lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Faltan dez dias

Pra a nosa xuntanza, do Faiado en Ons,a estas alturas xa queremos saber quen non ten coche pra desplazarse a Vilanova, ali no peirao embarcamos pra Ons. O noso telefono, 986186893, chamade pra organizar os coches, non esquencer que hai que estar ali pra embarcar de dez a dez e media, damos media hora pra poder facelo tranquilamente, sin agobios. O dez de Xuño, sabado, bos dias, moita saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 31-05-2017 08:00
Catorce dias faltan pra viaxar a Ons

A poboación da illa distribúese polo lado oriental da mesma, dende as ladeiras dos páramos ata a costa. Repártese en 9 aldeas, que oficialmente están agrupadas nun único núcleo de poboación chamado xenericamente Ons. As nove aldeas da illa son as seguintes:


Faro situado na Illa de Ons.
O Curro, a capital da illa, é a aldea máis poboada. Nela atópase o peirao, os restaurantes, os bares e a igrexa de San Xaquín.
O Caño, é a continuación de O Curro, xunto á pista que sobe ao faro.
O Cucorno, é a aldea máis grande en extensión e unha das máis poboadas. É tamén a máis alta da illa, pois ocupa a montaña onde se sitúa o faro, baixando pola súa ladeira.
O Laverco, é tamén unha aldea alta situada xunto a O Cucorno, arredor do faro.
O Centolo ou O Sentulo, a máis setentrional de todas, está composta por unhas catro ou cinco casas situadas no extremo setentrional da illa, nunha zona bastante alta.
Melide, cerca do Centolo, cara o faro. Moitos insulares consideran que esta aldea forma parte da do Centolo, pola proximidade e por non contar máis que con tres casas.
A Chan da Pólvora, está formada por media ducia de casas un pouco desviadas da pista que sobe ao faro. Nesta aldea sitúase o cámping da illa.
Canexol, está situada cara o sur da illa, na ribeira do mar. Nela atópase o cemiterio.
Pereiró, trátase da aldea máis meridional da illa, e unha das máis grandes. O seu territorio é dos máis fértiles da illa. Atópase detrás da praia do mesmo nome.
No verán, a maioría dos insulares que emigraron ao continente (sobre todo á península do Morrazo) regresan á illa para pasar a tempada estival nas súas casas da illa de Ons; moitos incluso regresan xa na primavera. Pódese afirmar, polo tanto, que a illa posúe maioritariamente unha poboación estacional, sendo moi baixo o número de veciños que permanecen nela todo o ano. A poboación de Ons pasa do medio millar durante o verán, e a isto hai que engadirlle os centos de visitantes diarios da illa e tamén os campistas que nela pernoctan.
Informacion de Wilkipedia
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-05-2017 08:11
Hoxe en Cordeiro

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-05-2017 07:57
Finou Cristina Suarez

Fai dous dias finou Cristina Suarez Vallejo, filla de Teresa e Manolo.

Seu Pai, moi coñecido no pobo, foi colaborador do Diario de Arousa, arquiveiro municipal, cantante dos Duendes? Cristina deixounos con cuarenta e catro anos, non supemos hasta hoxe a identidade de Cristina.

Aos seus fillos, aos seus pais, ao seu irmán e cuñada, a toda a familia, o noso mais sentido pésame polo pasamento de Cristina.

Que a súa memoria pase a formar parte das nosas vidas para sempre.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-05-2017 13:33
A historia de Ons a través de Johan Carballeira

A canguesa Marta Lemos reconstrúe o pasado das illas grazas ós traballos que deixou o xornalista de Bueu
MARTA LEMOS JORGE - BUEU O desexo de acceder á propiedade privada dos terreos nas Ons era unha vella aspiración dos insulares. A titularidade da terra e dos seus recursos pesqueiros, e tamén dos agropecuarios, estaba nas mans dunha sociedade que administraba Didio Riobó. Este veciño de Bueu adquiríraa do seu pai, Manuel Riobó, médico forense de Vigo, pero natural da parroquia de Cela, que fixo fortuna nas illas Filipinas.
Manuel Riobó, antes de comprar o arquipélago, arrendárao, conxuntamente cun insular chamado Marcial Bernadal. A sociedade entre ambos os dous rematou mal, con denuncias nos xulgados por parte de Manuel Riobó. Finalmente, o médico conseguiu expulsar a Bernadal da empresa, comproulles as illas aos herdeiros do marqués de Valladares e, posteriormente, constitúe unha sociedade na que participa o seu fillo, Didio.
A intención da familia Riobó era repoboar a illa e obter réditos da explotación madeireira, á vez que comercializaba o polbo que pescaban os colonos e que se vendía dende Bueu e exportábao a poboacións do interior unha vez desecado.
A situación legal das illas era a de colonato: os propietarios da sociedade titular eran donos absolutos dos terreos e das vivendas. Ademais, xestionaban en exclusiva os dereitos de pesca, que lles compraban a un prezo establecido aos mariñeiros-insulares. A poboación de Ons dedicábase ao cultivo da terra e á cría de gando en parcería, labores estes que desempeñaban as mulleres, ao tempo que os homes se dedicaban ao oficio de mariñeiros e vendíanlle as súas capturas á familia Riobó.
A mediados de 1930, Carballeira realiza unha ampla reportaxe sobre os plans de repoboación forestal que están a realizar as deputacións provinciais e visita Ons en compañía de Didio Riobó, quen lle mostra as parcelas de piñeirais plantadas. Nalgunhas delas as árbores padecen raquitismo, que atribúe ao pastoreo indiscriminado. Didio quéixase da ausencia dunha lei máis rigorosa que disuada os gandeiros de pastorear nas zonas reforestadas. Non se mencionan nese momento maiores desavinzas entre colonos e propietario.
Apenas dous meses despois, El Pueblo Gallego publica un extracto dunha crónica divulgada no xornal madrileño El Sol, no que Carballeira se fai eco da problemática da súa terra. Trátase dunha entrevista ao enxeñeiro da Misión Biolóxica Cruz Gallastegui quen lle achaca o atraso de Galicia ao feito de ser unha terra "afogada polo minifundismo, a indixencia técnica, os tributos orixinados do centralismo e o crédito usurario".
O enxeñeiro, que acaba de ser nomeado membro de Consello Ordenador da Economía Nacional, entende que é unha necesidade prioritaria a abolición dos foros e dos arrendamentos. Avoga polo acceso dos arrendatarios á propiedade da terra que traballan, mediante o pagamento previo do seu valor taxado. Para que sexa posible a compra das terras por parte dos campesiños, os bancos de cada rexión deberíanlles adiantar o diñeiro necesario, que sería reembolsado en prazos durante vinte anos, sen ningún xuro. Pero como a terra non se multiplica, o excedente de man de obra de cada xeración tería que empregarse na industria, e as terras herdaríaas tan só un dos fillos dos propietarios, para evitar regresar a un novo minifundismo. Gallastegui defende tamén a concentración parcelaria, a mellora da produtividade da terra e a creación de centros de experimentación agrícola, ao estilo de Dinamarca.
Coa República chegan aires de renovación ás Ons. Joaquín Fernández Cambeiro 4 é o novo mestre destinado nas illas e faise eco das inquietudes dos seus habitantes. Viven alí preto de 400 persoas, agrupadas nunhas oitenta familias.
A esperada Lei de reforma agraria permítelles pensar aos insulares que as súas vellas aspiracións de adquirir a propiedade dos terreos que traballan se ha de converter nunha realidade, grazas á política da República. De modo que lle escriben ao ministro de Agricultura para informalo das súas demandas e para lle solicitar que a reforma agraria teña en conta o seu caso.
En 1932, Juan Carballeira publica en El Pueblo Gallego unha entrevista a Didio Riobó titulada "O problema social da illa de Ons"5. Nesta recapitula a historia recente da illa e refire que dende a súa adquisición en 1919 por parte da familia Riobó ata a data de 1932 houbo varios momentos de gran tensión social, nos que os insulares reclamaban para si a propiedade. Na devandita entrevista, o administrador da sociedade Illa de Ons, Didio Riobó, asegura que está de acordo coa pretensión dos colonos. Declara que está ao tanto de que os insulares se puxeron en contacto co ministro da República, Largo Caballero, para solicitar a parcelación. Di que mesmo tivo a oportunidade de ler unha carta na que o ministro lles adianta que o Goberno ten interese en resolver as súas demandas e que, de feito, se comprometeu a enviar unha comisión para valorar e parcelar o terreo antes de ofrecérllelo en adquisición aos insulares. Didio Riobó recórdalle a Juan Carballeira que el mesmo, como propietario, intentou axilizar eses trámites e que trasladou o gobernador provincial e os técnicos Gallastegui e García Vidal ás illas para que opinasen sobre a mellor forma de actuar.
Didio Riobó quéixase do ambiente tenso que se vive, da inquietude dos insulares que desexan que se materialicen pronto as súas expectativas de propiedade, o cal está a crear conflitos. As illas, dada a súa extensión, teñen cabida nos modelos que propón a Lei de reforma agraria e, segundo Didio, é necesario atoparlle unha solución a este caso que, insiste, é único en toda Galicia.
Juan Carballeira, a xeito de colofón da entrevista, pide que se resolva canto antes o problema de Ons, sobre todo porque as dúas partes enfrontadas se queren entender. Con esa predisposición, todo depende do interese que os políticos teñan en resolver a situación. E recorda que son nada menos que 400 persoas as que están implicadas.

A expropiación

Ao mes seguinte, en novembro de 1932, Carballeira adianta a noticia da inminente expropiación das illas de Ons. Coa Lei de reforma agraria aprobada nas Cortes, parece que a expropiación e a posterior repartición da propiedade entre os insulares será pronto un feito. "A reforma agraria en Galicia: o primeiro e único terreo que se vai expropiar", é o título dunha reportaxe publicada na revista Estampa. Para o xornalista non cabe dúbida ningunha de que o único latifundio de Galicia está próximo a desaparecer. As partes están de acordo, o Goberno xa iniciou contactos, existe unha lei que ampara esas demandas e, ademais, é o único caso en Galicia e non parece haber motivo ningún para non o resolver xa.
Un ano despois, a esperada reforma agraria non chegou a Ons. Carballeira acode ás illas para entrevistarse cos colonos e notificar o seu descontento polo que lles está a suceder. Esta entrevista ilústrase con algunhas das escasas fotografías que se conservan sobre os insulares desa época. Estamos en setembro de 1933. Joaquín Fernández Cambeiro, o mestre alí destinado, acompaña os insulares, que lle declaran ao xornalista de Bueu o seu malestar porque a expropiación e a parcelación dos terreos non se consumou. Están fartos de promesas incumpridas e de esperar. Teñen problemas co propietario Didio Riobó, que lles rebaixou o prezo que lles paga polo polbo que pescan e xa non hai entendemento entre as partes. Din que, como non aceptaron a rebaixa na cotización do polbo, o administrador lles está a retirar o gando que crían en parcería e que necesitan para arar as terras, de modo que de continuar así as cousas ameazan con non pagar os arrendamentos. As declaracións dos colonos falan de conflito aberto e non auguran que a situación vaia mellorar.
Unha reflexión de Carballeira pecha a entrevista. Di textualmente: "A cuestión, polo que claramente puidemos apreciar, radica toda no desexo insubornable que teñen aquelas xentes de que a terra pase ás súas mans en núa propiedade, libre de toda carga. Ata agora todas foron boas palabras por parte dos homes da República, interesados nunha seria solución neste sentido. Pero de boas palabras non pasaron. Prometeu o ministro de Traballo, prometeu o ministro de Agricultura, prometeron os dous últimos gobernadores que pasaron pola provincia. Prometeu un deputado. Pero todo quedou en promesas. Un caso máis de abandono e de inercia por parte do centralismo ante as cousas de Galicia".

Colonos no Concello

En 1936, colonos e administradores acoden ao Concello de Bueu para solicitar a súa mediación nunha situación que é xa insostible. O Pleno da Corporación Municipal de Bueu acorda en sesión ordinaria e por unanimidade "estudar o caso, para que no seu día, e antes de que chegue a constituír un grave problema, se lle poida dar unha axeitada solución".
Na acta, faise referencia aos escritos presentadas polas partes. Didio Riobó informa o Goberno local de Bueu da delicada situación financeira da sociedade propietaria das illas, posto que a maioría das familias non pagaron os arrendamentos dende hai anos. Di que non se atreveu a reclamar os non pagamentos por vía xudicial, para non crear máis tensión, á espera da inminente adquisición das Ons polo Estado. Menciona que o Ministerio de Xustiza decidiu instalar nelas un reformatorio, pero que tras aprobar a adquisición se botaron atrás e anularon o decreto de compra. Pídelle axuda ao Concello para alcanzar unha solución urxente.
Pola súa parte, os veciños da illa solicitan mediación municipal para solucionar o conflito. Presidía a Corporación Municipal Xoán Carballeira quen, durante anos, seguiu moi de preto a evolución da problemática nas illas de Ons. Pero a Guerra Civil anulou todo intento de entendemento e afastou longas décadas a posibilidade dunha reforma agraria. Didio Riobó quitouse a vida ese ano na súa residencia da illa e o novo alcalde de Bueu, Johan Carballeira, foi fusilado o 17 de abril en 1937 polas tropas franquistas.
Sacado do FARO DE VIGO
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2017 08:05
Estamos en festas

Nos acompaña o sol, as ruas a tope de xente con ganas de festa, non deixedes de vir a Vilagarcia, rebosamos de bo ambiente, estamos a celebrar as festas da Santa Rita e ainda que non sexamos seguidores da relixion, o pobo esta precioso con este bo tempo. Bos dias, moita saude
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2017 07:27
O dia das nosas LETRAS

Hoxe, dia grande, no que se celebran as Letras de Galicia aproveitamos tamen pra felicitar a nosa Amiga Maria Luisa Garcia, que tamen nesta data, preciosa data, esta de cumpleanos. Maria Luisa, moitos parabens, que as condicions sexan felices, para sempre, queremoste, feliz cumpleanos
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 08:38
Na sua casa non se celebraban os cumpleanos

Ela é Marite Montesinos, a nosa Marite, que hoxe tamen ten data especial porque esta de cumpleanos, ainda que na sua casa non se celebraba, nos, imos pasar de iso e desexarlle, un bo dia, un bo verano en Tomiño e moita saude que é o que vale. Bos dias unha boa aperta.


Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-05-2017 08:06
Puri de cumple

A nosa amiga Puri Sobral hoxe esta de cumpleanos, amante das linguas, dos animais, a doce Puri esta nun dia especial no que sua Nai decideu traela a este mundo, data que celebramos co sentimento de ter un cariño especial a nosa Puri.
Que moita saude, que nos debes ese cachiño de pastel, e que a data sexa placida e feliz.



Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-05-2017 07:51
A Ons ca rondalla do Gato

Este ano aproveitando que a Diputacion ten unha línea de axudas para estas cousas pareceunos bonito levar con nos a Ons a Rondalla do Gato Negro, e dito e feito, ala vamos a escoitar esa música que tanto nos gusta, nun barco navegando polo mar de Arousa o mais bonito do mundo
Conste que O Faiado somos privilexiados non hai acto noso donde non se cante e baile, Os Patiño, Verino e Manolo, Roberto Ocaña, Jose Carlos Dasilva, Caride e un longo plantel de voces acompañantes fan que calquer xuntanza teña musica e da boa.Con todos contamos pra ir a Ons.

O dia dez de Xuño, saida do porto de Vilanova a partir das dez da mañan
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-05-2017 20:19
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0