lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Foise i Moncho Pasensias

Difícil o día no Carril. Finou Ramon Abelenda Ares, finou Moncho Pasensias. Mariñeiro de ouro. Xa somentes daqueles tempos queda Julián, amigo de Moncho… Que triste é a morte¡
O Bao, o mar, Cortegada, a ría de Arousa… quedan orfos do seu acompañante de tantos anos. Vaia baleiro nos deixa Moncho Pasensias! Que momentos tan valiosos nos fixo pasar escoitándoo no documental “DESDE DENTRO DO CORAZÓN” Vaia dúo con Julián, contando as súas penurias no mar en tempos pasados. Mariñeiros de mares embravecidos, fillos das soedades e medos. Mariñeiros, patrimonio de todos nós.
Nunca esquenceremos a Moncho. Seguiremos querendo a súa figura de bravucón, o seu andar por riba dos botes, a súa carga de ironía ríndose de calquera cousa que pasaba no Carril…
Moncho, paz na túa viaxe. Paz para os teus.
Comentarios (19) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-06-2021 16:58
Subida do Arousa

Maña vai ser o dia da subida do Arousa, un equipo con historia que ten que ir gañando posicions ate ocupar o lugar que lle corresponde, o lugar dos grandes.
Aupa Arosiña, sin complexos e a por todas.
Que nos arbitre un arbitro normal e todos co Arosa.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-06-2021 08:53
Sita de cumpleanos

Sita, das cornechas do Carril, filla do lembrado Farruco Calvo e por parte de nai da familia Dieguez de Vilagarcia, a nai de sita era filla de Oristila que vivia no barrio de Santa Lucia cos lindes na Marina....pois a o que iba..casi me perdo, Sita a nosa amiga esta de cumpleanos e non queremos deixar que pase o dia sin felicitala, que pase unha feliz xornada, que superados todos os problemas pandemicos celebraremolo, unha aperta amiga
Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-06-2021 12:46
Lolita de cumpreanos

Lolita Camiño, filla de Juana Gonzalez, a nosa musa visual, Lolita a disfrutar da vida, a ver si lle facemos tururu as enfermedades e malos rollos.
Feliz cumpreanos, a vivir e a pasalo ben
Comentarios (14) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-06-2021 12:28
Finou Seso

Ainda que xa facía moitísimos anos que vivía en Trabanca Badiña, coa súa muller, fillos e resto da familia, Seso Vázquez era fillo de Carmen Santiso, de Rubians, a filla mais vella do matrimonio formado por Carmen Alba e o Señor Santiso, un exemplo de persoa que nunca se cansou de coidar a os que quería.

Toda esta xente tócanos nos sentimentos, eran familia pola parte da miña nai. A min que nunca me importaron demasiado os documentos, títulos e a parafernalia que os rodea, queremos mandar desde a nosa casa unha aperta grande a Lola e Esther, irmás de Seso as que coñecemos. Ao resto da familia o noso sentimento pola tristeza que están a pasar.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-06-2021 23:05
Suspendese a saida a Cortegada

A ver, explicamonos, estamos vacunados os dous, Margarita ca pauta completa, desde onte e Antonio ca metade, pero temos uns cuantos motivos pra deixar esta saida que tanta ilusion nos fai a todos. A primeira que iso de ir ca boca tapada nos parece un horror, e preferible deixalo pasar ate finais de Agosto, logo das festas de Vilagarcia a ver si as cousas van a millor, estamos seguros que acertaremos.
O sabado proximo anunciaremos unhas xornadas nas que estamos traballando de Historia e que van merecer a pena. Non perder a oportunidade de coñecer feitos que vivimos, con unha version "oficial" que nada ten que ver ca VERDAD.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2021 08:22
Finou Flores

Flores era natural de Ourense, o seu unico fillo, Pablo, casou en Rubians ca nosa querida Elena Vila, o que fixo que a relacion de Flores co noso entorno fose moi fluida e cercana. Que nacemos todos para morrer, pero hoxe e un dia triste na casa de Elena e Pablo, a os que desde eiqui, desde esta casa que tamen é un pouco a sua, enviamoslle unha forte aperta, desexandolle que atopen a paz na ultima viaxe de Flores.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-06-2021 10:28
Iremos contando.

E verdade, non paramos, entre outras cousas porque non somos capaces, somos felices, movendonos, creando, traballando. A finais de seman daremos a coñecer unhas xornadas que se celebraran no mes de Xullo, que non podemos polos motivos do Covid, afrontar ate eiqui. Xa contaremos.
Sabedes tamen que estamos na fase de remate do documental LOLA, somentes queda viaxar a Pamplona e a Saturraran pra porlle o punto final a o traballo.
Namentras o Caeiro por suposto eu tamen, escomenzamos a grabar uns feitos relacionados ca represión na zona de Ribadumia, basado no libro de Susana Sanchez Arins historia dun fascista, o tío avó Manuel, que na España da represión franquista foi alcalde de Ribadumia no ano 1940 e do cal a autora escoitou miles de historias que falaban da súa crueldade e inxustiza. Imos intentar desenrolar alguns dos feitos que se contan.
E no medio tamen temos que pásalo ben, a viaxe a Cortegada esta mais cerca, posiblemente celebraremolo, o catro de Xullo, como anunciamos no seu dia.
Pois bo tempo, Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-06-2021 08:52

Estamos a punto de poñer en valor o cuarto Roteiro de Xusticia por parte de INICIATIVA DE VILAGARCIA POLA MEMORIA HISTORICA. Este roteiro foi financiado cos fondos do xantar celebrado en Febreiro do 2020, é que por motivos do covid non foi posible activar, inaugurar. Estamos a punto esta e unha obra conseguida polas duascentas cinco persoas que asistichedes a o xantar de fai ano e medio, sin vosoutros non seria posible.
Bos Dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2021 08:42
Chegando as vintetres mil fotografias

O noso escaner é millonario en tesouros, nas fotografías das familias, gardadas a través do paso do tempo sobreviviron en álbumes, caixas de lata ou de carton, chegaron as nosas mans gracias a vosa xenerosidade, nunca nadie nos negou unha imaxen, chamamos as portas da xente e nos recibichedes encantados. Esto é o que vale o que nos enche de orgullo.
Enton na casa nova chegamos onte as dez mil quinientas fotografías, na casa vella, na blogoteca contamos con 12.477. e decir entre as duas paxinas estamos arredor das 22977. Esto o pode ver todo o mundo que queira acompañarnos neste noso viaxe acompañados da historia do noso pobo, das nosas familias, as que conseguiron facer que o pobo medrase, e que tivese un patrimonio social que aquí pretendemos recoller.
Gracias a todos os que colaborades con o FAIADO DA MEMORIA, unha asociación movida, traballadora sobrevivindo sin subvencios.
Bos días Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-06-2021 08:37
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0