lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

FESTA DOS MARIÑEIROS


Chegan días especiales para a xente do mar. Ese día do Carme, día de lembranzas.

Facemos unha mención especial a xente que morreu no Cabo Razo, que dentro duns días fará cincuenta e catro anos e que deixaron a súa vida na nosa ría.

Algúns a un paso da súa casa, a un paso das súas familias, trece vidas que encheron de consternación ao noso pobo.

A xente lembra... non esquence aquela noite.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2012 21:19
Finou Herminio

A verdade que foi un privilexio haber coñecido a Herminio Barreiro, D Herminio de Sisan, pero moi andariego por Vilagarcia, afiliado a UGT nos principios dos trinta cando estallou a sublevacion Herminio que xa estaba casado viveu un autentico calvario.

Na actualidade tiña cento catro anos, fai como seis se lle fixo un homenaxe tan merecido como tardio, pero os seres humans somos asi de ingratos.

A Conchita e Jacinto seus fillos, o noso respeto e cariño, o noso pesame mais sinxelo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-07-2012 21:00
A comer xuntos

TEMOS QUE FACER UNHA XUNTANZA.

¿Por que? Pois porque desde Ocubre non facemos nada, porque sofrimos un longo inverno, porque houbo xente do Faiado que o pasou mal, moi mal. Outros están a curarse dos seus males, esperaremos que vaian a millor que se curen de todo para celebralo xuntos. O inverno, como decimos, foi longo. O país cheo de parados, cheo de tristezas, tódolos días noticias a peor, o mundo da cultura, como o Faiado tiñamos casi que disolvernos...pois creo que non. Desde hai dous anos e medio que escomenzamos o traballo de campo para o documental "Desde Dentro Do Corazón" traballo arduo, dificíl, xa casi non queda nadie que nos fale da Escuadra Inglesa , pois tivemos sorte e atopamos un plantel de estrelas que o viviron de cerca. Alguns, moi poucos, de oídas. No documental fala xente que vai cara dos cen anos e que lembran como si tivesen vintecinco.

Bueno o documental esta a montalo Antonio Caeiro en Compostela. Espero que estea cerca de rematar, aínda que a medida que vai montando vai botando de menos cousas que podian estar e non estan...hai que grabar mais.

Queremos facer unha estrea preciosa, como Vilagarcia merece, como a nosa xente colaboradores, donantes e blogueiros merecen. Xa avisaremos con tempo para que todos poidades estar.

TEMOS MAIS COUSAS QUE CELEBRAR PERO AO SEU DEBIDO TEMPO.

Seguiremos contando
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2012 12:52
FINOU JORGE OTERO BERRIDE

Xa a estas horas estan celebrando o seu enterro. Finou con cincuenta e sete anos, non hai dereito a que un se teña que ir tan pronto, era fillo de Xefa Berride e Tucho Otero. Os Berride teñen lazos familiares ca xente do Faiado, son netos de Manuela Teijeiro, como Jorge, e de Rosa Teijeiro outros Berrides que estan no Carril, Valencia...etc etc. Sentimos a Jorge porque nos levabamos ben con el, porque era un bo rapaz e porque non tiña edade para morrer. Sentimos non habernos enterado antes, houberamos cumplido co rito human da despedida. SENTIMOLO. A todos os que lle querian a Jorge, o noso sentimento de respeto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-07-2012 19:04
SUBIDA PARA ALEGRAR A SEMANA


Para a nosa xente que lles gustan as fotos, lembrar como eramos, non esquencer o que somos. Para o nosos fieles blogueiros e para os que chegan novos, a todos eles e elas, vai adicada a nova subida.

E aquí, nestas Galerías, podedes contemplar o traballo:

A Vilagarcía de Onte (10)

Familia (6)

Gaudeamus Igitur
(2)

O Carril (2)

Os Amigos (2)

Primeiras Comuñóns
(1)

Terra de Artistas (con Maiúscula)
(1)

Traballando Duro (2)

Trabanca a Torre (10)

Vilaxoán
(4)

Unha cousiña, o primeiro pedir perdón aos donantes que ainda non lles subimos fotos ao blog, as veces o tempo, outras veces a propia filosofía da páxina, temos que incidir en algunha carpeta e non coincide cos últimos escaneados... bueno tranquilos, sen fotos no blog non vai quedar ninguén. GRACIAS

E agora a disfrutar.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-07-2012 21:36
O BAR MICKEY

O dez de agosto de 1970 abría as portas unha nova cafeteria-bar en Vilagarcía, na praza da igrexa de Santa Baia, é decir, frente a parroquial. Era o Mickey.

A mocedade adoptouno desde o primeiro día... era fácil, traballando o bar estaban os seus propietarios, Tucho e Pepe, viñan da Arxentina, foran emigrantes. A muller de Pepe, Vina, era irmán de Tucho, todos eles nacidos en Lantaño... ¡Que boa xente¡

No bar sentíaste como na túa casa, xa nin preguntaban que ibas a tomar... eles xa o sabían. E logo sempre pendentes dos seus clientes... os amores medio furtivos dos rapaces e rapazas, aqueles campeonatos de motociclismo donde Angel Nieto lucíase con aquela derbi obrera total, aqueles aplausos... Bueno, a xente que hoxe rexenta o Bar Mickey quere facer unha mini-exposición, celebrar eses coarenta e dous anos do Mickey, o Faiado bota unha man, pero necesitaríamos fotos, da fachada, do interior da cafetería, do entorno, dos seus donos, dos donos de ahora na súa infancia... eu que sei, pódense facer maravillas... ¡Botade unha man¡
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-07-2012 21:23
O FUTBOL NACEU EN VILAGARCIA

El juego moderno fue creado en Inglaterra tras la formación de la Football Association, cuyas reglas de 1863 son la base del deporte en la actualidad. El organismo rector del fútbol es la Fédération Internationale de Football Association, más conocida por su acrónimo FIFA. La competición internacional de fútbol más prestigiosa es la Copa Mundial de la FIFA, realizada cada cuatro años. Este evento es el más famoso y con mayor cantidad de espectadores del mundo, doblando la audiencia de los Juegos Olímpicos. (fonte: wikipedia)

Este recorte do periódico Gaceta de Galicia é de Febreiro de 1883.

Mais recortes na Galería de Os deportes chegaron coa Escuadra.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 04-07-2012 09:11
XA ESTAMOS NO VERÁN


Polo tanto disfrutemos do bo tempo, o verán é momento de días claros, de sol, de cor nas nosas vidas. As noticias no país non son para ver, polo tanto non as vexamos, pode ainda ser peor...din.

Mellor non escoitar. Fagámonos os sordos, ignoremos aos mediocres que deciden sobre as nosas vidas. Seremos mais felices.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

Personas Recordadas
(9)

Familia (4)

Os Amigos
(4)

Vilaxoán (1)

E agora a disfrutar da nova subida.

Un saudo e boas festas alí onde as haia.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-07-2012 19:27
A NOSA RAMONIÑA

Cambeariamos algunhas cousas, e fariamos unha festa na que soio eles fosen os protagonistas, pero hai cousas que son moi dificiles de cambear. Este ano dironlle un premio a os mais lonxevos, os vellos mais vellos. Pola parte das mulleres foi premiada Ramoniña Xiraldez, noventa e tres anos, nai da nosa donante e colaboradora, Maria Josefa Vazquez. A nosa noraboa e homenaxe de corazon a Ramona Giraldez e Juan Mourenza dous veciños de sempre a os que apreciamos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2012 17:38
ONTE FESTA DOS MAIORES

Pola parte masculina o premiado foi Juan Mourenza, que ainda que non e vilagarcian leva unhos sesenta anos en Vilagarcia. Cando chegou foi a vivir a unha pension que tiña Señora Esperanza nai da familia Alcalde, na calle do medio, na fotografia vemos a Juan Mourenza xunto a S Esperanza,sua nora Carmucha e Serafin tantos anos traballador de Correos.


donada por anonimo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2012 17:34
[1] 2
© by Abertal