lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Dia triste na casa

Acaban de chamar para darnos a noticia do fallecimiento de Pura a Nai de Antonio. Pouco mais que decir somentes quero compartilo cos todos os amigos.

Si o outro día estábamos de festa e celebración pola celebración do cumpreanos de Antonio, hoxe coñecemos a outra cara da vida.

Ás sete menos cuarto desta mañán faleceu a miña nai Pura, tras sufrir unha caida na súa casa no mediodía de onte.

Hoxe a familia reunímonos unha vez mais para despedila no Val Miñor, onde sempre viviu e vivirá.

Debido a que é necesario facerlle a autopsia e, polas cuestións burocráticas, esta non pode ser hasta mañán xoves, o corpo da miña nai non vai a poder ser velado hasta mañán a partires das dúas no tanatorio de Sabarís, sala 4 do santa lucía.

O enterro será en Gondomar ás 9 da tarde, sí, ás 21:00 horas.

Moitas gracias a todos
Comentarios (56) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-07-2016 07:05
Belarmina foi un exemplo

Foise Belarmina Ordóñez. Naceu en Rianxo e de mociña quixo vir para Vilagarcía a traballar. Coñeceu a Miguel Sanmartín, namoráronse dando comenzó ao seu noviazgo.

Chegou o maldito 36 no que Miguel, logo de defender Vilagarcía, tivo que enrolarse no exercito fascista e ir a guerra. Cando tivo a primeira oportunidade pasouse as filas do Goberno da República no que pasou un tempo hasta que caiu prisioneiro.

Belarmina, mentras tanto, foise de Vilagarcía para Rianxo de novo. Presentouse voluntaria para lavarlle a roupa aos presos do campo de concentración que alí se creou, presos, maioritariamente, asturianos.

Aparte de lavarlle a roupa, leváballe comida, tabaco e SOLIDARIDADE. Ese sentimento era moi propio de Belarmina, que foi unha muller que sabía relativizar os problemas diarios con nota.

Esto que aquí se conta non é nin a cuarta parte da xestión humanitaria de Belarmina cos presos, pero teríamos que facer un libro para contar todo o que esta muller fixo.

Noutro pais mais formado, Belarmina tería unha homenaxe institucional. O atraso que levamos leva a situacións difíciles de entender.

A súa familia o noso sentido pésame.

Sentimos a súa morte porque nos tamén lle queríamos.

Belarmina, hasta sempre.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-07-2016 18:02
Moitos parabens para Antonio

Hoxe dia cinco de Xullo esta o pai de Antonio de cumpleaños, cumple…unha chea deles e por iso o próximo sábado fara unha festa para todos os seus, para a familia, por suposto o acompañaremos. Mentras tanto no dia de hoxe felicitamolo e mandamoslle moitos bicos cheos de cariño, tal e como el merece. Moitas felicidades Antonio
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-07-2016 07:54
Estamos en Xullo

Un mes perfecto para vivilo, mes en que Vilagarcia coma casi sempre e un luxo, co seu clima de poder andar todo o dia pola rua, disfrutade da vida, moita saude, na casa nova tendes unha chea de fotos novas para disfrutar, imos cara as cinco mil isto e importante para nos porque a verdade a notabamos con poucos muebles. Bos dias, feliz fin de seman
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2016 07:24
[1] 2
© by Abertal