Subidas en OS AMIGOS, O CARRIL é O CASTRO.
En portada, unha nena de primeira comunion, no xardin da Praza de España cando era frondoso con arbores e comodos bancos.
Que vivades un bó dia, a ser felices.
A filla mais nova de Rosa e Tucho que tiveron unha tienda no Castro, neta de Rosario dos Durans por parte paterna, de Francisco é Carmen residentes no Ramal abós maternos.
Irman de Rosarito que tamen falleceu fai moi pouco tempo.Sinto que hay grupos familiares con moi mala sorte, este doeme, pasei a miña infancia e adolescencia moi cerca de todos eles, a miña amiga mais cercana, mais querida e a prima carnal de Gloria, Esperanzita.
Eran tres irmans, especialmente unidas, Rosa nai de Gloria e Rosarito, Fita, nai de Jose Enrique, Pepa e Javier Jimenez é Carmucha a nai de Esperanzita...e casi tamen de Margarita. Por eso escribo esto con moita congoxa, Gloria era moi nova para irse, como os pais, como a irman, como Eva, filla de Rosarito que tamen finou. Terriblemente triste.
Gloria estaba casada con Manolo, moitos anos funcionario de Obras de Puerto. Teñen dous fillos, a todos eles enviamos o noso cariño e unha forte aperta.
Subidas en O RAMAL é POSANDO.
En portada o campo municipal da Lomba nun partido de futbol, anos setenta, nin unha soa muller.
Bos dias, avanzando Maio, con un bó tempo para disfrutar na rua.
Bos dias
Xenro de Mituchas Iglesias e do fallecido Daniel Garrido, casado con Maria Eugenia. Facemos publico o sentimento do Faiado da Memoria e as suas xentes, polo pasamento de esta persoa tan nova, un trauma terrible pra a sua familia pra a sua xente.
A Mituchas, Eugenia, Daniel a todos eles, o noso sentido pesame.
Tal dia como hoxe, fai…¡Uns poucos, moi poucos anos! É a os compases da ultima verbena adicada a Santa Rita viña a o mundo Chus, única filla dos seus Pais.Dia grande toda a vidiña na casa da familia Beun Ameijeiras, non hay mais que ver a foto de Chus cando cumpria o seu primeiro ano…¡Que cara mais guapa¡ A tarta debe ser mais grande que a homenaxeada..
Bueno en fin que tomaremos uns pasteliños en algún momento con Chus, de momento que vaia bonito, Saude é toda unha vida por diante.
Parabens amiga
As subidas estan en VILAXOAN, SANTA LUCIA, TRABANCA SARDIÑEIRA é OUTRA FORMA DE VIVIR.
En portada Carmen e o seu home Eduardo Martinez, festexan o seu aniversario de bodas no Parque Rosalia, na Bolera.
Remataron as festas, escomenzamos a vida normal, bos dias
De Vilaxoan, casada co Rico, cuñada de Rosario e Manolo, do barrio da Rosa no Carril, Manolo bizneto de Roque Ramos de Cortegada.
Sentimos moitisimo que Ines emprendese o seu ultimo viaxe, sentimos moitisimo os momentos que estan a vivir os seus familiares.A todos eles enviamoslle o noso sentido pesame
Bueno, levamos dous meses organizando, o que non abonase o viaxe, non pode ir, temos que pechar acordos cas empresas do barco e do bus, pasar as listas de viaxeiros, non podemos esperar mais.
E o noso gato que vive no Faiado, atopouno Antonio, na praia do Preguntoiro, estaba a beber auga do mar, Antonio chamouno i el veu correndo , deixouse acariciar, deixouse subir a os brazos de Antonio e a partires de esa data e o gato da xente, non se impresiona con nada, atende a todo o mundo, da igual o ruido que se faga, a cantidade de xente, todo da igual, BIS BIS é feliz, asi se mostra.
A xente que asiste a os actos do Faiado enamoranse de el, é facil, é maravilloso.
Xa vedes o que hai. un recital poetico en homenaxe a ese cacho de vida que temos no Faiado.
Non faltedes, estades invitados.
Subidas en Tascas e Centros de Traballo, é Vilaxoan.
En portada, procesion de Santa Rita, asisten a familia propietaria do Bazar X, unha tienda de regalos na rua do Rio, tamen se revelaban fotografias, normalmente despachaba un fillo que se ve na imaxen, solteiro, maior, destacamos a sua bondade no posto de traballo e a sua educacion.
Na imaxen se pode ver a o fondo, no edificio en que estaba situada a tenda de Balbino Costa, unha pancarta, anunciando o octavo Torneo futbolista de Santa Rita, xogaban nada menos que o Celta contra o Deportivo da Coruña.
Hoxe, por ser festa local, Santa Rita e festivo local.
Disfrutemos das festas, bos dias.