lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Unha década de historias


A exposición unha década de historias, os 60, xa está en marcha. O próximo martes, día 30, ás oito e media (20:30) da tarde terá lugar a súa inauguración oficial no Auditorio de Vilagarcía.

A exposición estará composta de 10 paneis cun total dunhas cen fotografías máis un aporte sonoro da época en forma de cancións e locucións e anuncios de radio onde se poden ver máis fotografías nun bucle continuo. Haberá unhas sillas para que a xente esté cómoda mentras contempla o pase.

Arriba deste artigo vai o cartel da exposición para que teñades coñecemento e podades pasala información.

O horario do Auditorio, á marxe do día de inauguración, é de 9 da mañán a 2 da tarde e de 4 a 10. O espazo que ocupa é de toda a planta baixa xa que a nosa vai a ser un complemento da exposición da Fundación 10 de Marzo, que tamén se inaugura ese día, e que trata sobre as mobilizacións estudiantis en Santiago durante o ano 1968.

Esperamos que as disfruten.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2009 11:25
A pesares de todo...
Estamos inmersos na preparación do complemento que vai a acompañar a exposición de "gaudeamus igitur" ao "venceremos nós". Tratarase dunha pequena exposición (10 paneis) que recorren a década dos sesenta e as distintas historias acontecidas en Vilagarcía neses anos e que levará como título xenérico, unha década de historias, os 60.

Pero isto non nos impide subir catro fotos máis que nos foran enviadas por internet.

Atópanse nos espazos Atopando detalles (2), Creo en Dios Padre... e Os deportes chegaron coa escuadra.

Volvemos coa montaxe da exposición. Que esperamos que acudan a vela...en masa.

Que disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 26-06-2009 09:05
Os propietarios da enciclopedia Álvarez



E agora unha serie de fotografías da galería Gaudeamus Igitur, con 14 novas instantáneas.

Un momento especial para lembrar que algún día tamén pasamos pola escola.

Que disfruten, e hoxe é un bo día. Coido que despois de isto vamos a descansar por un mes. Ou polo menos mentres non rematémola exposición. Que total é a finais da semana que ven.

Por certo o título desta exposición vai a ser (se nada cambea), Unha década de historias, os 60. Con lembranza os principais feitos (e non tanto) da "historia" vilagarciana deses anos en campos como a vida social, deportiva, musical, de sucesos, etc. E vai a ter lugar no Auditorio na súa planta baixa. Como xa comentamos vai ser un complemento (ou sexa que non vai a ser grande) a exposición que organiza a Fundación 10 de Marzo sobre o 68 en Santiago de Compostela (do "Gaudeamos Igitur" o "venceremos nos") que estará colocada no mesmo lugar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-06-2009 19:54
Fai moita calor ahí fora


Si. A calor nunca foi algo que soportase moi ben, nen o de revolcarme na praia, por iso prefiro o fresco do interior da casa. Iso si, coas ventanas ben abertas para que corra o aire.

Polo tanto aproveito para seguir subindo unhas cantas fotos mais. Supoño que moitos estarán chamando a Super P-man para que siga traendo olas de calor sahariano para que así non poida sair a tomalos aires e siga nesta mesma actitude. Si, hai moita xente mala pero non llo vou a ter en conta. Sei que o fan por ben. Polo menos polo "seu propio ben".

Neste momento subíronse 24 fotografías máis o espazo de A Vilagarcía de onte. Nesta serie de fotografías priman as tarxetas postais que nos donou o noso amigo Luis Silva, parte delas coloreadas a man e con textos polo seu reverso e nalgunha incluso polo anverso.

Esperemos que as disfruten como xa o fixemos nos.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-06-2009 17:39
O Antroido


Facemos un alto na preparación da exposición-complemento sobre os anos sesenta, para subir unhas cantas fotografías.

É de xustiza, xa que non podíamos estar tanto tempo sen ofrecer material novo. Neste caso abrimos un novo espazo que nos viñan solicitando desde fai tempo: O antroido.

Leva a denominación de Tempo de Antroido e mostra dous tempos distintos, un en blanco e negro con distintas personas disfrazadas e outra en cor co enterro da sardiña de Vilaxoán.

Son un pequeno exemplo, ainda que para comenzar subimos 30 fotografías de golpe, posto que desta actividade "carnavaleira" contamos cunha boa cantidade de material. Pero hai que racionar non vaia a ser que nos provoque un empacho.

Aquí queda o material exposto.

Que o disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-06-2009 16:20
CIRO, análise dunha traxectoria
Tras unha intensa semana de traballo onde o Arquivo Social da Memoria estivo inmerso na preparación da conferencia que o artista plástico CIRO ía a celebrar na Sala Rivas Briones, o escaneado de novas fotografías e a preparación do complemento fotográfico que sobre a década dos sesenta vamos a ofrecer co motivo da exposición "do "gaudeamus Igitur" o "venceremos nos"" que se vai a celebrar a partires do día 26 de xuño no auditorio vilagarcián non temos nin cinco minutos para poder subir unha simple fotografía o blog.
E iso que xa temos preparada unha boa batería de imaxes sobre distintos apartados, un deles, o entroido.

Pero vamos a mostrar o resultado do noso traballo para a conferencia de CIRO Sánchez Suárez. Este artista estivo expoñendo unha antoloxia do seu traballo artístico na sala Rivas Briones, tal como xa especificamos, e como acto final relatou unha conferencia sobre a súa obra no mesmo marco da exposición.

O Arquivo realizou un pequeno documental preludio dos que vai facer a distintas personas e feitos reseñables de Vilagarcía para que queden como videoteca para xeneracións futuras.

Este que mostramos a continuación é o resultado dese documental que co título xenérico de "SobreImpresións" e o particular de "CIRO, análise dunha traxectoria" exhibimos como introdución a conferencia do artista.


CIRO análise dunha traxectoria from o faiado da memoria on Vimeo.



Esperamos que a disfruten mentras se manteñen a espera de novas fotografías
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 16-06-2009 08:29
Máis de 10.000 elementos gráficos no Arquivo

Así como a semán pasada incorporamos ó blog unha boa cantidade de fotos, esta semana vamos un tanto escasos. Non é por que baixásemos a garda. Non. Mais ben ó contrario, non paramos. A gran cantidade de fotografías escaneadas nos últimos días, xunto con outras actividades, obligounos a centrarnos nunha dirección, tendo abandonada esta función de encontro no mundo virtual.

Gracias a ese traballo hoxe a cantidade de elementos documentais do Arquivo Social da Memoria sobrepasan os 10.000. Unha cantidade que non está mal para levar só un ano e ser dúas personas nada mais as que levan adiante este proxecto. Iso, claro, sen contar con todos vostedes que son as que realmente dan pulo para que todo se leve a cabo.

Tamén temos que destacar a chegada as dependencias da Concellería de Cultura, o pasado venres, de tres caixas (36 kilógramos de peso) con obxetos perteñecente a cantante lírica Matilde Vázquez donados pola familia e amizades. Así o Arquivo non só se compón de imaxes dixitais senón de obxetos que van engrosando este proxecto memorístico. Gracias a todos e a todas polo enorme esforzo que están a realizar e a abrirnos as portas para poder compartir eses anacos das súas vidas que, agora, perdurarán entre todos nos.

Hoxe introducimos 17 fotografías novas en dous espazos xa creados. Trátase de Traballando duro (11) e Os deportes chegaron coa escuadra.

Esperemos que as disfruten


Na fotoda dereita, donada por Maricruz, vemos a Luis Carús na súa etapa como presidente do "glorioso" Arousa
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 06-06-2009 16:06
© by Abertal