lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

PRESTADE ATENCION

A ver imos supoñer que o domingo trece fai un bo dia que a climatoloxia esta a o noso favor, enton imonos concentrar na zona da Alameda do Carril as once e cuarto da mañan. Previamente aparcariamos os coches donde teñamos sitio cas viandas ou cestas da comida no seu interior. Repetimos, as once e cuarto, para calquer urxencia, o noso movil é 672705738. Non podemos perder tempo, que sepades que hai xente que non fai o viaxe polo mar sinon que vai directamente a zoa do restaurante a Catoira, a hora do xantar a imos a colocar entre as duas e media tres, si antes estamos todos, pois empezaremos a roer que o mar da moito apetito. Somos moi pesados pero non esquencer, na alameda do Carril as once e cuarto da mañan o domingo dia trece, saude e sorte.
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-07-2014 07:57
A illa soñada

O venres e sabado colocaremos no blog as indicacions para a xente que vai facer o domingo a excursion pola ria de Arousa, si todo vai ben, si o tempo acompaña, porque si chove ou fai frio o deixariamos para outra ocasion, non estamos para xogar a coller unha pulmonia, nos acompaña xente con bastantes anos cumpridos e non e cuestion de xogar ca saude.
Entendede ben, de momento saimos de excursion e temos foliada de comida, a comida anual do Faiado esa en que tan ben o pasamos, tan agradable reunirnos sin que sexa por internet, polo tanto imos cruzar os dedos e facerlle caso a o Meteosat que anuncia bo tempo para o domingo dia trece, temos permiso de Illas Atlanticas para visitar Cortegada, esa illa que forma parte do Faiado da Memoria, da nosa vida
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-07-2014 06:41
A disfrutar

Non sabemos como chamarlle as novas situacions laborales do pais, o caso que o noso Jose Carlos Dasilva entra nunha de esas etapas que non hai que ir o traballo mais que unhos dias a o ano....prexubilacion ou cousa parecida. A ver é unha autentica ledicia, disfrutara de moito tempo, que si os fillos que si a neta, os amigos, o Gato Negro...buenoo un privilexio, por suposto merecido, porque Jose Carlos e un cacho de ser human a o que nos desde eiqui mandamoslle un abrazo de felicitacion.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-07-2014 07:13
Foto do Leon XIII

Estos son algunos de los componentes de un curso del León XIII del año 1953 compuesto por: de pié y de izquierda a drcha, Lucho Tourón, Angel Fresnedo,Miguel G. Freire (f),Juan Tomás Lago, Raul Conde Ramos (f), José Antonio Bazaco Barca, y Juan José Carrasco Mena; en cuclillas, izq. a drcha, Jaime Arias Campo(f), Aurelio Alvarez Rey (f), Manuel Morales, Benigno Cores Blanco (f) y Manuel Ferreirós (f)
Descripcion de Angel Fresnedo

Imos aproveitar a imaxen para decir que desde o trece de Agosto do pasado ano o Faiado ten unha paxina nova é que notamos unha total desinformacion sobre ela, polo tanto a partir de hoxe faremos un seguimento desde eiqui a diario. A paxina nova ten xa duas mil fotos subidas é un traballo que nos gustaria que acollerades con cariño, porque nos tamen o facemos da misma maneira

http://ofaiadodamemoria.org

Direccion do Faiado




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-07-2014 06:52
Hoxe esta de cumpleanos Mary Dominguez

Que fai poucas datas que nos visitou na nosa casa que é a de ela, veu acompañada de Yoel o seu fillo, Mary estaba feliz xa facia uns aniños que non visitaba o seu pobo, a sua familia. Mary e filla de Moncha Lorenzo e de Joaquin o do Veloz, polo tanto xente importante no noso corazon. No dia de hoxe Mary e Yoel xa estan en Canarias o seu lugar de residencia, Mary esta de cumpleanos e nos adicamoslle esta cancion. Felicidades miña nena, que haxa saude e hasta mais vernos


Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-07-2014 07:08
Que veña o soliño

Eso é o que pedimos de eiqui a o domingo dia trece, que e o dia da xuntanza do Faiado, facemos a comida en Xullo porque ofrece maior garantia de bo tempo, e resulta que a dia de hoxe chove e fai frio...bueno como di Eduardo esto sempre foi asi, imos poñer boa cara e tirar cos malos pensamentos. Iremos contando o longo da semana, xa temos permiso de Illas Atlanticas para entrar en Cortegada. Coidadevos e seguimos falando.
Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-07-2014 06:51
Felicidades Jesus

Hoxe esta de cumpleanos Jesus Perez Arca, blogueiro é colaborador do Faiado, enton adicamoslle unha cancion da tuna compostelana, con unha imaxen dos vilagarcians que se constituron en tunantes a finais dos cincuenta, no primeiro plano o noso Carlos Puga. O dito Jesus de hoxe nun ano e moitas FELICIDADES




Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-07-2014 07:39
Malas noticias

Hoxe os do Faiado, ou millor dito Margarita e Antonio, estamos de loito. Recibimos nun telefonazo de Cándido, un Cándido desfeito, roto, a fatal noticia que nos deixou coa boca aberta: Finou Antonio Prego, o que fora dono, coa súa muller Chelo, de Muebles Prego.
Non o podemos creer, non hai dereito, Antonio era o noso amigo das tardes do domingo, o propietario do "Alboio" do Cornazo. Precisamente viña de alí cando un fulminante ataque ao corazón o levou para sempre. Maldita morte que leva a xente que queremos. Perdoade, pero Antonio e mais estamos un pouco inconsolables, non esperábamos isto.
O funeral de Antonio será mañán venres as oito da tarde na parroquial e o soterramento será, posteriormente, no cemeterio de Cornazo.
É dificil que Chelo Cancelo, a súa dona, teña consuelo nestes momentos. Antonio era o seu home e o seu timón desde fai cincuenta anos, Antonio era unha gran persoa, un bó fillo, un bó irmán, un bó compañeiro e un bó pai, foi feliz, foi un home traballador, un bailarín empedernido, un amante dos boleros que deixa un baleiro moi grande no corazón da súa familia. A Beti, Natalia e Raquel o noso agarimo, a Mercedes súa irmán que tanto se querían un abrazo que facemos extensible a Merchi e Marcelo, os seus sobriños, cercanos, moi cercanos a Antonio Prego.
Antonio, hasta sempre AMIGO
Comentarios (18) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 03-07-2014 10:58
Familia Calvo Cerqueiras

Fundadores da panaderia Cornechos do Carril, Vicente Calvo e Juanita Cerqueiras tiveron doce fillos, cifras normais nos tempos en que estamos a falar. Imos aproveitar a foto para decir que este blog e nosa casa vella, temos unha casa nova que nos gustaria que visitarades, non estamos a promocionar unha para deixar a outra, as duas son nosas e as duas lle queremos, pero estamos gastando un esforzo amueblando a nova, subindo fotos todolos dias, e moita xente nin se enterou. Por eso o decimos. A nova e distinta, pra facer comentarios hai que rexistrarse, pero temos que acostumbrarnos para que as novas tecnoloxias non nos superen. Imos poñer un link da nosa casa nova.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2014 07:08
Luisa Calvo

Este bellezon e neta dos Calvo do Carril, panaderia Cornechos e pola veira materna de Oristila a viuda de Dieguez, tipografo no seu dia do Galicia Nueva. A foto e na praia de Compostela arredor do ano 1969, a envia desde Vigo o seu marido o noso blogueiro Angel Fresnedo, Angel é un privilexiado desde o seu nacemento, veu a o mundo nun lugar historico, na casona dos duques de Medina de las Torres, o pai de Anxel traballaba na casa. Aproveitamos a foto para decir que hoxe chegamos as duas mil fotos na casa nova
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2014 07:16
© by Abertal