Buf?vaia semanita?o xoves inauguramos PEDALEANDO, un traballo de meses, escoller fotos, seleccionar o que se escolleu, buscar comentaristas?é un longo etcétera, moi longo?a inauguración foi o xoves, o venres fumos proxetar a o Festival de Primavera en Vigo, da gusto levar os traballos e atopar xente que os valora, nos pasou en Vigo e onte na Estrada donde fumos chamados pola asociación Vagalumes. Tamen da gusto ver un grupo de xente que se move no eido cultural e da memoria, somentes ca idea de facer reparacions históricas. Bueno hoxe toca descanso, boa falta fai. Bos dias
Pea a seman que ben, contan os xornais que voltara o noso Obelisco a o seu retorno orixina. Gustanos, o Faiado o habia solicitado mesmamente neste blog. Falta ver esa limpieza que lle fixeron na escola de canteiros da Diputacion como deixou a peza, polo demais esta moi ben a recuperacion, agora somentes falta que en vez de Plaza de Galicia, se chame Plaza do Obelisco, como se chama popularmente. Pra a seman na paxina nova faremos unha subida de fotos do Obelisco. Bos dias saude.
Da inauguracion de onte da nosa exposicion PEDALEANDO POR VILAGARCIA, na carpeta A XENTE QUE FAI FAIADO. Reiteramos as gracias a todos os que nos acompañachedes, lembrade que no lugar da exposicion temos un blog para que nos contedes que vos parece a Exposicion. Bos dias e saude
Hoxe xoves dia catro de Xuño as oito da tarde inauguramos a exposicion PEDALEANDO POR VILAGARCIA. Nos gustaria que nos acompañarades, e o resultado de un traballo que creamos nos ultimos meses, hoxe o inauguramos e nos gustaria estar na vosa compaña. É no centro comercial Arousa, a exposicion ocupara o primeiro e segundo piso, esperamos que vos guste. Ali nos vemos...hasta a tarde
Dias pasados finou Antonio Gonzalez, ou Tucho o de Rosina como era coñecido no Carril o seu pobo, Tucho era o pai de Xurxo o peluquero, era o xenro de Angelica aquela repartidora de leite da zoa de Pontearnelas que tantos anos reparteu no Carril. Tamen era irman da desaparecida Rosina, tanto el como sua irman, donantes do Faiado e colaboradores a esgalla?¡Canto sentimos a norte de Antonio¡ Tamen nos doe non enterarnos a tempo do seu pasamento. A sua familia una aperta chea de sentimento.
Fainos moita ilusion, mañan xoves as oito da tarde no Centro Comercial Arousa inauguramos a exposicion PEDALEANDO, o denominador comun e a bicicleta, vai gustar, vemos unha Vilagarcia e uns vilagarcians distintos, as veces irreconocibles. Non faltar, xa sabedes que vai estar dous meses exposta, pero nos gustaria que na hora da inauguracion nos acompañarades. Esperamosvos
Hoxe dia dous de Xuño deberiamos facer algo especial, porque tamen temos a Goya de cumpleanos, Goya naceu no Escorial pero o transcurrir da vida o paso do tempo a trouxo a Vilagarcia da man do noso Candido, a partires de ahi Goya que e unha persoa positiva que se fai querer, e un membro mais do Faiado da Memoria. Bueno pois de hoxe nun ano, Felicidades Goya, a celebralo e a ser feliz. Bo ano.
Unha das alegrias do Faiado e Mari Patiño, nunca lle fallan as palabras, sempre atopa con que adornar as fotos que colgamos nas nosas paxinas. Pois ben, hoxe a nosa compañeira esta de cumpleanos, e queremos felicitala con moito calor e afecto. Mary vaite apuntando as farras que quedan atras para facelas presentes, na proxima xuntanza. Que todo che sea bonito.
Cando o Carril celebrou o Encontro de Embarcacions Tradicionais, o Faiado colaborou con unha exposicion virtual adicado a os mariñeiros, a o pobo carrilexo, en definitiva a o mundo do mar. Si vedes o video que merece a pena, no minuto oito e medio sae o Faiado.
Para nos de unha maneira especial. Comenzamos o día 4, xoves coa inauguración da exposición PEDALEANDO POR VILAGARCÍA no Centro Comercial Arousa, ás 20:00 horas
O 5, venres, estaremos en Vigo para presentar dous traballos dentro do Festival Primavera Do Cine: A BELEZA FERIUME PARA SEMPRE e A VOLTA DOS NOVE, no Marco, ás 17:00 horas, e no Auditorio do Concello ás 20:00 horas respectivamente.
O sábado día 6, triplete, ás 17:00 horas en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego e dentro das xornadas de cine etnográfico, proxéctase EL RUIDO Y EL SILENCIO. Cambiando de pobo, na Estrada, no Teatro Principal, ás 20:00 horas, proxección de A VOLTA DOS NOVE. E ás 00:00 da noite, en Vigo, proxección do vídeo clip, FÍA NA ROCA, pertenecente a banda sonora do documental A VOLTA DOS NOVE, dentro do Festival Primavera do Cine.
Vamos, animaros.
O documental EL RUIDO Y EL SILENCIO formou parte do libro que, co título extraido do documental, realizou o concello de Andorra (Teruel) sobre a Semana Santa do pobo.
Curtametraxe A BELEZA FERIUME PARA SEMPRE que formou parte do proxecto NIMBOS sobre o día das letras galegas 2014.