lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

COMENZAMOS AGOSTO

Comenzamos agosto con actividades importantes, a primeira, o domingo día 5, colaborando con VOLTA MONTANA, realizaremos unha visita guiada a illa.

O día 7, martes, farémola presentación dun traballo importante para nós, explicarémolo ese día, ainda que xa as emocións están a flor de pel. Será ás 12:30 da mañán. Ainda que é un acto informativo de cara a prensa, estades invitados/as a asistir.

O día 9, xoves, tamén a emoción de sentirnos preto de aquela xente, dos colonos de Cortegada aos que despoxaron da Illa para agasallar a un Rei, Alfonso XIII, que nunca fixo caso dela, e logo os seus parientes a venderon ao millor postor.

Sobre todo esto nos falará Agustín Insua, neto dunha das propietarias de casa e terras e coa que Agustín conviviu hasta os vinteún anos. Quedades todos invitados a charla que será ás 20:30 cun pase previo dunha pequena curtametraxe para meternos no contexto. Merece a pena.

Todos estes actos serán no local de Ravella27.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2018 21:04
Finou Fita Bernardez

" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Josefa Bernárdez Leal
"FITA"
(Vda. de D. Eugenio Francisco Prieto Barral)

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 91 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Francisco, José Antonio, Jacobo y Silvia María Prieto Bernárdez y Carmiña Fontenla Bernárdez; hijos políticos, Concepción Lucio y Antonio Carlés; hermanos, Maruja, Cándida(†) y Carmiña; hermanos políticos, nietos, nietos políticos, bisnieto, sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MARTES, a las CUATRO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Vilagarcía, favores por los que les anticipan gracias.

Habrá servicio de ómnibus desde el Tanatorio, para la asistencia al sepelio y regreso.

T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 2
Vilagarcía de Arousa, 30 de julio de 2018
Para toda a sua familia o noso sentimento de respeto polo pasamento de Fita, especialmente a Paquiño o noso amigo da infancia, unha aperta.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-07-2018 19:46
Manolo do Bar Campos



" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Manuel Campos Soto
(BAR CAMPOS)

Que falleció cristianamente el día de ayer,
a los 69 años de edad.
D.E.P.

Su esposa, Carmela Castro Iglesias; hijas, Carmela, Nati y Paloma Campos Castro; hijos políticos, Javi Bugallo y Alfonso Somoza; nietos, Jimena, Valeria, Natalia y Hugo; madre política, Carmen Iglesias (Vda. de Juan Castro "Juanito el Pintor"); hermanas, Dolores, Julia y Josefa; hermanos políticos, sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MARTES, a las CINCO Y CUARTO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio General de Vilagarcía, favores por los que les anticipan gracias.


Habrá servicio de ómnibus desde el Tanatorio, para la asistencia al sepelio y regreso.

T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 3
Vilagarcía, 30 de julio de 2018
O noso sentido Pesame para Carmelita e toda a sua familia
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-07-2018 19:43
SON DA MEMORIA
Que non sexamos sempre os mesmos, que os que chegen o fagan para servir, non para ser servidos, da gusto ver xente que quere lembrar, facer memoria, sentir o que pasou, romper co esquecemento sin duda provocado por unha dictadura que afianzou no tempo unha forma de pensar iñorante que intenta esquencer unha parte do que pasou.

Pequena peza audiovisual da experiencia vivida o día 26 de xullo na Illa de San Simón, coas gravacións en discos de cera dos textos de presos políticos e familiares, encerrados nese espazo a partires do 15 de outubro de 1936.






Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-07-2018 07:43
Vaise Xullo

Que en Vilagarcia. é tan bonito tan cheo de luz, a xente na rua, na praia, hoxe ESTAMOS cheos de festas entre elas no Carril, lembramos...¡Como non¡aquelas xuntanzas familiares na casa da miña avoa Pepa, a ela adico hoxe o meu traballo de recuperacion visual de memoria na sua subida diaria. Bos dias, boas festas
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2018 09:06
Festa grande

Como o noso dia, o dia dos galegos, dia de Galicia do sentir que temos un pais noso, non de uns poucos, de todos, sentimento importante con dereito de xestionalo como cada un de nos o considere, dia de festa en moitos lugares da nosa terra, para nos desde a mais tierna infancia e o dia de Carril, dos xantares en familia, dos bicos das avoas, das lembranzas, dos cheiros. Saude, bo dia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-07-2018 09:24
As tradicions

Escomenzan as festas do Carmen en Vilaxoan nas datas correspondientes, desexamos os do Faiado unhas boas xornadas de alegria, boas tradicions e saude pra todos moi en especial para os mariñeiros
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-07-2018 08:52
Finou Emilio Barreiro

Dia triste para todos porque Emilio era cercano a todos, dou pola comunidade o seu tempo solidariamente, foi cargo publico, concelleiro no Axuntamento, de aqueles que entregaban as suas horas a cambio de nada. Mestre tolerante. Todos lembramos a Emilio como alguen que utiliza a palabra, a sua voz sempre de forma positiva, para facer ben. Foi tamen un impulsor do Refuxio, da Protectora de Animais, de Proteccion Civil…e un longo etcétera. Emilio Barreiro botaremoste de menos. A Pilar, pois non se lle pode decir mais que foi unha privilexiada por ser a outra metade de Emilio, os seus fillos unha aperta, non poideron coidalo millor. Para todos os componentes da longa familia Barreiro Garrido o noso sentido respeto pola morte de Emilio e a nosa admiración pola sua vida. Hasta sempre Emilio



" O SEÑOR "
D. Emilio Barreiro Ramos
(Mestre Xubilado do CEIP Rosalía de Castro de Carril)

Pasou á presenza do Señor, o día de hoxe,
aos 76 anos de idade.
D.E.P.
A súa dona, Mª del Pilar Garrido Castromán; fillos, Mª Pilar, Daniel e Estefanía Barreiro Garrido; fillos políticos, Carlos Cobelo, Sabela Pillado e Juan Manuel Pérez; netos, Clara, Gabriel e Pedro Cobelo Barreiro; Andrea; Jaime e Juan Pérez Barreiro; irmáns, Daniel, Mª Victoria, Elisita e Socorrito Barreiro Ramos; irmáns políticos, Mª del Carmen Bouzas, Arturo Castañeiras(†), José Antonio Rey, Enrique Basadre, Mª del Carmen(†), Fita, Daniel, Conchela, Rita, Gema, Isabel, Guillermina, Alicia(†), Dito, Luis, Lourdes e Javier Garrido, José López(†), Felipe García(†), Mituchas Iglesias, Jenaro Abeledo, Pepe Filgueira, Benito Pérez, Agustín Pereira, Manuel Sánchez e Carmucha Gómez, Fina Parajó, Carmela López, Antonio Fernández e Maribel Gómez; sobriños, curmáns e demáis familia.

Agradecen unha oración pola súa alma e maila asistencia á condución dos seus restos mortais MAÑÁ VENRES, ás SEIS E MEDIA da TARDE, á Igrexa Parroquial de Santiago de Carril, onde se celebrarán os funerais e de seguido recibirá sepultura no Cemiterio Parroquial de Sta. María de Rubiáns.

Sairán 2 ómnibus ás 17:30 h., un dende Carril (Plazoleta) e outro dende Rubiáns (Zamar), pasando pola Igrexa, Estudiante, Sentín e Churrasco, para a asistencia ao sepelio e regreso.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-07-2018 16:48
Para Rosi Eiras e Eduardo

Rosi Eiras hoxe esta de cumpre… pero…sabedes? Eduardo Muñiz, o seu Eduardo, tamen esta de cumple…¡Festa rachada¡ Desde o Faiado nos sumamos a un dia tan grande e os felicitamos con moita efusividade, con moito cariño, sin deixar de botar a vista atrás e lembrar a aquel mariñeirazo da Toñuca e de tantos mares bravos como era Pepe Eiras, o lembrado Pai de Rosi, xente do Carril de sempre, honrados a carta cabal, boa xente que fixeron que Carril escribise con letras de ouro a os seus mariñeiros.
Rosi e Eduardo siguen tan enamorados como cando moceaban, imoslle poñer a canción que na actualidade faille poñer os ollos en blanco, bueno pasade un feliz dia, xuntos coma sempre, moitos parabens desde O Faiado da Memoria, moitos bicos.

Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 18-07-2018 06:40
Dia importante

Hoxe celebrase en toda Galicia a festa do mar, dos mariñeiros, felicitamolos porque todos somos un cacho de mar, por si fora pouco, Maria Jose Vazquez, unha das netas do Arousan, Maria Jose a nosa, ela e mais eu somos amigas desde fai mais de coarenta anos, colaboradora do Faiado, e no dia de hoxe...de cumpleanos. Moitas felicidades Querida, que sexa un dia grande, tan grande como ti eres, poñemos a foto cos sobriños porque Maria Jose e unha madraza dos fillos da familia, dos amigos...é feliz cos nenos e os nenos con ela, bueno, xa lle comunicamos que de esta non se libra, que prepare os pasteliños, mercores vemonos. Un bico Amiga
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-07-2018 13:48
1 [2]
© by Abertal