lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


Palmarés de
O FAIADO DA MEMORIA


A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

E SEGUIMOS...

Bueno, como é domingo vamos a seguir subindo algunha máis.

Así vamos a ver novedades nas seguintes Galerías:

O Carril (8), A Laxe (2), A Vilagarcía de onte (1), Amores (1), Creo en Dios Padre... (1), Outra maneira de vivir (1) e en Sempre emigrantes (1).

E de momento vai sendo hora de descansar un chisco. Vos mentras tanto disfrutade con esta nova subida.

Deica logo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2010 20:06
XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Despois de descansar un par de días dos calores madrileños, xa estamos en condicións de seguir subindo material a este voso blog.

Comenzaremos colocando unhas fotografías que enviou Ruth Taboada e que se atopan nas Galerías de Familia (2), Aqueles traxes de baño (1), Vamos a retratarnos (5) e Creo en Dios Padre... (1).

Despois tamén engadimos unha serie de fotografías no Paseante correspondentes a nosa itinerancia pola capital do imperio para presentalo documental Aillados e dunha nova Galería que demos en chamar COUSAS DOS NOSOS BLOGUEIROS/AS. Ahí teremos un gran caixón de sastre no que vamos a meter aquelas fotografías, actuais especialmente, que os nosos blogueiros (e blogueiras, claro está) teñan a ben de enviarnos e que sirva para interconectar mais a tódalas personas que están o outro lado do ordenador.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 27-06-2010 12:33
MOREIRA, FILLO PREDILECTO DE VILAGARCÍA

Abrimos hoxe, 19 de xuño de 2010, unha nova Galería que terá representación tanto neste blog como no do Paseante.

Trátase de facer unha homenaxe a unha das personas máis queridas da Vilagarcía contemporánea: o Doutor José Moreira Casal.

No día de hoxe a corporación en pleno nomeou o insigne Doutor como fillo predilecto de Vilagarcía a título póstumo, feito este que chega moi tarde pero xa se di aquilo de que "nunca é tarde se a dita eé boa" e nesas estamos.

No blog do Faiado poderemos ver fotografías da súa vida e no de O Paseante información gráfica e audiovisual sobre o nomeamento.

Premendo aquí
accedemos a Galería de O Faiado e se o facemos aquí a de O Paseante.

Tamén hoxe en La Voz de Galicia, o periodista Serxio González na súa crónica de O Faiado da Memoria fai unha fermosa lembranza do homenaxeado que poderedes leer premendo aquí.

Outras noticias referentes o acto e de Moreira:

Begoña Paso, sobre a entrega da distinción a Moreira escribe na Voz de Galicia.

Serxio González, tamén na Voz de Galicia, fai unha reseña ampliando a información dada por el mesmo o día anterior. Hai que constatar aquí un erro de imprenta o colarse a data do ano 1994 cando realmente tiña que por 1944. Pero é o de menos.

Que disfrutedes.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-06-2010 23:55
PRESENTACIÓN DOCUMENTAL EN MADRID

Queridas amigas e amigos, ainda que non é laboura deste blog e por iso este post será borrado a partires do mércores, vamos a informaros que o próximo martes, 22 de xuño, as seis e media da tarde, vamos a estar (de corpos presentes) no salón de actos da biblioteca da Universidad Complutense de Madrid, na rúa Noviciado, 3 (Tfnos.: 913946642 - 913946612 - Fax: 913946599. Correo electrónico: bucpifoa@buc.ucm.es) para presentar o documental, dirixido por Antonio, "Aillados".

O documental, que foi comenzado fai a friolera de moitos anos (sobre o 1986) e, definitivamente, rematado no ano 2001, relata a historia dos presos que foron confinados na illa de San Simón durante o tempo da guerra civil. Esta historia está contada polos propios presos o que lle da un carácter de testemuño especial.

Aquí podedes ver un resumo/avance do documental:




Xa o sabedes, os que vivades por Madrid, ou aledaños, estades convidados a pasaros pola biblioteca Marqués de Valdecillas donde podemos disfrutar coa vosa compañía. E falar e falar.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2010 09:15
NOVA SEMANA, NOVA SUBIDA FOTOGRÁFICA

Un fin de semana máis e novas fotos incorporadas ó noso blog (xa, xa sei que é voso, de todos, pero era para recortar palabras e o final escribo mais das que pensaba aforrar).

Hoxe subíronse un total de 91 imaxes e que corresponden as seguintes Galerías: O Carril, 44 fotografías (ahí es ná), 8 fotos en A vilagarcía de onte, en Os amigos, 5, en Atopando detalles, 7, en Familia, 4, Os deportes chegaron coa escuadra, 4, en Soan campás de voda, 1, Personas recordadas, 7 e na de Vilaxoán 12 fotos.

Supoño que non está mal. Margarita está botando fume despois deste intenso traballo ainda que sigue colocando textos as fotos mentras eu vou colocando esta información e que vos poidades ter acceso canto antes a estes novos tesouros.

Tamén os colocamos este enlace de La Voz de Galicia que, hoxe domingo, 6 de xuño de 2010 (isto poñoo para aqueles que lean isto dentro de 10 anos), onde sae un artigo escrito por Antonio Garrido sobre as corridas de touros no salnes. Os membros do Faiado non estamos a favor, nin nos gusta, este espectáculo pero somos conscentes de que hai xente o outro lado do ordenador, como Monchito Paredes ou Teo Petinal, que si lles interesa. Hai unha foto nese artigo que é do Faiado e que xa se usou noutro artigo do mesmo diario. Foi unha pena que non nos deran aviso que lles pasaríamos unhas imaxes preciosas de pepehillo nas súas correrías vilagarcianas.

Amigas e amigos, esperamos que disfruten con esta nova subida.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-06-2010 20:08
© by Abertal




contador de visitas en mi pagina web