lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Foise Jose Eduardo

Soterrarono onte no cementerio noso, nas Canudas. Jose Eduardo Rubianes Rodriguez, era fillo de Pepe Rubianes e Carmen Rodriguez, das de Pampin, Jose Eduardo era primo do noso blogueiro Paco Salgado. Soio tiña coarenta e seis anos, non tiña idade para morrer, pero a morte e consecuencia da vida, e esta ben como ben. A os seus fillos Eduardo, Ivan e Iria o noso respeto e cariño pola morte do seu pai, a sua nai Carmen, as suas irmans Rita e M Jose un abrazo de calor, sentimos moito que naide nos contara a sua desaparicion, pero moito mais a propia perdida.


donada por anonimo
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-06-2012 17:41
MILLORANDO O NOSO BLOG

Como onte foi un dia importante pois tamen escomenzamos a labor na que tanto pensamos...facilitar e millorar a paxina. Non era esto o que queriamos, pero namentras non se den as circunstancias temos que seguir asi. Onte eliminamos a seccion "De Barrios" estaba aberta antes de que cada lugar, ou parroquia tivese no blog a sua representacion o seu cachiño correspondiente. As fotografias foron cada unha o seu sitio. Creo que con esta accion tamen facemos un pouco de xustiza a os lugares do noso pobo.


Seguiremos traballando. Informaremos
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2012 10:06
ARRANCANDO

Esta foto significa o inicio do montaxe do documental, "DESDE DENTRO DO CORAZON". Estase a montar en Compostela na productora Nova Comunicacion, seu propietario Jose Luis na foto con Antonio.

Temos un grado de satisfacion, Vilagarcia vai con retraso en todo, no tema documental por suposto. Son xa sabedes catro temas, queda moito por contar pero este documental esperamos que sea o inicio de unha serie. Os vilagarcians merecemos regaliños de este tipo. A TODOS os que nos seguides moitas gracias e vai por Ustedes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2012 18:45
Faremos contas


Para todos vos, sobre todo para os mecenas que adiantachedes os cartos do documental. Sabemos o que se donou en Verkami, sabemos o que se pagou en Bankia, pero ainda onte nos chamaron tres persoas que queren donar en man. Non estamos libres de recibir mais chamadas nesta onda. Tampouco sabemos o que nos cobraran os de Verkami, polo tanto en dez ou once días (plazo que poñen os de verkami como mínimo)... as contas claras.

Moitas gracias por estar ahi, con nos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2012 08:28
O DIA QUE REMATAMOS... ven con regalo


Ainda que nos últimos días non fixemos as contas ao dedillo, podemos decir que superamos os catro mil euros... ¡Sentímonos tan encantados!. Sin administracións de ningún tipo, pensamos que pode haber un antes e un despois no noso traballo, na nosa forma de facer memoria, na nosa forma de facer cultura. Temos vendidos cento e pico de documentais que vos mercachedes adiantando os cartos. Ese e o tema, mentras tanto, nos temos uns cartos para mellorar os efectos, a música, etc, etc.

GRACIAS por entendelo, por botarnos unha man, moitas GRACIAS.

E para agradecer mais un regalo. Queremos compensar que nesta entrega documental o pobo de Vilaxoán, a pesares de que a xente si participa no traballo, non sae tanto como o poden facer Carril ou Vilagarcía. Por iso queremos facer este detalle con esa vila que se entregou tanto cando llo solicitamos. Por exemplo nesta mostra (40 minutos xa é unha mostra grande) que fixemos para o encontro de embarcacións tradicionais e que proxectamos no Fogar. Imaxes e música de Vilaxoán.
Disfrútenno e fágano disfrutar, por que compartir é marabilloso.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2012 08:23
Mañán Rematamos


Xa vai sendo hora. Escomenzamos o tres de Maio e xa vai alá unha chea de tempo, minutos, horas e días... o dito, mañán rematamos.

Mentras, estamos a traballar en dúas montaxes, un adicado a unha familia que se vai a xuntar no mes de Xullo, nunha comida, desa familia ven xente de distintos lugares do mundo... ¿Non é bonito?

O outro e para Pontecesures con motivo das súas festas do Carme. Un traballo para unha noite de verán. Da gusto facelo porque sabemos o que lles gusta o Faiado, o que lles gusta lembrar....
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2012 07:45
Era Jesus Bouzada


El era Jesús Bouzada, proiecionista do cine Fantasio, todos nós, vilagarciáns, debémoslle momentos únicos do cine, daquelas películas cheas de rombos e recomendacións. Mandounos a foto Luis Paz, e aproveitamos para darlle o pésame a súa familia.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-06-2012 19:54
Morreu Cesar Morales


Era vilagarciano residente en Madrid, e tamen era blogueiro do Faiado. Gracias a Luis Silva temos unha foto de fai uns meses realizada na comida que celebran todos os anos os ex-alumnos do Calvo Sotelo.

A derradeira foto de Cesar, que so tiña sesenta e seis anos. O sentimos, o sentimos de verdade, pola súa dona, pola súa nai, pola súa irmán, polos seus amigos.

Mandámoslle un abrazo a Luis e a Piluca que está realmente afectada. O sentimos sobre todo por Cesar, que ainda lle quedaba moita vida por diante.

Cesar era un optimista. Que a boa terra lle de cobillo.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-06-2012 23:31
As fotos de todos, a nosa memoria



De novo, como tódolos fins de semana e días de guardar, aquí está O Faiado da Memoria realizando a súa subida.

E non son poucas, 34 fotografías novas van a engrosar este arquivo de memoria visual da nosa cidade.

Tamén temos que aproveitar, e non nos vamos a cansar xa que estamos moi ledos con elo, a todas e todos os que levades realizando aportacións para o documental Desde dentro do corazón. on son aportacións a fondo perdido xa que o que realmente estades facendo é adquirir parte dos nosos traballos a cambio dunha cantidade que sirve para poder rematar este traballo audiovisual sobre a cidade na que nacimos e vivimos (algúns, desde a súa lonxanía, na lembranza que este modesto blog lle pode lembrar).

Pero vamos a decir en que Galerías están estas novas imaxes:


A Vilagarcía de onte
(14)

Amores (1)

Familia (1)

O Carril (4)

Os deportes chegaron coa escuadra (4)

Os amigos (5)

Outra maneira de vivir (1)

Vilaxoán (4)

Agora facer o favor de disfrutar e non o fagades en silencio. Transmitirlle a todos e todas de que estades ahí detrás, lendo e vendo, facer uso da posibilidade do comentario e moitos se alegrarán de que estades presentes.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-06-2012 19:36
So quedan tres días


O mais bonito é que cento vinteunha familia (e sigue subindo) apóiannos, dannos calor, aválannos.

Iso é precioso. Chámannos e nos mandan mensaxes, cóntannos a súas vidas, xente que quedou no paro, xente que, coas súas pensións, teñen que axudar a fillos e netos, que se lles desmantelou a vida. As prioridades son a familia, nos sabemos o que está pasando, como está a situacion porque somos parte deses efectos desastrosos. Terá que cambiar. A proxima semana o Antonio escomenzará a montaxe do noso documental. O de TODOS nos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2012 08:43
[1] 2 [3]
© by Abertal