lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Invitacion

Xa recibimos no Faiado a invitacion para o acto de recoñecemento a Dario Rivas. Logo de esto o recibiremos en Vilagarcia...coma sempre
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2014 08:05
As gracias a todos
Porque sempre sentimos que o Faiado e un proxecto colectivo, do pobo e para o pobo, das nosas lembranzas, dos nosos antergos, que algun dia tera o pago que merece. Longa vida a o Faiado da Memoria e a sua xente



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 21-07-2014 20:11
Logo de xantar

Chegou a hora do relax, do cantar das voces bonitas






Comentarios (2) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 21-07-2014 20:07
A pasada Festa do Faiado
O pasado dia trece de Xullo reunimonos os do Faiado e pasamolo de pelicula, deixamos eiqui os videos creados polos nosos artistas Luis Carlos Penide, Mari e Juan Luis Patiño

Comentarios (2) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 21-07-2014 20:02
¿UN NOVO ATAQUE A O PATRIMONIO VILAGARCIAN?

Non nos gusta, pero nadiña, a suposta restauración da fonte do Castro. ¡Que magoa!.
Días atrás vimos como dúas personas estábanlle a "lavala cara” a fonte cepillos en man. Cando pasamos pola tarde, xa a fonte perdera a patina amarillenta, do antigo, do vello,… por algo distinto. Como si lavas algo con lexivia (lejía, en castelan). Cando se anuncio a "mellora" da fonte do Castro, manifestamos que nos daba medo... que razón tíñamos... hoxe quedamos abraiados, coa boca aberta, de ver o que están a facer coas pedras que estaban na base da fonte... Estannas a sacar e poñer outras novas que chirrían, que da pena velas. AS pedras de 1885 nin se sabe que farán con elas.
De novo unha intervención política, sin pes nin cabeza, ataca un elemento patrimonio-histórico moi querido, moi noso, como o é a fonte do CASTRO.
¿Porque non se quedaran quedos e se marchan en silenzo? Xa que non fan unha cousa boa que non destruan as que hai.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2014 22:29
Felices Festas

A todos os lugares que celebran as suas festas especialmente a Vilaxoan que este fin de seman celebran o Carmen festa das xentes do mar. O da fotografia e Ramon fillo de Moncho fotografo toda a vida de Vilaxoan
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-07-2014 07:44
Hoxe fai anos

¿Cincuenta e....¡Que mais da¡ Parexa exemplar. Maria Luisa e Eduardo son un exemplo en todo, da gusto velos acompañados de eses fillos educados en valores que pensabamos caducados. Os netos polo mesmo camiño. Desde eiqui somentes nos queda adicarlle esta cancion. Disfrutade, xa brindaremos xuntos. Unha aperta



Comentarios (8) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 18-07-2014 08:12
En Galicia en galego

Con moitisimo talante, con moitisima educacion e formas, sin impoñer nada, pero desde unha proxeccion publica temos a obriga de fomentar a nosa lingua, desde o Faiado asi o sentimos, e conste que escribimos millor en castelan, pero o facemos como unha homenaxe a lingua que nos veu dada polos nosos antergos en definitiva a nosa cultura. Polo tanto xa fai mais de seis anos que utilizamos o galego como farramenta de comunicacion, como en Cataluña e o Pais Vasco comunidades historicas...con idioma propio. Deberia ser un pouco mais serio querer as nosas cousas, querernos a nos mesmos
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2014 08:18
Festa dos mariñeiros

Vivimos na ria mais grande, permitideme que diga, a mais bonita, a nosa economia xira en torno a o mar, non unicamente polos alimentos que nela se crian, o turismo que xenera en toda a ria, fan que unha chea de familias poidan subsistir. Para toda a xente que vive do mar, boa travesia.





Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2014 07:24
De hoxe nun ano

E hasta pode ser que antes, pero de momento xa cumplimos, non hai mais fotos que subir, salvo que alguen teña unha especie de catarsis por subir algunha determinada, enton a mandades. De momento TODAS as que sacamos Anton Caeiro, Puri Castro e Eduardo Garcia as acabamos de subir a o facebook do Faiado, tamen estan a disposicion de todos.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-07-2014 06:39
© by Abertal