lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Aumentando a Vilagarcía de onte



Nove novas fotografías van a engrosar a galería de A Vilagarcía de onte. Son poucas pero convirten esta galería na mas chea de todas as que hai neste blog con 135.

E con isto acercámonos peligrosamente as 1.000.

Que as disfruten.
Comentarios (7) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 31-07-2009 12:21
O principio dunha festa dos recordos

Hoxe, 31 de xullo de 2009, remata a exposición unha década de historias,os 60. Bueno, rematar quizá sexa un término un tanto radical e inexacto. O que fai realmente e mudar de lugar. Durante o mes de agosto vai a estar exposta en diversos escaparates de comercios de Vilagarcía en colaboración co CCA Zona Aberta.

Logo, trala chegada do novo curso, a exposición entrará nos institutos Vilagarciáns comenzando polo de o Carril e servindo de apoio as materias curriculares.

Pero o espíritu dos anos 60 mantense presente. Dentro duns meses esa década de cambeos vai a cumplir medio século da súa estrea e nos vamos a seguir lembrándoa. Sobre todo os que nacimos neses anos e vamos a entrar no medio século ou es que naceron antes e o viviron cunha intensidade propia dun adolescente.

Para iso tivemos unha xuntanza no día de hoxe no Auditorio de Vilagarcía. O fin: preparar unha festa-concerto-revival desa época, reunindo, no posible, aos primeiros grupos que sentiron os novos ventos musicais que estaban chegando desde o mundo anglosaxón, como os Lunik´s, os Ibéricos, os Relámpagos ou os Strike's e por outro lado aquelas veladas creadas o redor da Voz de Arousa con Luis Gómez como executor e no que escoitábamos as voces de Scaloni, Marita ou María Anselma. Non vamos a esquencer o xérmolo desta actividade musical como foi a Tuna Vilagarciana que será, según desexamos, quen abra este espectáculo dos sentidos.

A data que se baralla é para o mes de decembro pero antes hai que desentumecer e darlle calor a algúns dedos e facer que as cordas vocais recobren o entusiasmo daqueles tempos. Ainda que todo o mundo sabe que cincoenta anos no son nada (que febril la mirada, errante en las sombras,...).

O importante neste acto non é a calidade (ainda que os presentes teñen pensado superar con moito o notable alto para tratar de alcanzar o cum laude case sen esforzo) senón ese reencontro emotivo cun tempo, cuns sentimentos, cuns amigos, e as veces con un mesmo e mostralo a unhas xeneracións paralelas e/ou moito mais novas. Poder decir "nos estivemos aquí" e, de feito, estamos. Non é un encontro de vellas "carrozas" é un estoupido de presencia vital. Trasmisión de arte.

Despois de botar unhas risas, que é o que fai falla en tempos de crise, os presentes deixaron patente o seu acto de creación colectiva con esta fotografía nas escaleiras do auditorio.

Tras os primeiros ensaios, previstos para setembro, iremos informando da composición e detalles deste espectáculo creado para o disfrute sonoro e visual dos que viviron eses anos e dos que non pero que desexarían telo feito.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2009 01:59
Vilagarcía nos 60

Cesar Díaz de la Jara envíanos un vídeo familiar gravado en Vilagarcía no comenzo dos anos 60.

Nel podemos apreciar a praia de Compostela, a rúa Daviña (daquela lucía outro nome), regatas de dornas, unha lixeira visión do cabo Razo ó fondo, en Ferrazo, o carril,...

O remate de todo contemplamos, a pesares da escuridade e da deficiencia da sensibilidade cinematográfica, o combate naval de San Roque.

Este é un dos exemplos do que tamén nos gustaría recibir como donación. Esta é unha cinta familiar pero donde vemos os cambeos tidos no pobo despois da súa gravación. Esperemos que o exemplo sirva como acicate para que estas películas pasen ó servicio público para o disfrute de todos.

Xa comentamos noutros apartados a recollida de materiais deste tipo que vai desde os anos vinte hasta principios dos sesenta en formatos semiprofesionais ou profesionais pero, paradoxicamente, ainda non recibíramos ningunha en super 8 ou 8mm, un formato mais popular e caseiro.

Ter en conta de que nos encargamos da dixitalización dese material e proporcionaremos os donantes unha copia do donado en DVD para que o poidan ver tranquilamente na súa casa e a devolución do material orixinal, claro.

Disfruten con estes catro minutos de documento visual.



Vilagarcía nos sesenta
Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 30-07-2009 22:46
Aquelas músicas dos sesenta



Traemos 10 novas fotografías (como podedes ver esta semana botamos a casa pola ventana) que nos ilustran, na súa maioria, sobre aquela música que sonaba polos anos sesenta e que, esperemos, sone de novo na Vilagarcía da primeira década do novo milenio.


A galería donde as podemos atopar é en Dando a nota.


Que as disfruten
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-07-2009 13:03
Atopado tesouro
No pasado mes de abril e co motivo da exposición Xente Nosa, pensábamos exhibir unha película que acabávamos de atopar. Os problemas derivados do formato no que estaba gravada fíxonos acudir a un lugar que nos o poidesen dixitalizar tendo en conta esa particularidade de extraño formato.

Mediante unha colaboración coa Axencia Audivisual Galega, realizouse o telecinado que non puido estar rematado nas datas que precisábamos. De feito entregousenos nesta semana, tres meses despois.

Estábamos nervosos xa que non sabíamos o que podíamos atopar no seu interior. E esta ansiedade acougou tralo primeiro pase particular que fixemos. No seu interior atopamos imaxes, realizadas cámara en man por un afecionado, nos anos que podemos datar nos primeiros trinta do século XX. Alí atopamos entre outras cousas a escuadra inglesa nunha das súas últimas visitas a nosa ría, sendo recibidos a porta do concello polo alcalde Elpidio Villaverde (primeiro alcalde da Segunda República), regatas de snipes, traiñas, gravacións familiares, Cortegada, chegada de trasatlánticos a vila, a praia Compostela, etc. En fin, todo un tesouro que se atopaba oculto nun escuro faiado esperando cunha man amiga o rescatase e que vise de novo a luz. Seguro que hoxe en día moitos destes tesouros ainda seguen agardando a chegada dun rescatador que no lo faga chegar.

O marxen podedes ver algúns dos fotogramas desta serie de películas que fan un total de sesenta minutos mais para o noso/voso arquivo.

En breve poderedes ver estas imaxes en movimento ven a través deste mundo virtual ou no real.

Proximamente daremos conta das imaxes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2009 14:14
E seguimos, e seguimos, e...

Como as caras de ledicia é unha cousa que mellora o cutis nos, que nos encanta que todo o mundo sexa feliz e con saude, temos en marcha unha campaña para que os músculos da cara estén activos cunha sorrisa continua.

E nós vemos que coa subida de novas fotos estas accións irreflexas que provocan unha notable sorrisa nos rostros das personas que ven de continuo este "voso blog" é notable.

Pois para que sigades contentos vamos subindo novas fotos, 37 para ser exactos. Van distribuidas en tres galerías existentes: 7 en Creo en Dios Padre... , 8 en De bares e 22 en Personas recordadas . Algunhas delas poderían formar parte doutras galerías xa que as liñas que separan as súas temáticas é moi fina pero preferimos agrupalas mais e non facer tantos corrillos.

Por outra banda lembrar ó respetable de que este é un espacio para o recordo, a conectividade humana, o reencontro e, ante todo, para o disfrute, polo tanto esperemos que eses conactos de "mosqueo" e "local xenofobismoo" sexa algo de caracter anecdótico e sen relevancia e que nos obligue a que dentro duns días teñamos que borrar este cacho de comentario por inútil. Faremos especial fincapé no feito de xenofobia localista en particular por que o cincoenta por cento do Faiado da Memoria é foranea, e boa parte da xente que nos visita non é ou non vive en Vilagarcía pero que a sinten como parte súa e, nalgún dos casos, mais que os propios nacidos na vila. E por iso que non queremos darlle pávulo a eses comentarios e que nos centremos no que é realmente importante e interesante. ue o ruido de fondo non nos impida ter a sorrisa nos beizos de forma constante.

Por unha saude real, disfruten con esta nova subida fotográfica.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-07-2009 12:41
E seguimos subindo

É o que che ten o insomnio. Non podes durmir, son as catro e media da mañán ¿e en que vas a invertir este tempo perdido?. Vendo a televisión?, imposible. Tanta teletenda tenme agobiado, non sabía que había tantos productos raros, debe ser dunha tenda de todo-a-cen. Polo tanto entretéñome subindo fotos a este voso blog.

Van a ser 38 novas, non son moitas, xa o sei, será que a falta de soño non me permite ir máis rápido. Pero algo xa é algo e tendo en conta a sequia destes días...

Están colocadas nas seguintes galerías:

Na de O Carril, 7, na de Soan campás de voda, outras sete, na de Os amigos, 12, e A illa de Cortegada, pois outras doce.

Que as disfrutedes, mentres eu vou a ver se podo durmir desta.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-07-2009 04:57
Chegan novas fotos


Como un torrente, chegan 48 novas fotografías que van a integrarse en tres das galerías xa existentes.

Están distribuidas da seguinte maneira: 13 fotos na galería de Atopando detalles, 16 na de A Vilagarcía de onte e 19 en Familias.

Teñen que perdonarnos pola tardanza pero é que levamos uns días en que recibimos moito material e temos que pasarnos a maior parte do día escaneando para poder devolver rapidamente todo o que nos traen e iso ocupa moito tempo. Por outro lado parte do equipo (o 50% xa que somos dous) pasouse uns días en Portugal. Pero xa estamos coa actividade.

Vamos a aproveitar este fin de semana para poder subir unha boa cantidade de fotografías, especialmente das que nos estivéchedes enviando vía internet, moitas delas moi interesantes.

Vamos despacio pero avanzamos.

Esperemos que disfruten con esta nova remesa.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-07-2009 13:47
FELICIDADES ARTURO!!
Non é de Vilagarcia. É igual, Arturo Solar, de quen onte falaba o introducir o vídeo das regatas que a música que se escoitaba era composta por el, acaba de ganar na súa sección, precisamente cunha banda sonora dunha película americana onde se incue ese tema, no festival de Música de Cine de Úbeda.

Sen dúbida é un alto prestixio para el que leva anos traballando neste sector (a pesares da súa xuventude xa que ainda non cumpriu os trinta anos) e que realizou dúas bandas sonoras para documentais nosos antes de marchar para Estados Unidos onde esta a vivir e traballar nestes momentos.

Este premio é un notable avance na súa carreira polo prestxio do mesmo.

Segue adiante, campeón!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2009 11:12
Un cine para rematala semana
íamos a colocar unhas cantas fotografías no día de onte, mércores, moitas delas chegadas por correo electrónico, pero entre as cousas de sempre, a preparación do material para subilo e outras historias, a cousa quedou no desexo. E como hoxe o cincoenta por cento do faiado vaise cara o extranxeiro a subida queda posposta para o fin de semana. Daquela teremos que esmerarnos.

Pero non queríamos marchar sen deixar algo con que poder entreternos mentras nos mantemos a espera. En vez dunha fotografía vai a ser unha imaxe en movimento. Bueno, non unha senón dúas.

O Arquivo Social da Memoria, como ben sabedes, aparte de recoller fotografías e documentos tamén o fai con sonidos (eses casettes e bobinas magnetofónicas que hai por casa con gravacións feitas por un e que hoxe, a pesares dos seus defectos técnicos, poden ser auténticas xoias) e películas caseiras (tipo super 8 ou incluso 16 mm. Xa as encontramos tamén de 35 mm e de 9.5 mm) que fixemos das festas, vodas e comunións ou das nosas estadías pola praia ou das peliculiñas que facíamos intentando emular a Cecil B de Mille.

Precisamente a primeira que vos vamos a amosar é unha viaxe vacacional dunha xente, probablemente da Coruña, ó Carril e Cortegada alá polos finais dos anos vinte do século pasado. Na gravación que se fan a eles mesmos mentras disfrutan dos baños ou da viaxe pola ría podemos entrever anacos do muelle de ferro, o trafego de dornas pola ría, a contorna do Carriñ e Cortegada, etc. Non coñecemos quenes son as personas, nen os visitantes nen os autóctonos xa que esta cinta foi atopada de forma circunstancial.



Vilagarcía e Cortegada, anos vinte


A segunda xa é máis nova. Data dos cincoenta e está gravada polo fotógrafo José Luis Leal Soto e foi donada ó Arquivo Social da Memoria polo seu fillo Peto Leal. Trátase dunha regata de dornas pola ría. Podemos observar distintas maniobras destas embarcacións pola ría co forte reflexo do sol sobre as augas arousáns. Esta gravación é a primeira dunha serie delas que iremos amosando feitas polo mesmo fotógrafo que teñen a Vilagarcía como elemento principal e que formaron parte da primeira exposición que realizamos en 2008. Esta peliculiña ten a característica engadida de ter como fondo sonoro unha composición musical do noso querido amigo Arturo Solar, que é o culpable, tamén, de que esté escribindo isto as seis e pico da madrugada xa que non é conscente de que onde vive e traballa (Los Ángeles, EEUU) ten un desfase horario considerable con Vilagarcía e chama a unhas horas intempestivas. Pero seguro que vos llo agradecedes por riba.



Regatas de dornas
Comentarios (6) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 16-07-2009 07:01
1 [2]
© by Abertal