lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

31 de Maio do 2023, mercores

Subidas en O CARRIL, VILAXOAN, CORNAZO é OS VECIÑOS.
En portada fotografia de un home moi novo, anos coarenta, Tomas Alcalde retratandose no Muelle de Ferro. Maravilloso entorno.
Remata Maio, non deixa de ser un mes moi esperanzador, amaneceres craros, deixando atras a invernada, longa, escura e fria.
Moitisima saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2023 08:22
A miña Olalla de cumpreanos

Data especial na casa, Olalla esta de cumpreanos.
As que sodes nais sabedes o que esto significa nas nosas vidas, un fillo e o mais grande do mundo para calquer muller, nada hai que se iguale.
Olalla é algo moi grande na miña vida, camiñamos xuntas sempre, nunca agradecerei o suficiente as suas respostas de responsabilidade ante as dificultades, falo de cando era moi nova é habia que sacar a vida adiante.
Hoxe, xuntas coma sempre, celebraremos o cumpre, parabens miña nena.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-05-2023 08:45
30 de Maio do 2023, martes

Subidas en SOBRADELO é A VILAGARCIA DE ONTE.
En portada, grupo de amigas na praia nunha imaxen preciosa.
Boas festas a San Cibran, e a disfrutar dos dias, do bó tempo, frio non fai, saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2023 08:33
Dia 29 de Maio do 2023, luns

Subidas en FAMILIA, TRADICCIONS E ACTOS, A VILAGARCIA DE ONTE É PERSOAS RECORDADAS.
En portada foto de familia posando, peinados de moda, cardados e moños nas mulleres
A comenzar seman, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2023 08:22
28 de Maio do 2023, domingo

Subidas en FAXILDE, SOBRADELO é OS VECIÑOS.
En portada voda da filla mais vella da familia Marzal Sanchez, a nai a profesora de moitas xeneracions do barrio da Laxe.
Dia de eleccions, os que non ides a votar lembrade que a vosa postura tamen favorece a alguns. Ainda que nos equivoquemos, participade, que se note o que queremos.Hoxe é a NOSA FESTA.
Bos dias, a vivir.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2023 07:29
O dia 30 pechamos a nosa viaxe.

Sabedes que o dezaoito de Xuño celebramos os quince anos de creacion do Faiado da Memoria, o facemos con un viaxe a Illa de San Simon, pois ben, comunicamosvos que o dia trinta pechamos a lista para o viaxe.
O dia trinta é o proximo martes.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-05-2023 08:18
27 de Maio do 2023, sabado

Subidas en OS DURANS, TRABANCA BADIÑA é GAUDEAMUS IGITUR.
En portada vista aerea da Vilagarcia dos anos cincoenta, a o fondo vemos o muelle de ferro, sirve pra ver alguns dos centros industriais da vila como Mequinsa, Alemparte, talleres Renfe,Carbonell, Lantero...e moitas mais que se saen da fotografia como a Mensa,Crespo Rivas e Varela, Paco Franco, Metalsa, Larsa...un imperio industrial que perdemos. Sin meternos en Vilaxoan. Na actualidade seriamos unha vila moi potente en cuestions laborais.
Pois nada, bos dias, a pasalo ben
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2023 08:14
Finou Chito Berride

Fillo de Mercedes e Moncho Berride, este, fillo a sua vez, de Rosa Teijeiro, irman do meu abó Jose Teijeiro.
Chito falleceu esta noite pasada en Valencia donde residia ca sua muller e fillos. Chito era moi amante do Carril, levaba moitos anos no Levante pero botaba de menos moitisimo a sua terra, moi amigo do Faiado da Memoria, donde sin dubida hoxe temos unha ausencia e un valeiro importantes.
A sua familia, muller e fillos unha aperta, que facemos extensible as suas irmans, Charo Chiruca e Pichuca con moito cariño.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-05-2023 09:25
Un homenaxe a o noso VIS VIS
Xa sabedes que VIS VIS vive no Faiado, chegamos a un acordo con el para que nos deixe facer os actos na sua casa, por eso mesmo o dia oito de Xuño, Manuel Lage e Roberto adicanlle unha xornada de poesia.
Estades todos invitados

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2023 08:00
26 de Maio do 2023, venres.

As subidas sin en TRADICCIONS NOSAS FESTAS E ACTOS, OS VECIÑOS.
En portada, fotografia feita desde a rua do Rio, vemos a maravillosa edificacion creada por Jenaro de la Fuente, que pervive no dia de hoxe.No baixo varios negocios, entre eles na esquina estaba o comercio rexentado por Muñoz, residente no Ramal, pai da familia Muñoz, irman de Carlos Muñoz un actorazo da epoca, era o actor principal de aquela saga dos comenzos da television xunto a Julia Martinez (ano 1966)chamada "La Casa de los Martinez".
Tamen vemos no baixo da casa "Zapato Americano" da familia Fernandez, lembramos mais que nada a Farruco, un dos fillos do propietario.Era unha zapateria, con moi bós materiais, aqueles zapatos Gorila, resistian todo tipo de temporais e choivas.
Nas vivendas, sabemos do amor que sinte pola casa Paquita de Maria, seus pais creadores da fruteria LA Valenciana, alquilaron un dos pisos para vivir. A sua filla mais nova, Paquita, disfrutou da rua do Mercado, aquela Vilagarcia non era peatonal, pero os nenos disfrutabamos das calles da mañá a noite.
Bos dias, moita saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2023 07:33
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0