lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O Canteiro de Sebil

O proximo xoves, as nove da noite na sede do Faiado estades convidados a proxeccion do documental do CANTEIRO DE SEBIL, coma sempre non hai nada que pagar. Esperamosvos, non faltedes.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-07-2018 08:55
Artigo de Gaspar Gonzalez Somoza
No Diario de Arousa
Joaquín Canto García “Kike”, in memoriam
GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA*
11 DE JULIO DE 2018

É hoxe un deses días nos que se fai moi complicado ordenar as ideas e moito máis aínda facelas palabra.
Onte fóisenos o Adestrador, así, con maiúscula, Joaquín Canto García, Kike para amigos e achegados. Kike para tantas e tantas persoas que nesta Vilagarcía de Arousa que el tanto quería tivemos a inmensa sorte de percorrer parte do noso camiño canda el.
Deixounos, como digo, o persoa que tanto fixo polo deporte nesta súa vila, sempre co seu irmán José, a outra peza dese binomio de auténticos titáns que eran, que sempre serán, os Irmáns Canto, unha mostra adorable de nenos dunha familia traballadora que loitou en tempos pasados -que non sempre son mellores, por moito que o diga o poeta- por vivir e por axudar a sobrevivir a tanta xente no seu amado barrio do Castro cando guerras, posguerras e ditaduras facían estragos...
Marchou unha autoridade na historia do deporte vilagarcián. Desde as primeiras brazadas nas augas do Cavadelo, daquelas sesións de halterofilia nas que chegaban a mover ata corenta toneladas de ferro, dun ferro que hoxe quizais xa non é tan duro e mesmo solta unha lágrima... Un pioneiro do baloncesto cando non había nin medios nin infraestrutura, promotor do balonmán, do atletismo, do submarinismo...
Despois viñeron as épocas de formación deportiva e persoal de varias xeracións que aprendemos con el a amar o deporte e sobre todo, a ser mellores persoas... Porque iso é algo que caracterizaba as ensinanzas de Kike: o deporte, fose cal fose, era un xeito de empatizar cos demais, de unir, de divertir e de crear bo ambiente, competición en amizade, ilusión por mellorar... Unha ilusión parella á que el tiña por ensinar canto sabía, que non era pouco. Aos seus sete saberes deportivos sumouse tamén o seu bo facer coa madeira, outra das súas paixóns, herdada do mestre e amigo Antón Rivas Briones, e que lle enchía moitas horas das poucas que para alguén como Kike Canto teñen os días, pois xente así ben merecería que cada xornada tivese máis duración para poder facer máis cousas...
Vilagarcía de Arousa queda orfa dun pai deportivo, queda sen unha desas persoas que lograron que a nosa vila hoxe poida presumir de campioas e de campións, de equipos grandes e deportistas de recoñecemento internacional. Quedamos sen a súa presenza, pero nunca poderemos esquecer a súa entrega aos demais.
A nosa vila chora o pasamento de quen o deu todo polo deporte durante a súa vida, por practicalo e por ensinalo, por fomentalo e por gozalo...
Este que aquí escribe, e que pecha agora feixe de palabras mal ordenadas e regadas con lágrimas perde, ademais dun adestrador, un partícipe de risas, un mestre, un compañeiro...
Ata sempre, Kike! Ata sempre, amigo!
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 11-07-2018 07:59
Finou Joaquin Fernandez

Unha mala noticia pra escomenzar a seman, a morte de Joaquin do Estanco da Marina, fillo de Milita e Pepe. Triste de verdade, insoportable para a sua familia,a Nuria a sua muller, os seus fillos a todos os seus irmans o noso afecto, non esquenceremos a Joaquin, unha aperta para todos.



" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Joaquín Emilio Fernández Caeiro
"Quimé"

Que falleció cristianamente el día de ayer,
a los 56 años de edad.
D.E.P.
Su esposa, Nuria González Núñez; hijos, Jorge y Pablo (Podo) Fernández González; padres políticos, José González Portela y María del Carmen Núñez García; hermanos, Chicho, Patucas, Marité, Pepe y Pitusa Fernández Caeiro; hermanos políticos, Mari Carmen, Seve, Toño, Alicia, Tomás, Patricia, Kiko y Pipe; tíos, Moncha y Fico; sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones. El velatorio finalizará MAÑANA LUNES, a la UNA MENOS CUARTO de la TARDE y seguidamente se procederá a su incineración en la intimidad familiar, favores por los que les anticipan gracias.

Los funerales por su eterno descanso se celebrarán MAÑANA LUNES día 9, a las 18:00 h., en la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-07-2018 07:49
No DIARIO DE AROUSA no Siradella

Hoxe en paxinas centrais do DIARIO sacan a nosa viaxe a San Simon, ahi estades todos, uns vense millor que outros pero xa sabedes ide comprar pra quedar como recordo do noso viaxe a Illa de San Simon no noso decimo aniversario
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-07-2018 14:11
Santaya o vello gaiteiro
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 03-07-2018 20:49
Hoxe no DIARIO DE AROUSA

Xa o podemos mercar que saimos todos na viaxe a San Simon o pasado domingo
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-07-2018 16:43
As imaxes da Viaxe a San Simon.

Bueno o tempo non nos acompañou, Antonio e mais eu iniciamos a aventura de organizar este viaxe como un dos obxetivos do noso decimo aniversario como asociacion, non fomos moi libres a hora de levar xente e outras cousas mais, a Deputacion marcaba un maximo de cento oito persoas, foi as que levamos, a o segundo dia de abrirse o prazo estaba cuberto o cupo, pero esto non foi bo, deixamos atras o doble de persoas, xente moi cercana que non poido acompañarnos. Hubo mais contratempos, claro que si, pero todo isto e pedagoxico,enseña o que non se debe facer, dito esto, foi un dia agradable, donde cumprimos cas ganas de rendirlle homenaxe por parte do Faiado a todos aqueles que pasaron pola Illa de San Simon vitimas do fascio, dun golpe de estado asesino que lles privou a liberdade e a vida.
As fotografias estaran na carpeta de A XENTE QUE FAI FAIADO. Cliquea aquí e xa te leva ali rapidiño.

Hasta outra, moitas gracias bos dias
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-07-2018 08:58
[1] 2
© by Abertal