lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Empezan as Festas

Vilaxoán e Carril festexan nos proximos dias a festa do Carmen, a festa dos mariñeiros, xa falaremos de elas nos proximos dias, o paseo polo mar non o quixeramos perder, o Vilaxoan Canta tampouco, somos fans de ese pobo que se xunta para cantar.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

Vilaxoán 2

Os Amigos 3

Gaudeamus Igitur
1

Personas Recordadas
1

Terra de Artistas 4

Que o calor non nos asoballe e disfrutemos do verán. Moita saude

Comentarios (7) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-07-2013 07:41
O noso agradecemento

Foise para sempre Maria del Carmen Rapariz, fai un ano abreunos a porta da sua casa para entregarnos os seus tesoros, as suas fotografias, chea de cariño e ternura como ela eranos decia: "No tardeis mucho en devolvermelas, pero usar las que querais"...logo nos falou de moitas cousas da sua vida,dos fillos, dos pais, da empresa, pero sobor de todo de Jose Luis que foi o seu home e o amor da sua vida. Canto sentimos o seu pasamento...
A os seus fillos
Manuel, José Luis e Mª del Carmen; fillos politicos, Carmen, Mª del Pilar e José Ramón; netos, María, Angela, Clara, Berta, Manuel e Lucía; netos políticos, Sergio, Aitor e Andrés; a todos eles o noso sentimento . Hoxe VENRES, as CINCO e CUARTO da TARDE, na Igrexa Parroquial do Santiago do Carril, donde se celebrarán os funerales seguidamente o traslado do seus restos mortales no Cementerio Municipal de Carril.
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-07-2013 09:18
O noso apoio

Desde que teñen o problema enriba o Faiado apoiou calquer tipo de reivindicacion a facer, no dia de hoxe en esa cadena human pois o mesmo ca salvedade de non poder estar presentes, un traballo nas Illas Sisargas o trabuca. O noso desexo e que salga ben, e que os que compraron a fabrica co animo de especular teñan que entrar polo aro, volver a actividade en Vilaxoan de donde non debeu de haber saido nunca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2013 08:53
As Nais

As nais non deberian morrer nunca. Chamabase Antonia, forma parte da nosa memoria colectiva, memoria da nosa xente, veu a o mundo en datas desgraciadas no pais dos anos trinta, era a mais vella de seis irmans, desde moi nena viveu as calamidades da vida, co seu traballo e o da xente coma Antonia Vilagarcia medrou.
Para o Faiado o millor patrimonio de Vilagarcia e a sua xente, acompañamos a Pilar Alcalde no primer aniversario da morte da sua nai, é facemolo extensible a toda a sua familia
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-07-2013 08:42
A Manolo Rey

Artigo de Xerman Torres no xornal dixital Pontevedra Viva.


Manolo Rey era un home moi popular e moi querido no seu tempo, foi socio de honra do Liceo, sociedade onde representou moitos dos seus apropósitos e obras teatrais. Foi o animador cultural (cando non había Concellería de Cultura nin nada parecido) da Vilagarcía dos anos 20 e 30 do pasado século. A fotografía que ilustra esta colaboración é un retrato de Rey Posse cedida polo seu neto e bo amigo meu, o gaiteiro e etnógrafo, Carlos Rey Cebral, co que conversei tantas veces do seu avó e da súa obra, gran parte dela descoñecida pola maioría dos vilagarciáns. Sería importante realizar unha recopilación fácsimilar da súa obra, sobre todo a de carácter teatral polo seu valor histórico e como testemuña de épocas xa idas, para que non se perda e para que estea ao alcance de todos. Tamén é digno de destacar que foi mestre de ebanistería e doutras cousas doutro grande pintor e artista vilagarcián, Rivas Briones.

Algunhas das súas obras que coñezo e que agora enumero sucintamente aquí:

ESCULTÓRICA:

Busto en bronce de Agustín Romero (benefactor de Cornazo).
Imaxe de San Pedro en pedra (na fachada da parroquia homónima de Cornazo).
Parella de leóns con escudos en pedra (na praza de Ravella diante da Casa Consistorial).



PICTÓRICA:

Colección de plumiñas e algún cadro en coleccións particulares.



MUSICAL:

O virapé.
Foliada de Vilaxoán.



TEATRAL:

O TRASNO (1920), comedia de gran éxito.
A LENDA DE MONTELONGO (1924).
FANTASÍA DE SEVERO (1924).
MATCH INTERNACIONAL, monólogo que relata un partido de fútbol entre ingleses e vilagarciáns.
LA PESADILLA DE CHAQUETAS (1926)
CARTA DE CHAMADA (1952).



E moita máis obra da que os seus familiares saberían dar conta. Finalmente e tamén como ilustración deste artigo, ofrecemos unha prumiña que recrea o entorno da capela de San Roque en Vilagarcía, cedida por Dna. Rosina Sobrido, actual directora do Conservatorio Profesional de Música de Vilgarcía, e que pertence a unha colección familiar.

Consideramos a Rey Posse como un personaxe digno de ser máis coñecido e valorado e a súa obra debera ser máis difundida. Un home todo cultura, que enriqueceu o patrimonio vilagarcián e galego e ademais adornado dun gran amor á terra e dun fino humor.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2013 22:22
Chamaron a porta....

Arturooooo.

Ahí estaba a estrela da música...¡Arturo Solar¡ O noso Arturo. O que a musica saelle do corazón e pasa polos seus dedos. Que alegría nos deu.

Xa sabedes que el viaxou a Córdoba para vivir en directo o fallo do Festival da Música, decirvos que non lle afectou para nada non gañar... Arturo é un rapaz superdotado no mundo da música, vive nos Ángeles, USA, e ten toda a vida por diante. Acabará sendo un verdadeiro Valor, non tardará moito.

Bueno chegou sen avisar, pero nos achuchámolo fortemente. Antonio e mais eu fomos a xente mais feliz do mundo tendo a Arturo na casa.

Que se repita, MAESTRO.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2013 22:45
Unha boa recuperacion

A tradicion da procesion no Carril da virxen do Carmen polo mar, e unha bonita tradicion que se perdeu e que nos botamola de menos, forma parte da festa dos mariñeiros, das suas creenzas e da sua forma de sentir. Ese dia desde pola mañan eran outras persoas rendian culto a o seu propio medo no mar, daban as gracias a sua maneira, os do Faiado como fillos de mariñeiros celebramos a recuperacion no Carril da procesion polo mar ainda que nos relixiosos... non che somos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-07-2013 08:31
Finou María del Carmen Garrido Castromán.

Era a filla mais vella de dona Concha e don Jesús, ela facía as veces de nai cando dona Concha viaxaba. Os seus irmans a lembran como a segunda nai.

Hoxe hai tristura na familia Garrido, son marabillosos na súa unidade, son marabillosos velos como se queren. Maria del Carmen vivía en Alicante, tivo catro fillos con José López Cortés (irmán da nosa blogueira María Rosa López Cortés).

María del Carmen sempre mantivo unha ilusión...: voltar ao Carril. Fai tres dias que entrou nun soño profundo... hoxe deixounos.

Os seus irmáns, como unha familia exemplar que son, sairán nos próximos minutos nun autobus rumbo a Alicante. Mañán as once e media é o enterro da sua irman mais vella, non a poden deixar sola, estarán a súa beira, como ela merecía.

A os do Faiado tamén nos doe a súa morte, e tamén sentimos o dor da familia Garrido. Moitos abrazos
Comentarios (18) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-07-2013 17:03
ATENCIÓN, AVISO

Por cuestións de forza maior (cambio de compañía telefónica) atopámanos desde onte, xoves, privados de comunicación a través de internet e de telefonía fixa. Como a solución non depende de nos e se está demorando mais do previsto damos aquí este aviso.

Para calqueira cuestión podedes chamar ao mobil 672 705 738, onde os contestaremos cunha sonrisa posta nos beizos.

compañías teléfonicas abstéñanse de chamar posto que serán recibidas coas armas na man.

Un saudo e perdonade que non fagamos actualizacións. Esperemos que isto nolo arreglen antes do fin de semana.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-07-2013 17:30
Doble de onte

Para a comida do 25 de Agosto xa somos o doble que onte, a dia de hoxe imos trinta, pero dos de farra asegurada, entre eles os jefes da rondalla do Gato Negro, Manolo e Verino Diz,acompañados de Manolo Morgade e Manolo Perez, o neno que ganaba os concursos da Voz de Arosa cantando... como vedes a cousa promete. Xa vos iremos contando e apuntadevos.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2013 08:13
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal