiveron esperando que chegaran os restos de Felipe para subilos a hombros a sua casa. Nunca esquencerei esto, Eustaquio e Felipe eran compañeiros de unha partida de cartas. Bo longo sono Eustaquio, boa viaxe e moita paz a tua familia
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-07-2021 11:38
Subida

Sin dudalo o noso blog, o blog do FAIADO DA MEMORIA forma parte da memoria visual e social de unha Vilagarcia que non existe, a nosa subida de hoxe vai na ultima paxina da Vilagarcia de onte, os que non sodes de aqui de sempre non buscar, non volvades tolos, todo iso xa non esta
Ata mañan, bos dias, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2021 08:30
Mercores dia 21 de Xullo

As subidas de fotografias nesta data son nas ultimas paxinas de PRIMEIRAS COMUNIONS, FAMILIA é A ILLA DE CORTEGADA
A ver si se vai poñendo millor a situacion da pandemis, para poder disfrutar do que queda de bo tempo, de luz, de sol.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2021 07:48
Subidas en Guillan

Na ultima paxina do arquivo adicado a Guillan, incluimos no dia de hoxe duas fotografias.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2021 08:50
Vai pasando Xullo

Os que non somos nenos estamos agradecidos de poder ir contando o que se vive, porque xa viran de novo as festas en outro tempo mais de vivir e disfrutar. Esta cousa nova que nos tocou vivir, ira millorando porque a ciencia a combatirá, como outras veces en outras epocas.
A subida de hoxe esta en TIENDAS TASCAS,CAFETERIAS E BARES. Bos dias, Saude
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2021 08:11
Elpidio Villaverde

Republicano convencido, Elpido naceu nunha familia con recursos nunha epoca moi dificil nun pais pobre e atrasado, en Vilagarcia era un home apoiado cos votos, foi o ptimeiro Alcalde Republicano, pasado o tempo diputado por Izquierda Republicana, Elpidio representaba a la ORGA, de Casares Quiroga.
Foi dos unicos que tras o golpe de estado puxo terra por medio e uxiu de unha morte segura.
No oitenta e cinco aniversario do golpe de estado de Franco lembramos a figura de Elpidio Villaverde, home de palabra, de paz, legalmente elexido polo pobo.

fotos subidas en carpeta de Cornazo é Familia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2021 07:59
Hoxe sabado dia 17

Subimos duas fotografias, na carpeta de VILAGARCIA DE ONTE e outra fotografia, integramola na PRAIA COMPOSTELA. Disfrutadeas, forman parte do que eramos, aquela vila vivindo unha epoca imposta polas circunstancias.
A fotografia na que anunciamos a subida vemos unha fotografia posiblemente dos anos trinta, na Praia Compostela, un grupo de mozas, entre elas Angela Fuentes e a Nena de Padin, xa de aquela habia piraguas.
Bo dia, Saude.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2021 08:12
Maria Jose de cumpleanos

Hoxe temos de cumple a nosa Maria Jose Vazquez. , decimos nosa porque ela e unha das persoas que o que nos faga falta…ali está.
Maria José é neta do recordado por todos os de Vilagarcia que xa teñen unha idade O Arousan, con aquela tenda na praza do Obelisco, decimos neta, filla, da única filla que tivo Señor Manuel.
Pois nada querida amiga, desexamoste entre outras cousas que pasen pronto as datas para a chegada de Marisa, sabemos o que representa esto para ti, bo dia, boa festa, bo ano…Moitas felicidades.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-07-2021 18:58
Ca nosa mirada atras

Tal dia como hoxe queremos e debemos lembrar a xente do mar que pasou polas nosas vidas, aqueles mariñeiros que coñecimos e que non vai existir unha xeneracion como aquela, loitaban co mar no afan de levar a casa todo o bo que de el podian sacar, e sacarono, claro que si. Os irmans Eiras, Manolo e Pepe, os irmans Diz Verino e Manolo, Xine e Moncho Abelenda, Julian Iglesias,Jose Longa, as mulleres encabezadas por Lita Sanchez, Maruja Abuin, é un longo etcetera. Sentimos non poder extender estas lembranzas a mariñeiros de outros lugares, como Jo Tarrio de Vilaxoan, os Escobar e moitisimos mais que quedaran grabados para sempre na memoria e no corazon dos seus veciños para sempre, formaran parte na memoria irredenta dos colectivos da Galicia mariñeira.
O noso profundo homenaxe
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2021 08:52
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0