lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CATRO DIAS DE NADA.... |
|
 POrque eso e o que falta, catro dias para rematar a campaña de Verkami, os nosos blogueiros siguen chamando, siguen dando como si nada pasara...como sigamos chegamos as duascentas familias, e moi emocionante para nos os do Faiado. A solidaridade sempre foi moi importante, tamen o loitar polo noso e o documental "DESDE DENTRO DO CORAZON" e de todolos vilagarcians. Quero facer mencion a unha aportacion do cineasta Xurxo Chirro, non ten nada que ver co noso pobo pero e amigo do Antonio e teñen traballado xuntos. Graciñas Xurxo. Graciñas a todos |
|
|
|
Xa non nos faltan días.....sóbrannos |
|

Non imos de sobrados, que conste, pero desde onte xa informamos que coa vosa axuda todo é posible, entón alcanzamos o obxetivo casi unha seman antes da data establecida.
A partir de agora imos a seguir traballando no documental, tamén veremos a posibilidade de sacar ese libro soñado, de fotos antiguas do noso pobo, cos textos do noso amigo Casalderrey e si poidese ser co documental seria bonito... Para sacalo hai que buscar patrocinadores (tranquilos non imos facer outro verkami)a ver se algunha institución e empresa bota unha man, e deixa a tristeza da crisis un pouco de lado, que boa falta fai.
Mañán mais. |
|
|
|
ESTAMOS A SEIS DIAS |
|
 Foto da chegada de miss España a Vilagarcía. Eran os principios da decada dos trinta e saia a recibila o alcalde da época, Elpidio Villaverde, acompañado de un feixe de mociñas.
E así de festeiros e alegres estamos os do Faiado ao conseguir acadar a cantidade mínima que púñamos no proxecto de microfinanciación.
E este un momento para agradecer o bo cento de personas que, coa súa desprendemento económico, nos acompañan nesta iniciativa documental comenzada polo Faiado da Memoria. Personas e empresas que confían en nos e que, esperemos, non desagradar.
Esa confianza nos fai tamén moito mais fortes, nos fai crer que non vamos sos a través do deserto de crisis. Somos quen de sentir ese alento que nos empuxa e nos permite manter en pé este proxecto que nos une.
Gracias a todos e a todas que colaborachedes. Gracias a quenes non colaboraron por que non poden facelo, por que as condicións económicas non son as adecuadas, por que a distancia lle pon mais peros que posibilidades. Xa sabedes que "a intención é suficente", polo menos para nos.
Quedan seis días, si. A pesares de acadar a cantidade mínima a campaña debe permanecer aberta (así son as condicións da páxina) ata o día 12. Ainda queda xente da nosa que expresaron o desexo de donar ainda que chegasemos a cantidade. Tres mil euros nun documental e unha cifra sin importancia, vaise na primeira seman de grabacion. A listaxe da esquerda vai a seguir ahí para recoñecemento de todos.
GRACIAS!
|
|
|
|
FALTAN SETE DIAS |
|
 Unha Vilagarcia distinta a actual e a que vai sair no documental "DESDE DENTRO DO CORAZON".
Hai unha parte que lembra tamen a temporada do ouro nejro do Carril, aqueles anos que as ameixas e os berberechos saian de debaixo da terra colaborando cas familias para millorar a sua economia. Os poucos mariñeiros que quedan de aqueles anos estan todos no documental, eles son mariñeiros de quitarlle o sombreiro, que tanto servian para a pesca como para patrons de regatas, vela, remo, motor...¡Nada se lle poñia por diante¡
Pasensias e Xine Abelenda, Julian Iglesias, Sito Persapon, Verino e Manolo Diz "Os Nachos", Lita Sanchez, Manolo Eiras o tikiti, Juan Vidal. Os do Faiado tivemos moita sorte de poder recoller estes testimonios para o documental.
Unha vez mais, un dia mais...Moitas Gracias |
|
|
|
NON É UNHA BROMA CONSEGUIR CEN FAMILIAS |
|

O aval de cen familias, cartos que deron para colaborar co noso documental, documental no que levamos traballando unha chea de tempo e sen recursos económicos... ¿QUEN TRABALLA SEN COBRAR?.
Facemos cultura, lembramos as vidas anteriores do noso pobo, pobo que tivo varias vidas... ¿Sabedes de que temos ganas?: DE REMATAR.
Faise bastante feo esto de ter que pedir axuda, esto non hai corpo que o aguante.
GRACIAS A TODOS E TODAS, de corazón. |
|
|
|
FALTAN OITO DÍAS |
|

Casi estamos na última semán.
Onte me decía unha amiga por telefono: "Si los amigos que teneis en el Facebook dan cinco euros cada uno pues ya estaba"... E sobraba,pero bueno, en realidade moitos dos que entran no noso facebook son "amigos" con moitas comillas, os facemos felices vendo fotos e nada mais. E están no seu perfecto dereito. Pero a hora da verdade...
Bueno xa sabedes e luns, entramos nunha nova semán. Derradeira e definitiva para a nosa campaña. Ou agora ou nunca. |
|
|
|
DENTRO DE NOVE DIAS REMATAMOS |
|

Por suposto, con éxito, porque faltan douscentos e pico de euros. Non nos cabe ningunha dubida de que imos chegar. Sobre todo porque sabemos da xente que nos chama pedindo o número de conta. Non hai fallo... chegaremos.
Os donantes estarán no remate dos creditos do documental... sera bonito, o día de mañán, que os biznetos vexan aos seus bisavós colaborando co primeiro documental en homenaxe a Vilagarcía. É o noso pobo, un orgullo de pobo. Lembrade que os donantes tamen terán o documental sen pagar un euro mais.
Coa foto queremos homenaxear a amistade, a boa veciñanza, a lealtade, a bondade. Así nos sentimos os do Faiado coa familia Penide-Pérez. AMIGOS desde as nosas infancias. Como dí a canción, AMIGOS PARA SEMPRE... |
|
|
|
FALTAN DEZ DIAS |
|

Foto da Illa de Cortegada no 1907, triste ano para os seus propietarios, colonos que lles obrigaron a cederlle a illa ao rey daquela, o Alfonso XIII, quen por certo, nunca se ocupou nin dos veciños nin de Cortegada. Salvo cando foi de vendela e cobraren os seus herdeiros.
Bueno, logo da parrafada, decir que só nos quedan dez días para poder facer a donación para o noso documental "Desde Dentro do Corazon".
Nos está chamando moita xente que queren donar, xente a que nós lles quedamos moi agradecidos, nos tempos que corren só o Faiado pode ter xente tan xenerosa. |
|
|
|
Entramos en Xuño |
|
 Imos cumplindo obxetivos, esperamos que non chegen retrasos en ningún dos proxectos que temos entre as mans. Mamasita, que me quede como estoy.
Facemos a subida semanal colocando as seguintes fotos nas Galerías correspondentes:
Familia (4)
Aqueles traxes de baño (3)
Primeiras comuñóns (5)
Xentes e lugares (8)
Outra maneira de vivir (4)
Vilaxoán (5)
E seguimos coa campaña que comenzamos o día 3 de maio, xa fai case un mes e que remata o día 13 do presente.
E unha satisfaccion a lista de donantes da esquerda para os despistados que non estan ainda quedan unhos dias
Disfruten da subida.
Moitos bicos. |
|
|
|
FALTAN ONCE DIAS |
|
 Entramos en Xuño, son as sete da maña do dia primeiro e esta a caer unha fina tormenta sobre Vilagarcia
O Carril. 21 de xuño de 1957 Carril 2- Bamio 2. Equipo do Carril: O Pirulero, Ricardo Lijó, Moncho Iglesias (Pelones), Manuel Bóveda, Felix, Pablo Obelleira, Pepe Abuín, Pepe Fresco el carrizo, Carlos Suárez (abaixo) José García (el Randa), Tucho Crespo, Luis Hierro, Berete e o Tete (Moncho Ares). A foto va camiño dos cincoenta e cinco anos.
Esto e para contaros que imos indo ben, que o documental vai a ir o suficientemente preparado, e que nos van levar unha chea de tempo leer os titulos de credito, que por suposto seran os titulos da SOLIDARIDADE. |
|
|
|
|
|
|
|
|