lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Morreu Domingo |
|
 Finou Domingo Sánchez Guisande, xefe do servicio de nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela. Formou parte da vida do Carril, tiña unha casa na subida da igrexa.
Domingo fai anos adicaba as súas vacacións e fins de semana a estar cos amigos do Carril. Lembramos a súa amizade co desaparecido Juan Antonio Dios. Casou coa vilagarciana Ana Rubianes. A ela e a os seus fillos expresámoslle o noso pésame pola morte de Domingo que no momento do seu pasamento so tiña sesenta e catro anos. |
|
|
|
AGOSTO DE VACACIÓNS NO BLOG |
|
 Imos dar outra noticia... ¡COLLEMOS VACACIÓNS¡. ¿Acaso non o merecemos?. Gustaríanos que fosen pagadas, pero é o que hai.
Este blog vai camiño dos catro anos... de forma ininterrumpida... Bueno, como neste momento estamos rematando o documental, (xa sei que esto xa o dixemos moitas veces, pero é verdade, da un traballiño!), ainda que para agosto, non. Sen embargo para ese mes estamos coa sorpresa da exposicion (ostras, xa non é unha sorpresa) que imos ter nas festas, estamos a mellorar o libro que sairá logo do documental, estamos cos obreros no piso (por certo, o xefe das obras é o noso Roberto Ocaña, mais vale que quede ben). Entón... son demasiadas cousas.
O blog no verán baixa en comentarios, é normal, a xente esta na rúa, na praia. Este ano todos necesitamos festa, senón caemos nunha depresión. Bueno, entón declaramos vacacións as subida de fotos semanais. Non queremos decir con isto que vamos a realizar unha desconexion total... ¡Non¡. De vez en cando diremos cousas, informaremos... Se tedes moito mono... porfa facede comentarios nas fotos que non o teñen, que están orfas, que ninguén lles escribe.
E dito isto realizamos a derradeira subida do mes de xullo e continuaremos en setembro:
A PRAIA COMPOSTELA (1)
ATOPANDO DETALLES (6)
BAILAMOS? (3)
CEA-CASTROGUDÍN(1)
FAMILIA (11)
OS AMIGOS (3)
PERSONAS RECORDADAS (7)
PRIMEIRAS COMUÑÓNS (4)
SOAN CAMPAS DE VODA (1)
VILAXOÁN Vilagarcía de Onte 10
Bo verán, Boas Festas e Boa Saude.
E disfrutade, ante todo, disfrutade. |
|
|
|
O Faiado agradecido |
|
 Hoxe recibimos unha visita, o noso blogueiro, o noso amigo Carlos Deaño Couso, emigrante vilagarcián en Kiel, Alemania, visitounos porque veu a Vilagarcía a ver a súa familia, a ver a súa nai e irmáns. Vai rumbo a Sevilla. Alí impartira un curso sobre peluquerría. Carlos é un verdadeiro profesional da peluquería.
Facía uns trinta e un anos que non nos víamos, é bonito querer e que che correspondan. Estamos moito mais vellos en anos, pero non en sentimentos. Vivimos moitas aventuras e desventuras xuntos, as lúas e soles que pasaron por riba de nos, non fan mella nos nosos corazóns. Se podemos mañán volverémonos a ver. Carliños, gracias por vir a vernos, foi un pracer abrazarte. |
|
|
|
A MEMORIA NA RÚA |
|
 O FAIADO DA MEMORIA (como sempre) estará en Agosto na rúa, compartindo coa festa outra festa, a da memoria visual.
Recibimos unha chea de peticións no sentido de que fai tempo que non se facía nada a este respeto, e é verdade, o documental e o libro que estamos a facer cómenos todo o noso tempo. Facendo un esforzo quixemos facer un traballo que irá a gustar, ou eso esperamos. Xa sabedes que estamos a traballar sen medios, pero... ¡Estamos e iso é o que importa! ademáis xa empezamos a estar acostumbrados.
Imos tirar para adiante, xa sabedes, no agosto, xa diremos o día exacto e lugar (ou lugares)... MEMORIA DO FAIADO, O FAIADO DA MEMORIA, na súa salsa... como sempre. |
|
|
|
TEMOS UNHA CASA |
|
 Sempre facemos todo a un tempo, todas as emocions xuntas...non damos un respiro as nosas vidas, eramos poucos...
Desde o día 28 de Xuño temos na recamara unha boa noticia para compartir con todos vos, blogueiros, donantes, colaboradores e amigos do Faiado da Memoria. Ese día mercamos un piso, un piso que vera a solucionar moitos problemas que tíñamos, o principal, de espacio. Estamos felices, o piso é suficientemente xeneroso para vivir con amplitude e adicarlle un bonito salón de traballo para o Faiado. Alí estaremos para recibir as fotos que vos queirades donar. Alí teremos desde o mes de Setembro (iso esperamos se as obras rematan) o noso arquivo. Parécenos un soño non ter que andar mendigando espacio nin a concellos, nin a ninguén. A verdade e que o de mendigar nunca o fixemos... é un falar. O piso e antiguo, no edificio Olmedo, pensamos que é unha das casas emblemáticas que quedan na Vilagarcía de hoxe.
Bueno cando poidamos faremos un pinchiño, un bó viño (Don Simón, colleita selecta) e vos invitaremos a coñecer a nosa casa que por suposto tamen é a vosa. |
|
|
|
XA VEREDES... bonito, bonito, bonito... |
|

O documental Desde Dentro do Corazón vai a un bo ritmo, pero hai cousas que non so dependen de nos, a animación, os efectos, a música... iso está ralentizando unha serie de cousas coas que hai que ter paciencia. E nos témola en abondo.
Tódolos veráns, desde que existimos como Faiado, intentamos colaborar co Agosto no pobo, coas nosas festas, cos nosos visitantes, e sobre todo coa xente de Vilagarcía que está fora, emigrante, e que volven nas vacacións. O ano pasado tíñamos unha chea de dores moi recentes, non poidemos, non tíñamos corpo para elo... Este ano coa que esta caindo, que parece que o país vai explotar... pois imos mellorando, e entón imos a facer un regalo a toda esa xente que mencionamos anteriormente e na que ti, lector, eres parte dela (estés onde estés).
Non pode ser que non colaboremos a facer festa, imos facelo como sabemos, porque TODOS e TODAS o merecedes. De momento non contamos mais. Deica logo, Lucas!. |
|
|
|
A ESCOLA DE DON JOSÉ |
|
 O Chichirico, en Guillán, no ano 1965. A foto, donada por Roberto Ocaña, invita a identificación dos rapaces. ¡ANIMÁDEVOS¡
Hoxe a nosa subida vai a empezar no pobo do Carril con sete fotos, en Vilaxoán temos outras sete fotografías novas, e Guillán dúas. E oito na Vilagarcia de onte.
Disfrutade do verán que os calores xa chegaron e, ao mellor, o luns xa non están (bueno os Pemáns din o contrario, pero vai ti a saber). |
|
|
|
VILAXOAN CANTA |
|
 E canta porque estan en festas, Vilaxoan e un pobo moi cantarin, moi alegre que sempre canta. O Luns estaremos na praza do pobo a escoitar como sempre emocionados "Vilaxoan Canta". O pobo cantando en masa o remate das suas festas. O Faiado agradece os apoios que recibe do pobo de Vilaxoan, donde unha chea de xente nos apoia e son colaboradores e donantes. ¡Disfrutade da festa cantade e bailade, o Faiado tamen estara, acompañandovos¡ |
|
|
|
O CARRIL EN FESTAS |
|
 Xa foron as do Carmen, as dos mariñeiros e mariñeiras, dentro de unhos dias as do Apostolo, e logo o S Fidel que son as ultimas, o Faiado da Memoria sumase as festas dos carrilexos e animamos o disfrute, o baile a emocion dos reencontros, a felicidade de estar vivo, todo se supera con forza e cariño dos amigos e da xente querida. ¿A crisis...a esquencela ¡ |
|
|
|
MEDIADOS DE XULLO |
|
 Onte abrimos unha nova carpeta, vai de noticias do noso pobo, pensamos que é interesante e apréndese cousas que nunca tal supemos.
Chámase: PERCURAS E INVESTIGACIÓNS
Empezamos con vintesete noticias, esperamos que sexa interesante para todos vos.
Tamén na carpeta de POSANDO incorporamos doce fotos novas.
Nas Galerías de SOAN CAMPÁS DE VODA, PRIMEIRAS COMUÑÓNS e FAMILIA hai fotos novas.
Temos peticións de varias personas para que lle coloquemos fotos da súa xente, pedimos disculpas polo retraso, pero non paramos quietos e os días non dan para mais. A ver si chega o veran e collemos enerxía.
DISFRUTADE |
|
|
|
|
|
|
|
|