lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Jose Carlos, Responsable da Cultura do Gato



Bueno estamos a estoupar de cansancio. A Exposicion que hoxe inauguramos no Carril, pois ten mil cen fotos, non é unha coña encadrar e organizala...

¡De verdade! Logo entra eso de que un é do Carril, de que os nosos tataravós, bisavós, avós, pais... eran mariñeiros... ¡Como emociona! ¡Como pesa! ¡Ai! Todo ten que sair ben...

Bueno, cremos que está gustando. A xente estaba feliz, esta é unha ocasión única para o Carril, non cabe dúbida que hoxe o pobo estaba animado. O Gato Negro a rebosar de xente, hai tres exposicións: unha de maquetas de barcos, os marabillosos barcos feitos polas mans do artista Manuel García Ramos. Outra de fotografías de mariñeiros, "Lobos de Mar", de Margó Fernández Crespo, parece que falan, encantounos, logo a nosa de O Faiado.

Noraboa a todos os que estan facendo o tema dos Encontros, a Federación, a Rompetimóns, aos colaboradores, Voluntariado, a directiva do Gato Negro... ao pobo en xeral.

Noraboa e GRACIAS
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-06-2011 23:16
A Patrona

Manuela Sanchez mais coñecida por Lita e das poucas patronas das regatas de mulleres que quedan vivas. Nela queremos simbolizar a loita das mulleres no mar, aquelas mulleres que traballaban como homes, que loitaban contra a miseria, poñendolle a cara e a forza os temporais o frio, o calor e a todo o que se poñia por diante das necesidades da familia, esto era o mais importante por eso facian de nais e pais, no mar e na terra, veremos un video donde Lita conta a vida de antes, das mulleres mariñeiras.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2011 22:00
MARTES dia 28 de xuño as sete da tarde

Inauguramos no Gato Negro a exposicion Carril, Deitado no Mar, facémolo para conmemorar o nomeamento do Carril como lugar dos Encontros de Embarcacións Tradicionais.

Carril o merece, os seus mariñeiros tamén.

Aproveitamos para anunciaros unha pequena subida, na Vilagarcia de Onte, cinco,

en Gaudeamus Igitur, unha,

e no Carril, sete,

en total trece fotos.

Vemonos no Carril e disfrutade.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2011 09:08
A PUNTO

Para escomenzar as xornadas adicadas aos Encontros de Embarcacións Tradicionais que este ano tócalle de organizar ao Carril. A Federacion Galega pola Cultura Fluvial e Marítima, a Rompetimóns do Carril e a todos os voluntarios e colaboradores, tócanlle nadar no mar da crisis que nos afoga, un mar que sirve para un roto ou para un descosido. Lévase moito tempo traballando con poucos recursos, pero as veces a imaxinación e os sentimentos son mais importantes que calqueira outra cousa.

O Carril merece ter unhos encontros que se asemellen a súa categoría de pobo. Unha categoria moi difícil de igualar...

¡Viva O Carril¡
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-06-2011 13:49
CHEGAN AS EMBARCACIÓNS

A Vilaxoán, o recuncho donde mellor sardiñas se come do mundo, terra de mariñeiros e mariñeiras, de xente aberta as relacións humanas, colaboradores co mundo da cultura. Os do Faiado temos pendientes con Vilaxoán unha exposición dixital de fotografías que haberá de celebrarse antes do quince de Xullo, se non hai problema algún en día, hora e lugar que anunciaremos convintemente.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2011 13:39
Donde hai patron non manda mariñeiro...

Subimos vinte fotografias a Vilagarcia de onte, e trece a Vilaxoan. Dentro dunhas horiñas imos para o inferno, millor dito para Madri con trinta e catro grados a proxectar a Memoria nos tempos do Wolfram. Esto o decimos medio en broma porque e un pracer que che inviten da asociacion Amesde, e un pracer e unha satisfaccion que che inviten da universidade. Ala nos vamos con gusto. Temos que vir pronto, os Encontros das Embarcacions Tradicionais e a exposicion que fixemos para conmemorar os Encontros nos esperan. Xa esta Antonio rematando o montaxe. O de Vilaxoan esta listo, esta precioso, vou facer como o delegado dun periodico que di que a unica verdade esta no seu periodico. Gustanos como nos esta quedando, estamos dispostos a vivir a proxeccion con todos, Vilaxoan e Carril, vivila ca emocion que nos provoca o tema mariñeiro. Con esta subida queremos homenaxear a dous mariñeiros, Jo de Vilaxoan, un patron sin titulo que coñecia a ria como os ollos dos fillos, e Verino Diz que con ochenta e tantos anos sigue saindo no "E Meu" o seu barco, sigue indo a marea e sigue sendo Maestro de mariñeiros
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 18-06-2011 18:34
O FAIADO de exposicións



Estimados Amigos e Amigas (con maiúsculas, loxicamente), está semana que ven, e tan pronto cheguemos de Madrid de presentalo documental de "A Memoria nos tempos do volfram" na universidade complutense, daremos os últimos retoques dos vídeos que serán expostos na sede de O Gato Negro (desde o 27 de xuño) e os que serán proxectados os sábados 25 de xuño e 2 de xullo en Vilaxoán e O Carril, respectivamente.

Un traballo que nos ten encerrados no faiado (pómolo en minúscula posto que é o espazo real no que estamos a traballar, ainda que a nós nos guste mais chamarlle "o ático") para rematar todos estes traballos.

Mentras tanto o Faiado tamén se extende a outros municipios cos que comenzamos a colaborar como, por exemplo, Nigrán. Os que vivides pola zona poderedes vela exposición que montamos en colaboración coa Consellería de Cultura e que está exposta no centro comercial de A Ramallosa. Titúlase "Nigrán, luz e vida" e está composto de nove paneis cunhas noventa fotografías e un televisor que emite un programa de televisión da desaparecida RTN con intervencións de personas maiores de todo o concello.

Na espera de informaros sobre a nova subida, verémonos, a parte de en este espzo voso, nos distintos lugares por onde vamos paseando.

Bicos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2011 16:07
A Memoria nos Tempos do Wolfran


La Asociación de la Memoria Social y Democrática (AMESDE) con la Universidad Complutense de Madrid, organiza un pase del documental "A memoria nos tempos do volfram" (La memoria en tiempos del wolfram) en el salón de actos de la biblioteca Marqués de Valdecilla (Noviciado, 3) el día 21 de junio a las 18:30 (seis y media de la tarde).
Será presentado por Nieves Oliveira, vicepresidenta de AMESDE y contará con la presencia de Manuel Morillo y el director del documental.
"A memoria nos tempos do volfram" narra una historia, para muchos desconocida: Al comienzo de la Segunda Guerra Mundial un mineral se hizo necesario para el estado Alemán: el volfram. Galicia se convirtió en el dorado para mucha gente que buscaba dinero rápido y/o trabajo en aquellos duros años de la postguerra española. Mineros, aventureros, guerrilleros, guardias civiles, presos políticos, estraperlistas, etc. se juntaron en los montes gallegos y entrecruzaron sus vidas, muchas veces de forma dramática. Esta es la historia de aquellas personas contada por ellas mismas.
Este documental obtuvo el primer premio del certamen de vídeo etnográfico de Espiello 2005.
A nuestros amigos de siempre a nuestros colaboradores en Madrid les invitamos a compartir con nosotros la proyeccion el estreno del Wolfran en la capital
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-06-2011 20:54
Xa estan chegando os barcos

Para os Encontros de Embarcacions Tradicionais de Galicia. O Carril sera o lugar dos encontros, e verdade que con moi poucos medios, a crisis nos rodea, pero non nos envolve, hai que loitar contra ela, temos recursos de raciocinio, temos vontade que e mais importante que os cartos, temos imaxinacion, temos cerebro, temos sentimento polo Carril, sentimentos polos barcos, sentimentos polo mar, sentimentos polos nosos mariñeiros de hoxe....e de sempre


foto donada pola autoridade portuaria
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-06-2011 10:33
IMOS ACERCÁNDONOS AOS ENCONTROS

Non ao da Semana Santa, senón aos Encontros de Embarcacións Tradicionais que se vai a celebrar no Carril e tamén en Vilaxoán a finais deste mes.

O Faiado quere colaborar falando do tema, falando do Carril, falando da súa xente. o Comité Organizador non ten cartos para publicidade, imos todos a botar unha man. Tras todo este evento non están as personas, non están os cartos, están os sentimentos que nos inspira un pobo que merece ter o mellor dos destinos, un pobo que tiña de todo e que foron quitándollo hasta case non ter nada.

O Carril neste momento necesita a súa xente... necesita un pulo... ¡E para mariñeiros....NÓS!

Para celebrar isto ahí van catro fotos na Galería de O Carril, donadas pola familia García-Bravo as que desde o noso/voso blog queremos darlle as gracias e a benvida.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 13-06-2011 23:39
1 [2]
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web