lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

XA ESTÁ PRÓXIMA A EXPOSICIÓN DO CARRIL

E para empezar colocamos o que vai a ser o cartel da exposición con ese título de O Carril. Cheira a mar. Con esa rúa do Carme mostrando a súa vitalidade da época e esa cor azul que, para nos, simboliza un brazo de mar que abraza a rúa e a enche do seu cheiro particular. Mar e Carril, palabras que poderían ser sinónimas e unha soa.

E como vai a ser a exposición?. Ah! Bonita pregunta.

Desde fai días puxemos a traballar os concelleiros, de Educacion e Cultura, Susana Camiño e Xose Castro Raton... e responderon. E a exposición vai constar de seis pantallas de televisión donde se pasarán de forma ininterrumpida fotografías en bloques temáticos e diferentes en cada aparato.

As fotos irán identificadas cun número, para aquela persona que queira ter información da mesma, e terá referencia dese número nunhas follas donde se dará unha explicación sobre a mesma.

Pero non só é imaxe o que os nosos sentidos poden degustar. Tamén será son. O mar seguirá presente pero sobre todo a música gravada para esta exposición polos sempre belinxerantes irmáns Garrido (Lourdes, Pilar e Javier) que xunto a Juan Carlos Porto nos deixaron un bo conxunto de cancións tradicionais co leit motiv de Carril de fondo.

E como "se vas a Carril verás a Cortegada deitada no mar" tamén será esta agrupación coral (Cortegada) a que nos deleitará coa súa actuación o día da inauguración, nas vísperas de San Fidel, o 30 de xullo as 21:00 horas no Gato Negro.

Alí os vamos a esperar para que disfrutedes e lembraros que estará aberta ao público hasta o día 31 de agosto.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2010 12:06
NIN UN PASO ATRÁS

Vaiche boa que estas verbas adicadas o Carril deberían estar no blog, pero non somos perfectos, tamén nos deprimimos, frustrámonos, pasámolo mal.

Desde xaneiro pasado estamos a traballar nunha exposicion para o Carril. Chamamos aos nosos colaboradores, fumos as casas, dimos a tabarra de mala maneira, estivemos na Cofraría, no Gato Negro, gravamos a xente, logo de sentir ese trato humano que nos deron os veciños do Carril, quixémolo facer ben, encerrámonos e puxémonos a traballar. A cousa deu para moito. Tíñamos feito coarenta e catro paneis. Cando os rematamos viu a sorpresa: No Concello dixéronos que non había cartos para a imprenta.

A nosa ilusión polo chan.

Sentimos rabia, frustración...¡Pero non había volta de folla! Era un efecto colateral da tan nomeada crisis. Chegounos.

Pero se non temos cartos (nunca tivemos moitos) o que si nos sobra é imaxinación. Ben, puxémonos a discurrir (especialmente Marga que o Antonio ten a cabeza noutros lares, hai que diversificar, como el di), non podíamos deixar a xente tirada, a xente estaba encantada coa idea, e so o comunicarlle persona por persona de que a cousa no ía adiante as enfermaba e parecía contaxioso posto que tamén nos afectaba a nos.....Bueno pois imos facer unha exposición para tempos de crisis.

Vamos a realizar UNHA EXPOSICIÓN VIRTUAL!.

E iso que é. Bueno, moi ben non o sabemos pero a solución cando cheguen as festas de San Fidel e no sitio que tíñamos preparado: o Gato Negro.

Nese día despexaranse tódalas incognitas.

Mais información en próximos capítulos. Permañezan atentos a esta mesma pantalla.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2010 19:37
VÍDEO FILLO PREDILECTO A JOSÉ MOREIRA

O prometido é deuda e aquí está o vídeo gravado o día do seu nomeamento como fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.

Comenza cunha ofrenda floral diante do monumento a súa honra colocado na rúa que, logo, levaría o seu nome.

Logo, no concello, tería lugar o nomeamento de forma oficial dentro dun pleno extraordinario de honra.

Esperamos que podades velo tranquilamente se non poidéchedes estar presentes nese acto de homenaxe a un dos nosos mellores veciños.

Gracias pola vosa atención.



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 01-07-2010 09:40
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web