lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O cuarenta de Maio

Debe ser hoxe a ver si ven con cambios e pode entrar un pouco de sol nas nosas vidas. Imos aproveitar a foto de Maria Josefa del Valle, antigua compañeira de colexio, casada e residente en Ourense a que fai uns cincoenta anos que non vemos, pero que en calquer momento conseguiremos o seu telefono. Estamos a espera tamen dunha conversa con Fernando do restaurante Galeon de Catoira para apalabrar a comida do Faiado. Por outro lado decir que na casa nova temos 1867 fotografias, o aniversario primeiro o faremos o doce de Agosto, supoñemos que milloraremos aquelo que pensabamos como unha utopia...ter duas mil fotos, pois vai ser que si
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2014 08:30
Como nos gustaria

Onte anunciaron no blog Anne e Jose Manuel Casalderrey a posible visita que estan a preparar para o otoño...¡Seria maravilloso¡ Si todo vai ben celebrariamos duas cousas, a sua chegada desde o Brasil e a recuperacion da saude de unha amiga moi querida por nos, Margarita e Antonio. Non imos decir quen é de momento. Hoxe e casi coarenta de Maio...è chove. Disfrutemos da paz das casas que tamen e bonito. Bo dia, feliz domingo
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-06-2014 10:25
Parabens Roberto

O noso Roberto Ocaña esta hoxe de cumpleanos r o millor regalo que lle podemos ofrecer é...musica, porque Roberto é musica, a vive, a sinte, e tamen a interpreta. Foi de noviño cantante de varias orquestas e grupos, e cando facemos unha festa nos regala a sua voz, preciosa voz que a nos particularmente fainos lembrar a Juanito Valderrama. Pois nada escoitade o noso regalo a Roberto, e unha das suas pezas preferidas, e nos reiteramos as nosas felicitacions a o noso blogueiro e facemos un brindis virtual pola sua felicidad.


Comentarios (12) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-06-2014 06:48
En Vigo

SÓ UNHA REPRESENTACIÓN
Onte estivemos no Festival Primavera do Cine en Vigo e, como sempre, os nosos amigos e amigas non nos deixaron só: Rita Garrido organizou a súa panda, entre elas, a súa cuñada Carmen.
Desde Dentro do Corazon foi aplaudida por unha chea de vilagarcians que viven en Vigo, tamén Goya e Cándido tiveron o detalle de acompañarnos, xa sabedes que Candido é un dos protagonistas do documental.
Marcelino Penide non pudo asistir, pero fixo unhas cantas chamadas "avisando" e responderon a convocatoria. Ángel Fresnedo e a súa dona Sita, Pepe Encisa e Marina de Saa, Marisa Fernández a Simeona do Carril, xunto o seu home Nicasio Martínez, Rita Garrido, lider de masas. Rita é autenticamente especial nas nosas vidas. María Luisa Besteiro, Mari Carmen Abeledo, irmán de Genaro, marido da nosa Rita, Secundino García, o noso primo, non fallou. Eduardo Pardo, a quen nos deu moito gusto darlle un abrazo, a ese “neno” que viviu en Santa Lucía. Rosi Treviño e Nino, Carmen, José Cancelas, protagonistas do fundimento do Cabo Razo, tamén estiveron acompañados polo seu seu fillo. Carmen pasou o documental chorando.
Non sabedes que bonito foi compartir o noso documental con todos eles, e con tódolos outros espectadores que estaban presentes.
Tamén dar as gracias a Organizacion do Festival, esa Ana Laura infatigable traballadora "A tempo perdido" e decir: sen remuneración como seria lóxico. Asi se move a cultura en Galicia, sin nada que nos leve a poder facer traballos con tranquilidade, e así vamos.
Non é digno facer todo con cargo o bolsillo de cada un de nos. So a clase politica e a "Ben Pagá".
Gracias por disfrutar e facernos disfrutar todos estes pequenos/grandes momentos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2014 19:32
Logo contamos
Onte estivemos no Festival de Cine de Vigo, xa sabedes que seleccionaron "DESDE DENTRO DO CORAZON" para proxectala, bueno pois a peña de amigos do Faiado non nos abandonaron. Como temos problemas co programa que temos para recortar as fotos hasta mais tarde non podemos informar. Tende paciencia
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2014 08:24
A benvida a Xuño

A verdade que non o esperabamos tan movido, pero do que en verdade somos conscientes e de que estamos a vivir unhas xornadas que faran historia, o noso pais, merece unhas resolucions acordes cos tempos. Xa sabedes que unha das normas do Faiado da Memoria e a de non opinar de politica, tampouco de que nadie o faga, por iso somentes decir que fai sol que disfrutemos dos tempos, de novo benvido Xuño
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2014 08:18
Mari tamen cumple anos

Claro que non imos esquencela, onte mandamoslle un correo preguntandolle cando era o seu cumpleanos, contestounos hoxe pola mañan cando xa non estabamos na casa.Pero como o dia e moi longo eiqui estamos ¡Soio faltaria¡ Mary Patiño ti mereces o millor da vida, eres unha amiga do Faiado, feliz cumpleanos, que che mimen, que soples as velas que sexas feliz como mereces. Moitas felicidades e moitos bicos



Comentarios (9) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-06-2014 12:28
Cumpleanos de Goya

Ela naceu no Escorial e co tempo convirteuse na dona do noso Candido Castro, Candidito, hoxe dous de Xuño esta de cumpleanos, desexamoslle a Goya un dia feliz, o dia da sua festa, e compartiremos con ela uns pasteles para endulzar a vida, imoslle adicar unha cancion que sabemos lle gusta, unha das debilidades de Goya e a musica, seu pai foi director da banda de musica da escola militar de Marin ela heredou os gustos do seu pai. Felicidades saude e a vivir plenamente o dia e o ano.Bo dia querida.


Comentarios (6) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-06-2014 07:15
OS NOSOS TRABALLOS NA TELEVISIÓN, EN BILBAO, VIGO E ROMA
Xa fai uns días contábamosvos como o anaco audiovisual que fixemos para o PROXECTO NIMBOS, A beleza feriume para sempre, e o documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN ían a estar presentes en varias cidades.

Agora queremos porvos un anaco do programa de televisión DESDE GALICIA PARA EL MUNDO onde se fai referencia ao primeiro e donde dan información abondo sobre a nosa aportación.

Disfutade e, se queredes, compartide.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2014 17:23
¿Lembrades?
Disfrutade e volvede a infancia, a xuventude...Feliz viaxe

Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 01-06-2014 13:30
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal